Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

Bos Aires: o programa “Tempos de mulleres” do colectivo Herbas de Prata

20 outubro 2008

A Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta e o colectivo de mulleres Herbas de Prata ofrecerán esta semana os primeiros módulos do programa “Tempos de Mulleres”, que deste xeito chega a Bos Aires como fora anunciado no mes de abril pola secretaria Carme Adán.
Co fin de presentar o marco xeral das politicas de igualdade de Galicia alí onde vivan as mulleres galegas, vanse ofrecer na cidade de Bos Aires -no Centro Español de Sada y sus Contornos e no Centro Noia-Rianxo- entre os días 24 e 26 de outubro módulos de 21 horas de traballo orientados ás problemáticas da diáspora.

O Grupo Ouriol en Montevideo

17 outubro 2008

Eva Veiga«O grupo Ouriol, formado pola poeta Eva Veiga e os músicos Bernardo Martínez e Fito Ares, aterrou en Montevideo o pasado 9 de outubro. Diversas actuacións levaron a poesía galega de todos os tempos por distintos espazos da cidade, algúns vinculados coa colectividade galega e outros, como a Feira Internacional do Libro, abertos a todo tipo de público. Dúas cousas quedaron claras en todas as actuacións: a vixencia da identidade cultural en todos os descendentes de galegos, e a calidade do público uruguaio.» (A Nosa Terra)

Os editores galegos en Alemaña

17 outubro 2008

Mar�a Reimóndez«A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, visitará hoxe o espazo das editoriais galegas nesta feira, en compaña dos escritores María Reimóndez e Miguel Anxo Murado, e presentará o novo número da publicación en inglés Galician Books.» (Galicia Hoxe)

Seminario internacional “Creación, edición e crítica: poetas galegas e irlandesas”

14 outubro 2008

Seminario internacional AELG(A Coruña, 14 outubro 2008).- Organizado conxuntamente polo Grupo de Investigación Poesía e Xénero e a Asociación de Escritores en Lingua Galega, os vindeiros 16 e 17 de outubro vaise celebrar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela un seminario internacional baixo título Creación, Edición e Crítica: poetas galegas e irlandesas (ver programa).

Este seminario internacional reúne representantes do mundo editorial, da crítica e da creación poética tanto de Galicia como de Irlanda con obxecto de que poidan poñer en común as súas experiencias en relación ao fenómeno da recente emerxencia de mulleres poetas en ambas comunidades. Até a actualidade, foi frecuente realizar seminarios cunha presenza dominante de investigadoras e algún escritor convidado, pero coa ausencia do mundo editorial. No seminario que aquí presentamos, tratase de inverter esta práctica e darlles a palabra prioritariamente ás escritoras, que dialogarán con críticos e editores sobre as relacións entre a creación, a edición e a crítica.

Galicia e Irlanda comparten fortes lazos culturais e semellanzas sociais que foron obxecto de numerosas investigacións. Ademais de promover as relacións internacionais entre os ámbitos literarios galego e irlandés, este seminario profunda na transformación da tradición literaria provocada pola incorporación de numerosas escritoras aos seus sistemas literarios respectivos nos últimos trinta anos, co conseguinte impacto no mercado editorial e no sector da crítica. Convidouse a dúas poetas irlandesas e a catro poetas galegas, sendo un dos temas de interese o da elección lingüística en comunidades oficialmente bilingües.

Á perspectiva comparatista, internacional e de xénero, engadese o interese por representar espazos diferentes da crítica, reunindo tanto a académica como a xornalística, con obxecto de analizar a súa repercusión na recepción da poesía de mulleres. De igual xeito, participan neste seminario representantes do mundo editorial irlandés (Salmon Publishing) e galego (Xerais) que contan con importantes coleccións de poesía e que se amosaron receptivos á emerxencia de mulleres escritoras. O carácter de “seminario” desta actividade ten como obxecto favorecer os debates entre as persoas que interveñen, así coma co público asistente. Ademais dos relatorios e os debates, terán lugar dous recitais de poesía co obxecto de favorecer o encontro e coñecemento mutuo das poetas galegas e irlandesas.
Participarán Celia de Fréine, Kerry Hardie, Jessie Lendennie, Irene Gilsenan-Nordin, Marilar Aleixandre, María Lado, Xiana Arias Rego, Fran Alonso, Ramón Nicolás, María do Cebreiro Rábade e Luz Pichel.
(Gabinete de Comunicación da AELG)

