Encontro Nacional da Memoria Histórica terá lugar na Illa de San Simón
03 xullo 2008
A Consellaría de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, está a organizar o Encontro Nacional da Memoria Histórica, que terá lugar na Illa de San Simón o próximo 19 de xullo. Neste ano, o acto central estará dedicado aos protagonistas do exilio galego.
Para reservar praza cómpre anotarse no correo electrónico anodamemoria@xunta.es
«”Para min é un compromiso máis. Durante moito tempo foi moi difícil darlle corpo ao compromiso, agora temos a posibilidade de facelo a través de espazos coma este”. 
