GZ CREA 08: Certame galego de creadores novos
16 Abril 2008
«A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade convídavos a participar neste certame galego de creadores novos, que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, moda, música, relato, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, videoclips, composición para banda de música e deseño de xoias.
Acreditamos na creatividade da mocidade galega, apostamos por crear estímulos e canles de comunicación para a súa divulgación como modelos reais de presente e de futuro. O que pretendemos e implicarnos de xeito activo coa mocidade galega na procura de ferramentas e espazos que permitan estimular e vehicular as múltiples inquietudes artísticas individuais e colectivas da xuventude galega. […]» (Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar da Xunta de Galiza)
As bases poden consultarse na web de GZ CREA 2008.
«O vindeiro mércores día 16, ás 20:30 horas, a Cova da Terra (rúa Nóreas, 12) acollerá o segundo dos clubs de lectura organizados por IND e A Cova da Terra-Kandaharia, uns encontros participativos destinados a persoas amantes da lectura e preocupadas polos problemas do mundo. Nesta segunda sesión analizarase e debaterase o libro Ninguén está só (Amnistía Internacional) no que colaboraron a Editorial Tris-Tram xunto a vinte e un/ha escritoras/es e ilustradoras/es en defensa dos dereitos humanos. Un deles, o coñecido autor 



