Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

Marilar Aleixandre gaña o Premio Fundación Caixa Galicia

09 xuño 2008

«[...] O Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil foi parar á escritora Marilar Aleixandre, grazas á súa obra ‘A cabeza de Medusa’.Nela, Aleixandre narra a historia da violación dunha rapaza por parte dun descoñecido ao saír dunha festa de Entroido. A través dunha prosa “áxil e dinámica”, a gañadora aborda “con valentía” un tema complexo no que as dúas protagonistas, Lupe e Sofía, buscan xustiza e sofren o castigo de parte da sociedade.» (Galiciae)

O sorriso de Claudia, de Rivadulla Corcón, para o coidado da natureza

05 xuño 2008

«Durante tres sábados, entre o 7 e o 21 de xuño de 2008, o proxecto didáctico «Ven coidar a nosa natureza con Claudia», organizado pola Fundación Sotelo Blanco, en colaboración coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia e Área Central, buscará promover entre os máis pequenos a necesidade de coidar e respetar o medio natural a través dun programa de teatro, contacontos e outras animacións baseados no libro do autor X. H. Rivadulla Corcón O sorriso de Claudia.
As actividades desenvolveranse en Area Central a partir das 19.00 horas durante tres sábados, dende o 7 ata o sábado 21 de xuño, nos que varios animadores profesionais interactuarán cos nenos e nenas de idades comprendidas entre os catro e os doce anos para que, dun xeito divertido, poidan entender a través das diferentes historias representadas nas sesións a realidade do noso medio natural e a importancia de valoralo e
preservalo. [...]» (Sotelo Blanco Edicións)

Spela Trobec e Luis Rapela na Galería Sargadelos de Ferrol

02 xuño 2008

O martes 3, a partir das 11:00, e dentro da campaña “Educar para ler”, que se vén desenvolvendo desde o pasado mes de outubro, Spela Trobec e Luis Rapela traballarán cos rapaces arredor do libro De que cor es ti? (Embora). Remata así a campaña, da que a Galería Sargadelos Ferrol agradece a asistencia, interese e participación.

Xavier López Rodríguez no “Lendo Contigo” de Gondomar

30 maio 2008

Este sábado 31 de maio, ás 12:00, Espazo Lectura celebrará na Biblioteca Pública de Gondomar a sexta sesión do club de lectura compartida “Lendo contigo”. O libro proposto é A serea do deserto, de Xavier López Rodríguez, que estará presente para falar da súa obra.

V Diálogos Literarios de Mariñán

29 maio 2008

Os V Diálogos Literarios de Mariñán terán lugar no Pazo de Mariñán (Bergondo, A Coruña) do 4 ao 7 xuño de 2008. O coordinador será Román Raña. Para consultar o programa debe consultarse a web da Fundación Carlos Casares.

VI Certame de Teatro Infantil e Xuvenil “ATENEA” 2008

26 maio 2008

Estase a desenvolver a primeira fase do Certame de TeatroInfantil e Xuvenil Atenea 2008 que organiza o Ateneo Ferrolán, co patrocinio de Caixanova dende o ano comezado na ano 2003, polo cal estes días a actividade teatral dos grupos das asociacións e colexios que aspiran a estar na fase final é moi intensa, así como a dos membros do Xurado que teñen a encomenda de asistir a tódalas representacións que se realizan en horarios lectivos e outros de tarde.
O ditame e entrega de premios terá lugar na primeira quincena de xuño no salón de actos do Ateneo Ferrolán.

Yolanda Castaño representará Punver en Marín

05 maio 2008

grafico1.jpg

Xabier Docampo ofrecerá este xoves unha charla sobre oralidade e literatura

23 abril 2008

O escritor Xabier Docampo ofrecerá este xoves unha charla sobre oralidade e literatura. A VIII Campaña de Animación á Lectura ‘O eco da memoria’ -organizada pola Concellaría de Educación de Santiago e a editorial Kalandraka- celebra esta semana dúas actividades formativas para adultos impartidos pola Asociación Baión de Tratamento do Autismo (BATA) e o escritor Xabier Docampo.
O mércores 23, coincidindo co Día do Libro, a educadora María Alonso González, de BATA, impartirá unha charla titulada “Animar a ler dende a diversidade: o ritmo e a lectura”, na que vai ofrecer métodos para o achegamento ao libro para as persoas con discapacidade intelectual. (KALANDRAKA)

“O eco da memoria”: VIII Campaña de Animación á Lectura

14 abril 2008

Ata o 19 de maio pódense contemplar na Galería Sargadelos de Santiago (Rúa Nova, 16) ás ilustracións orixinais que compoñen a exposición “O eco da memoria”, título da ‘VIII Campaña de Animación á Lectura’ que organizan a Concellería de Educación e Kalandraka. Unha exposición de artistas internacionais formada pola obra da ilustradora galega Alicia Suárez, o extremeño Miguel Tanco e o suizo -afincado en Galicia- Marc Taeger. A mostra complétase cunha sala de instrumentos tradicionais e obxectos recuperados da vida cotiá na Galicia do século pasado.

Premio “O barco de vapor” 2008

09 abril 2008

Até o 15 de abril de 2008. Máis información na web do Grupo SM.

Premio Concepción Arenal 2008