Carballo: Curso de verán de dinamización lingüística: participación, implicación e traballo colaborativo, do 17 ao 19 de xullo

“Co obxectivo xeral de coñecermos e procurarmos formas de participación, implicación e traballo colaborativo para a dinamización lingüística, Carballo acolle un ano máis o Curso de verán de dinamización lingüística organizado pola Universidade da Coruña en colaboración coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística. Ten lugar do 17 ao 19 de xullo e o prazo de matrícula xa está aberto.
- Datas: 17, 18 e 19 de xullo de 2013.
- Lugar: Forum Carballo. Rúa do Xílgaro s/n. A Milagrosa. Carballo.
- Matrícula. A través da Oficina de Cursos da UdC: http://www.udc.es/occ/gal/2013/cursoveran/web/curso14/curso14.htm.
- Custo da actividade. O custo da matrícula inclúe a participación en todas as actividades do curso, a documentación que se utilice, o xantar do mércores 17 e xoves 18 e os cafés conxuntos dos tres días:
* 30 euros para socias/os da CTNL, estudantado das universidades e de FP, comunidade universitaria da UDC, persoas desempregadas e pensionistas.
* 50 euros para todas as demais persoas participantes.

PROGRAMA

Mércores 17
Participación nos procesos sociais. De abaixo arriba, de arriba abaixo.
- 10:00 h. a 10:30 h. Recepción e entrega de documentación.
- 10:30 h. a 11:00 h. Inauguración e benvida. Representantes da CTNL, SXPL, Universidade da Coruña e Concello de Carballo.
- 11:00 h. a 12:30 h. Conferencia inaugural: De “as portas están abertas” a “este proxecto tamén é teu”. Sobre métodos e estratexias de implicación. Carmen Espinar. Socióloga, membro da Red Cimas e activista social.
- 13:00 h. a 14:30 h. Mesa de experiencias. Exemplos e experiencias de implicación desde administracións
* Proxecto Sonda Norte (Ribadeo) e Centro Ágora (A Coruña). Xavier Campos (concelleiro e xestor cultural)
* Rede de Entidades Amigas da Lingua e Proba en galego (Pontevedra). Conchi Cochón (técnica de normalización lingüística).
- 14:30 h. Xantar conxunto.
- 16:30 h. a 18:00 h. Mesa de experiencias. Exemplos e experiencias de implicación desde a base.
* Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (AGXPT). Paco Veiga (profesor e dinamizador da AGXPT).
* A implicación desde unha parroquia. Rubén Aramburu (crego)
* Experiencias de implicación de maiores e rapazada. Celso F. Sanmartín (dinamizador e contador).
- 18:00 h a 20:00 h. Sesión de xogos populares: chave, ra, zancos, peón, mariola, corda, aro…

Xoves 18
Propostas para o artellamento da participación, implicación e traballo colaborativo. Métodos e técnicas.
- 10:30 h a 12:00 h. Experiencia e proposta de traballo. A participación e a implicación no traballo dinamizador en Euskal Herria. Experiencias, métodos e técnicas.
* Txerra Rodríguez. Técnico de normalización da cooperativa vasca Emun.
- 12:30 h a 14:30 h. Proposta de traballo. As potencialidades do “xogo serio” para a implicación e participación en proxectos.
* Carlos Martínez. Coach e facilitador Lego Serious Play de Nordkom.
- 14:30 h. Xantar conxunto
- 16:30 h. a 18:00 h. Proposta de traballo. Métodos, estratexias e experiencias de implicación en dinamización lingüística.
* Bernardo Penabade. Profesor e impulsor de proxectos normalizadores.
- 18:30 h. a 19:00 h. Proposta de traballo. Viveiro de propostas normalizadoras. Espazo para a aplicación de métodos e posta en marcha de experiencias.
* Queca Carballo, coordinadora do Viveiro da CTNL.
- 19:00 h. a 20:30 h. Grupos de traballo colaborativo: Deseño de implicación en proxectos a partir do Viveiro de propostas normalizadoras.

