20 xuño 2008
«O vindeiro sábado 21 de xuño celebraremos unha experiencia innovadora e atrevida no ámbito do fomento da lectura: unha noite na biblioteca, organizado por Espazo Lectura coa colaboración do Concello de Gondomar. O programa [...] consta de dúas partes. A primeira é para nenos e nenas de todas as idades e a asistencia é totalmente libre e celebrarase no exterior, na Praza de Portugal, diante da Biblioteca. A segunda parte do programa celebrarase na biblioteca e é necesario inscribirse. Hai 25 prazas e daráselle preferencia aos nenos e nenas que participaron ao longo do curso nas nosas actividades de fomento da lectura (Contomar ou Lendo Contigo). Estamos seguros de que será unha fermosa e intensa noite de pixamas na biblioteca. [...]» (Espazo Lectura)
Actos, Coloquios, Edición, Infantil e xuvenil, Música, Narrativa, Obradoiros |
10 xuño 2008
O venres 13 de xuño ás 18:00, na Fundación Caixa Galicia de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 19), terá lugar a presentación das obras O tempo do revés e Boa sorte (Baía Edicións), de María Solar, con ilustracións de Xosé Tomás e actividades de Arturo Iglesias e Xosé Tomás. No acto intervirán Jorge Mira, Santiago Pemán e Vítor Fábregas.
Actos, Edición, Infantil e xuvenil |
09 xuño 2008
«[...] O Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil foi parar á escritora Marilar Aleixandre, grazas á súa obra ‘A cabeza de Medusa’.Nela, Aleixandre narra a historia da violación dunha rapaza por parte dun descoñecido ao saír dunha festa de Entroido. A través dunha prosa “áxil e dinámica”, a gañadora aborda “con valentía” un tema complexo no que as dúas protagonistas, Lupe e Sofía, buscan xustiza e sofren o castigo de parte da sociedade.» (Galiciae)
Infantil e xuvenil, Premios narrativa: ditames |
05 xuño 2008
«Durante tres sábados, entre o 7 e o 21 de xuño de 2008, o proxecto didáctico «Ven coidar a nosa natureza con Claudia», organizado pola Fundación Sotelo Blanco, en colaboración coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia e Área Central, buscará promover entre os máis pequenos a necesidade de coidar e respetar o medio natural a través dun programa de teatro, contacontos e outras animacións baseados no libro do autor X. H. Rivadulla Corcón O sorriso de Claudia.
As actividades desenvolveranse en Area Central a partir das 19.00 horas durante tres sábados, dende o 7 ata o sábado 21 de xuño, nos que varios animadores profesionais interactuarán cos nenos e nenas de idades comprendidas entre os catro e os doce anos para que, dun xeito divertido, poidan entender a través das diferentes historias representadas nas sesións a realidade do noso medio natural e a importancia de valoralo e
preservalo. [...]» (Sotelo Blanco Edicións)
Actos, Edición, Infantil e xuvenil |
02 xuño 2008
O martes 3, a partir das 11:00, e dentro da campaña “Educar para ler”, que se vén desenvolvendo desde o pasado mes de outubro, Spela Trobec e Luis Rapela traballarán cos rapaces arredor do libro De que cor es ti? (Embora). Remata así a campaña, da que a Galería Sargadelos Ferrol agradece a asistencia, interese e participación.
Edición, Infantil e xuvenil, Obradoiros |
30 maio 2008
Este sábado 31 de maio, ás 12:00, Espazo Lectura celebrará na Biblioteca Pública de Gondomar a sexta sesión do club de lectura compartida “Lendo contigo”. O libro proposto é A serea do deserto, de Xavier López Rodríguez, que estará presente para falar da súa obra.
Coloquios, Infantil e xuvenil, Narrativa |
29 maio 2008
Os V Diálogos Literarios de Mariñán terán lugar no Pazo de Mariñán (Bergondo, A Coruña) do 4 ao 7 xuño de 2008. O coordinador será Román Raña. Para consultar o programa debe consultarse a web da Fundación Carlos Casares.
Actos, Conferencias, Debates, Infantil e xuvenil, Narrativa, Poesía |
26 maio 2008
Estase a desenvolver a primeira fase do Certame de TeatroInfantil e Xuvenil Atenea 2008 que organiza o Ateneo Ferrolán, co patrocinio de Caixanova dende o ano comezado na ano 2003, polo cal estes días a actividade teatral dos grupos das asociacións e colexios que aspiran a estar na fase final é moi intensa, así como a dos membros do Xurado que teñen a encomenda de asistir a tódalas representacións que se realizan en horarios lectivos e outros de tarde.
O ditame e entrega de premios terá lugar na primeira quincena de xuño no salón de actos do Ateneo Ferrolán.
Infantil e xuvenil, Premios teatro: convocatorias |
23 abril 2008
O escritor Xabier Docampo ofrecerá este xoves unha charla sobre oralidade e literatura. A VIII Campaña de Animación á Lectura ‘O eco da memoria’ -organizada pola Concellaría de Educación de Santiago e a editorial Kalandraka- celebra esta semana dúas actividades formativas para adultos impartidos pola Asociación Baión de Tratamento do Autismo (BATA) e o escritor Xabier Docampo.
O mércores 23, coincidindo co Día do Libro, a educadora María Alonso González, de BATA, impartirá unha charla titulada “Animar a ler dende a diversidade: o ritmo e a lectura”, na que vai ofrecer métodos para o achegamento ao libro para as persoas con discapacidade intelectual. (KALANDRAKA)
Coloquios, Infantil e xuvenil, Oralidade, Pedagoxía |
14 abril 2008
Ata o 19 de maio pódense contemplar na Galería Sargadelos de Santiago (Rúa Nova, 16) ás ilustracións orixinais que compoñen a exposición “O eco da memoria”, título da ‘VIII Campaña de Animación á Lectura’ que organizan a Concellería de Educación e Kalandraka. Unha exposición de artistas internacionais formada pola obra da ilustradora galega Alicia Suárez, o extremeño Miguel Tanco e o suizo -afincado en Galicia- Marc Taeger. A mostra complétase cunha sala de instrumentos tradicionais e obxectos recuperados da vida cotiá na Galicia do século pasado.
Actos, Etnografía, Ilustración, Infantil e xuvenil, Institucións |