Con autoría de Suso Pacoret, a Asociación de Escritores en Lingua Galega pon a disposición do profesorado a unidade didáctica «Gorgorín e Cabezón», destinada a primeiro ciclo de ensino primario. Para acceder a ela clicar aquí.
Con autoría de Suso Pacoret, a Asociación de Escritores en Lingua Galega pon a disposición do profesorado a unidade didáctica «Gorgorín e Cabezón», destinada a primeiro ciclo de ensino primario. Para acceder a ela clicar aquí.
O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Real Academia Galega, organiza as V Xornadas sobre Lingua e Usos que este ano versarán sobre a lingua galega e a docencia universitaria.
As xornadas terán lugar os días 12, 13 e 14 de novembro no Paraninfo da Reitoría e a elas están convidados, entre outros, membros do profesorado da UDC e membros dos equipos de goberno de universidades galegas e non galegas con responsabilidades no ámbito da docencia.
O prazo de inscrición remata o día 5 de novembro. Máis información en:
http://www.udc.es/snl
http://www.udc.es/snl/dinamiza_xorna.html
(Servizo de Normalización Lingüística – Universidade da Coruña)
O escritor Xabier Docampo ofrecerá este xoves unha charla sobre oralidade e literatura. A VIII Campaña de Animación á Lectura ‘O eco da memoria’ -organizada pola Concellaría de Educación de Santiago e a editorial Kalandraka- celebra esta semana dúas actividades formativas para adultos impartidos pola Asociación Baión de Tratamento do Autismo (BATA) e o escritor Xabier Docampo.
O mércores 23, coincidindo co Día do Libro, a educadora María Alonso González, de BATA, impartirá unha charla titulada “Animar a ler dende a diversidade: o ritmo e a lectura”, na que vai ofrecer métodos para o achegamento ao libro para as persoas con discapacidade intelectual. (KALANDRAKA)
«Dentro das actividades da AS-PG está a de dotar ao profesorado de materiais innovadores utilizando os recursos que nos proporcionan os medios audiovisuais e as novas tecnoloxías. Neste contexto situamos o vídeo É. O Verbo de M.ª dos Anxos González Refoxo e Xoán Carlos Rábade Castiñeira, que será presentado o 3 de marzo ás 19:30 no salón de actos do IES do Eusebio da Guarda (Praza de Pontevedra, A Coruña).
Destinado ao ensino secundario, materializa o esforzo de levar a imaxes unha cuestión tan complexa dentro da gramática como o verbo, explicándoa cun método totalmente innovador e supondo, por primeira vez en todas as linguas do noso contorno (só existe outro, E non chegou a ser palabra… sobre os afixos léxicos, dos mesmos autores), a edición dun material audiovisual sobre o funcionamento da lingua. A través de técnicas audiovisuais de animación, estúdase o verbo en todos os seus aspectos: concepto de verbo, elementos e valores, morfemas, irregularidades nos morfemas… A finalidade é tornar claros e amenos uns contidos gramaticais que á maioría do alumnado resultan áridos e problemáticos, utilizando a imaxe como elemento esclarecedor da base teórica.» (AS-PG)
A Galería Sargadelos Ferrol realizará este sábado 1 de Marzo de 11 a 13 horas da mañá unha nova sesión da campaña de animación á lectura «Educar para ler» que ven realizando nos últimos anos. Nesta ocasión, a encargada da actividade é a actriz e escritora Fusa Guillén, quen traballará cos libros Pampón tiña razón e O segredo de Daniel, ámbolos dous pertencentes ao Colectivo Garola.
A finalidade do curso é capacitar aos docentes tanto técnica como formalmente no mundo dos podcast; permitindo aplicar as novas tecnoloxías da comunicación ao seu cometido docente. (AS-PG)
«A quinta edición do Premio de Literatura Infantil Pura e Dora Vázquez xa ten gañador: o escritor Miro Villar. E unha finalista, Concha Blanco. Ambos de Cee, coa obra Os poderes máxicos de Aitema.
Villar, profesor de lingua e literatura galega, poeta, narrador, tradutor e crítico literario, alzouse co galardón literario polo seu orixinal O nariz de Fiz. Segundo a valoración do xurado, o orixinal do escritor que formou parte do Batallón Literario da Costa da Morte, «recolle a historia dun particular Pulgarcito galego, trátase dunha historia doutro tempo escrita cun rico léxico e no que se fomentan amplos valores positivos como o de amizade, familia…» [...]» (La Voz de Galicia)
A Iª Festa da Narración Oral celebrarase en Arca – O Pino (A Coruña) o sábado 7 de xullo de 2007. Está aberto o prazo de inscrición (consultar aquí). Na Festa haberá actividades de formación de educadores e educadoras (previa inscrición). Haberá tamén actividades abertas ao público de todas as idades, incluída a de contar contos (gratuíta, previa inscripción tamén).
Durante a xornada intervirán, entre outros/as: Carlos Blanco, Cándido Pazó, Miguel de Lira, Pepe Penabade, Paula Carballeira, Iolanda Aldrei, Pepa Yáñez, Xabier P. Docampo, Ugia Pedreira e o ilustrador Xosé Cobas.