O libro galego en Barcelona, Montevideo, Frankfurt e Guadalajara

09 outubro 2008

(Consellaría de Cultura e Deporte)

A Coruña: conferencia de Camilo Nogueira

06 outubro 2008

O día 8 de outubro a Agrupaçom Cultural O Facho organiza a palestra de Camilo Nogueira “Galiza e a Uniom Europeia no momento da crise”, dentro do ciclo “Repensar Galiza”. O conferencista vem de publicar em Galáxia dous livros sobre a temática: Europa. O Continente Pensado e Galiza na Unión. A Porta Atlántica.
Será ás 20:00 na Fundaçom Caixa Galicia (Cantom Grande - A Corunha). (AC O Facho).

John Rutherford será nomeado membro de honra da Real Academia Galega

03 outubro 2008

(A Nosa Terra)

XVI Xornadas Mar por Medio - Galiza e Portugal

30 setembro 2008

Mar por Medio«Portugal foi sempre para a Galiza e para o galeguismo unha especie de ferida aberta, de Galiza do sul que medra, sae ao mar e nos deita no espello dos séculos a imaxe do que puidemos ser nas reviravoltas da historia.

Mais hoxe as cousas comezan a mudar. No galeguismo político e cultural avanza o pragmatismo e a ollada cultural mantense pero tamén dá paso a novas realidades: o espazo da euro-rexión que conformamos co norte de Portugal, as posibilidades económicas que abre para as empresas de ambas as beiras do Miño ou o achegamento real que supuxeron as novas insfraestruturas viarias son realidades ben máis actuais e interesantes do que os debates repetidos que rematan sempre en vía morta.

Mar por Medio quere ser, nese sentido, unha ferramenta útil na análise de en que medida o achegamento entre os nosos dous países é realmente posíbel no campo das industrias da cultura e da comunicación. Debatámolo, falémolo, marquemos prioridades… e despois, pasemos das palabras aos feitos. [...]» (Mar por Medio)

Steiner pide desculpas publicamente

19 setembro 2008

Hoxe o xornal El País recolle as desculpas de George Steiner do seguinte modo:

«Ante la avalancha de críticas que suscitó la entrevista que concedió George Steiner a El País Semanal el 24 de agosto, el filósofo envió un correo electrónico a EL PAÍS para que fuera remitido al Pen Club gallego; en el correo Steiner dice: “Como demuestra mi libro Después de Babel soy un apasionado defensor de las lenguas y literaturas minoritarias. Mi comentario irreflexivo fue una respuesta al chovinismo regional que amenaza ahora la unidad de España. Pido mis más sinceras disculpas”».

É preciso lembrar que o 28 de agosto foi publicado en El País un comunicado conxunto sobre o asunto por parte da AELG, o Pen Clube de Galicia e a Mesa pola normalización lingüística.

Caso Steiner: duras palabras contra o Pen Clube desde El País

17 setembro 2008

«[...] O director de Relacións Institucionais do Grupo Prisa, Basilio Baltasar, asina un escrito nas páxinas de opinón que leva por título “O furor intransixente dos clérigos”. No mesmo tilda os escritores do club galego de “reaccionarios antiilustrados”. [...]» (Vieiros)

Bos Aires: VI encontro Cousas de Mulleres

12 setembro 2008

A asociación Herbas de Prata comprácese en convidala-o ao seu sexto encontro dos obradoiros Cousas de Mulleres o vindeiro sábado día 20 de setembro ás 16,00 na ABC del Partido de Corcubión.
Seguiremos traballando para abrir un espazo para a voz das mulleres, un sitio no que elas sexan escoitadas e teñan a liberdade de falar de todo canto viven, pensan e sinten. O encontro será o sábado 20 de setembro ás 16:00 na rúa Venezuela 2164 da cidade de Bos Aires. Confirmar presencia ao (5411) 4381-0424 ou por correo a herbasdeprata@gmail.com. (Herbas de prata)

XXII Festival de Poesía do Condado

02 setembro 2008

XXII Festival de Poesia do Condado«A que xa é a XXII edición do Festival de Poesía do Condado bota a andar en Salvaterra de Miño o próximo xoves 4. Este ano, o encontro preséntase como foro de achegamento ás reivindicacións populares e veciñais fronte aos intereses empresariais, co lema ‘Galiza non se vende’.[...]» (A Nosa Terra)

Coñeza a actualidade dos membros da AELG emitida durante o Cultur.gal

Galería