O labirinto da saudade, un ensaio do filósofo Luís G. Soto

Chuzame! A Facebook A Twitter

Santiago: presentación do número 5 da revista Roteiros. Arumes de pensamento crítico

O mércores 7 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o número 5 da Revista-Anuario de Filosofía Roteiros. Arumes de pensamento crítico, editada por 3C3 Editores e a Asociación Cultural de Pensamento Filosófico. No acto intervirán os profesores e membros do Comité de Redacción Manuel Rivas García e Moisés Lozano Paz, Manuel Dios Diz e X. Amancio Liñares Giraut. O volume con artigos de Manuel Dios Diz, Miguel Á. Martínez Quintanar, Luís G. Soto, Moisés Lozano Paz, Manuel Rivas García, X. Luís Martínez Costas, Gonzalo Navaza e María Bascuas.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Santiago: presentación da revista de pensamento Roteiros

Este xoves preséntase en Santiago o número 3 da Revista–Anuario de Filosofía Roteiros. Arumes de pensamento crítico, editada pola Asociación Cultural de Pensamento Filosófico e 3C3 Editores. No acto intervirán os profesores e membros do Comité de Redacción da revista, Manuel Rivas García e Miguel Ángel Martínez Quintanar –coordinador deste número–, xunto co director editorial de 3C3, X. Amancio Liñares Giraut. A cita é na Librería Couceiro (Praza de Cervantes, 6. SANTIAGO) o xoves, 10 de decembro, ás 8 da tarde.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Vigo: presentación do libro de Luís G. Soto

espirito

Este venres en Vigo, presentación do libro de Luís García Soto na Libraría Librouro. A entrada é libre.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Presentación do número 2 da revista ROTEIROS. Arumes de pensamento crítico

3C3 Editores e a Asociación Cultural de Pensamento Filosófico organizan a presentación do número 2 da revista – anuario de filosofía ROTEIROS. Arumes de pensamento crítico,editada pola Asociación Cultural de Pensamento Filosófico e 3C3 Editores. No acto intervirán os profesores e membros do Comité de Redacción da revista Roteiros, Isidro García Tato e Ramón López Vázquez, xunto co director editorial de 3C3, X. Amancio Liñares Giraut.

Será na libraría COUCEIRO (Praza de Cervantes, 6. SANTIAGO) o martes 8 de abril ás 20:00 horas.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Presentación en Compostela do nº 1 da revista “Roteiros. Arumes de pensamento crítico”

A presentación do Nº 1 da revista Roteiros. Arumes de pensamento crítico terá lugar na Galería Sargadelos de Compostela (Rúa Nova, 16) o xoves 21 de xuño ás 20:00 horas. No acto intervirán os membros do Comité de redacción da revista Isidro García Tato e Moisés Lozano Paz. Está organizada por 3C3 Editores e Asociación Cultural de Pensamento Filosófico.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Presentación do nº 1 da revista «Roteiros. Arumes de pensamento crítico»

A presentación do Nº 1 da revista Roteiros. Arumes de pensamento crítico terá lugar na Galería Sargadelos de Lugo (Pza. de Santo Domingo) o mércores 9 de maio ás 19:00 horas (ás 12:00 para os medios). No acto intervirán o director da revista Roteiros Xosé Luís Barreiro Barreiro e os membros do Comité de redacción Miguel Ángel Martínez Quintanar e Manuel Rivas García.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Semana das Letras da Galería Sargadelos de Ferrol

O luns 7 de maio, de 12:00 a 13:30 horas, terá lugar a presentación do libro de Fina Casalderrey A lagoa das nenas mudas, editado por Xerais. No acto, enmarcado dentro da Campaña Educar para ler, intervirán a autora e Manuel Bragado, director de Edicións Xerais.
O mesmo luns 7 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro Textos filosóficos-políticos de Ramón Vilar Ponte, editado polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. O acto, en colaboración coa Asociación Cultural Medulio, será presentado por Elia Rico e Pilar García Negro, autora da introducción do libro.
O martes 8 de maio, ás 20:00 horas, o Grupo Gadisa celebrará o Día das Letras Galegas presentando o libro de José Díaz Dopico A noite de Reis, editado por Gadisa. O libro será presentado por Perille, Xosé María Dobarro, Antonio Cortés e Ana Lago, e contaremos coa presenza ademais do
autor e do artista Xosé María González Collado, ilustrador da obra.
O xoves 10 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar unha mesa redonda sobre o uso do galego na ESO. No acto intervirán Eduardo Fra Molinero e Bernardo Máiz, profesores do IES Concepción Arenal e Anxos García Fonte, profesora do IES de Mugardos.
O venres 11 de maio, de 16:00 a 21:30 horas, terá lugar unha gravación en vídeo e unha sesión fotográfica da lectura de poemas clásicos e propios dos socios da Asociación de Escritores en Lingua Galega de Ferrolterra: Tucho Calvo, Francisco Pillado, Antón Cortizas, Rosa Méndez, Antonio Yánez,
Arturo Casas, Carmen Sotelo, Medos Romero, Xosé Leira , Ramón Loureiro, Alexandre Ripoll Anta, Xavier López, María José Lamas…

Chuzame! A Facebook A Twitter

XXIVª Semana Galega de Filosofía comeza hoxe en Pontevedra

«»Filosofía e diferenzas» é o tema proposto para a nova edición da Semana Galega de Filosofía que comenza hoxe en Pontevedra. Trátase dunha reflexión sobre o concepto do distinto, do diverso, do que é doutra maneira, do diferente.» Entre outras cuestións, «a nosa identidade como realidade diferenciada doutras realidades será valorada por xestores de urbanismo (Xosé M. Tato, Juan L. Dalda) e escritores (Darío Xoán Cabana, Anxo Angueira).» (Xornal.com)

Chuzame! A Facebook A Twitter