Venres 19
Participación, implicación e traballo colaborativo. Experiencias e propostas
.
- 10:00 h. a 11:00 h. Presentación e valoración dos deseños de implicación realizados polos grupos de traballo colaborativo.
- 11:00 h. a 12:00 h. Proposta de traballo. A comunicación implicativa. Métodos e experiencias de Implicad@s no Desenvolvemento.
* Ania Piñeiro. Educadora social e presidenta de Implicad@s no Desenvolvemento.
- 12:30 h. a 14:00 h. Conferencia de peche. Democracia implicativa para os procesos de cambio social.
* Marta Martorell. Consultora en xestión pública e participación cidadá de Civis.

- Organiza: Universidade da Coruña. Servizo de Normalización Lingüística.
- Colaboran: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Concello de Carballo.

Máis información:
Servizo de Normalización Lingüística UDC
Maestranza, 9. A Coruña.
Tfno.: 981 167 000 ext. 1177, 1042 ou 1055.”

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ponteareas: conferencia de Carlos Callón

A quinta feira 16 de maio, ás 20:00 horas, no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas (Doutor Fernández de la Vega, s/n.), Carlos Callón pronunciará a conferencia Retos e alternativas para o galego no ensino, nun acto organizado por Galiza Nova.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Estrada: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón

A cuarta feira 15 de maio, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións de Novagaliciabanco da Estrada, preséntase o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, publicado en Xerais. O acto está organizado pola Asociación Cultural Vagalumes e Queremos Galego da Estrada.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Lugo: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón

Chuzame! A Facebook A Twitter

Carballo: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón

O luns 13 de maio, ás 20:30 horas, no Casino de Carballo, preséntase o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, publicado en Xerais. O acto está organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística de Bergantiños.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Corcubión: presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón

O domingo 12 de maio, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Corcubión, preséntase o libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais, nun acto organizado pola Universidade Popular de Corcubión e a editora.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Madrid: Seminario Interuniversitario Letras Galegas 2013

MATRÍCULA

PROGRAMA

Martes 14
Universidade Complutense (Filoloxía Ed. A, Sala de Xuntas).
- 12:00-12:30 h. Inauguración do Seminario Interuniversitario. Carmen Mejía Ruiz.
- 12:30-13:00 h. A lingua e literatura galegas en Madrid. Carmen Mejía Ruiz e Ricardo Pichel Gotérrez.
- 13:00-14:00 h. Dúas mostras da difusión da lingua e literatura galegas desde Madrid. Lanzamento do Compendio de Gramática Galega (Urco Editora 2013) e dos blogues O reino dos contos e Microstórias, de Xavier Frías Conde (presenta R. Pichel).
CAUM
- 19:00-19:15 h. Presentación do acto. Helena Veiguela.
- 19:15-19:30 h. A situación do galego na actualidade. Lectura do manifesto da Mesa. Ricardo Pichel & Lila Rodríguez (Presenta Mª Victoria Navas Sánchez-Élez).
- 19:30-20:00 h. Proxección do documental De Albre de espranza á Poutada do Oso (de Lois Diéguez).
- 20:00-21:00 h. Os mundos creativos de A Poutada do Oso (Ed. Laiovento 2011), de Lois Diéguez. Lois Diéguez, Henrique Albor e Lila Rodríguez. Presenta Eva Lema.

Xoves 16
Espazo das Linguas Ibéricas.
- 17:00-17:15 h. Presentación do acto. Carme Lamela Villaravid.
- 17:30-19:00 h. Saxo tenor, entre dúas etapas creativas do artista escénico Roberto Vidal Bolaño. Roberto Pascual (presenta Carmen Mejía).
- 19:15-21:30 h. Obradoiro de teatro galego. Marta González Suárez & Roberto Pascual. Presenta Carme Lamela.

Venres 17
UNED (Escolas Pías).
- 19:30-19:45 h. Presentación do acto. Xavier Frías Conde.
- 19:45-20:15 h. A literatura galega desde Madrid (I). Coloquio-recital e relanzamento dos Cadernos do Roibén (Ed. Lastura 2013). Xavier Frías, Beatriz Hernanz, Verónica Martínez e Pilar Mera (presenta Luís Luna).
- 20:15-21:00 h. A literatura galega desde Madrid (II). Coloquio-recital e lanzamento da escolma de microrrelatos Hipnotopía, en doses pequenas (Ed. Lastura 2013). Vicente Araguas, Xavier Frías, Manuel Pereira, Luz Pichel, Begoña Regueiro, Marga Vázquez e Rafa Yáñez. Presenta Lidia López Miguel.

Luns 20
UCM (Filoloxía Ed. A, Paraninfo).
- 10:00-10:15 h. Presentación do acto. Eugenia Popeanga Chelaru & Carmen Mejía Ruiz.
- 10:15-11:15 h. A vida e a obra dramática de Roberto Vidal Bolaño. Xosé Manuel Fernández Castro (presenta R. Pichel).
- 11:30-12:00 h. Cita audiovisual con Roberto Vidal Bolaño. Proxección da montaxe Anxeliños!. Xosé Manuel Fernández Castro (presentación).
- 12:15-12:45 h. O proceso editorial das obras completas de Roberto Vidal Bolaño. Xosé Manuel Fernández Castro.
- 12:45-13:15 h. Tangatutanga Teatro: dinámicas de traballo nos ámbitos da creación e da escenografía teatral galega. Marta González Suárez & Carolina Alba Castro Estévez.
- 13:30-14:30 h. Clausura: Recital poético-musical galego. Escola Superior de Canto de Madrid.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Coruña: presentación de Estilística da lingua galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato

O venres 10 de maio, ás 20:00 horas, na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 18, 1º) da Coruña, preséntase o libro Estilística da lingua galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Xosé Manuel Sánchez Rei, Mercedes Queixas e Manuel Bragado.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Fene: presentación de Avoaescola Ferrolterra

O mércores 8 de maio, ás 19:30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura (Museo do Humor) de Fene, Galiza co Galego presenta a Avoaescola de Ferrolterra.
Trátase dun espazo educativo en galego dedicado, nun primeiro momento, a nenos e nenas até os 6 anos. Iníciase coa finalidade de se transformar nunha escola infantil.
Avoaescola Ferrolterra realizará todas as accións, actividades lúdicas e educativas en lingua galega, co fin de que nenas e nenos acaden o seu uso nas relacións afectivas e de comunicación tanto sociais como familiares.
Esta educación liberadora e cooperativa centrarase na motivación e interese dos meniños e meniñas, respectando o ritmo e características de cada quen.
Será un espazo educativo inclusivo, laico, respectuoso e aberto á comunidade social do seu entorno.
As actividades faranse en contacto co medio natural e fomentarán a expresión artística como a música, a pintura ou o movemento. A aprendizaxe dos coñecementos será un proceso activo lúdico de construción e investigación, para as crianzas dende a creatividade e liberdade.
A educación en valores é clave para un desenvolvemento persoal axeitado. A tolerancia, a solidariedade, a empatía, a igualdade, as habilidades sociais ou a expresión de sentimentos serán elementos presentes no clima diario da Avoaescola.
O contacto con apego conformará unha relación baseada no afecto e na confianza.
Avoaescola de Ferrolterra goza dun lugar privilexiado ao lado do paseo marítimo, dun parque infantil e de amplas zonas verdes.
As propias instalacións contan con zona de xogo ao aire libre, espazos verdes e unha horta ecolóxica. Primará o concepto de funcionamento sostible, aprendendo sobre ciclos da natureza a través, por exemplo, da compostaxe e reciclado.
Avoaescola é unha cooperativa na que as propias familias asociadas teñen poder de decisión sobre as cuestións relacionadas co funcionamento e mantemento do espazo. Ademais participan co persoal educativo na xestión e dinámica educativa.
Avoaescola Ferrolterra abrirá as súas portas no vindeiro outono para comezar unha aventura chea de liberdade, convivencia e aprendizaxe!
Este proxecto está impulsado pola cooperativa (de ensino) Avoaescola, apoiada económica e socialmente pola Asociación Galiza co Galego, en colaboración coas Asociacións pedagóxicas Nova Escola Galega e Asociación Socio-Pedagóxica Galega, e a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega.

Máis información aquí: avoaescolaferrolterra@gmail.com
Formulario de inscrición aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter