O aprendiz do home do saco e Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro na Feira de Lugo

Desde El Progreso, a través de Xerais:
“(…) Comezou a dobre sesión continua coa estrea do novo libro infantil de Antonio Reigosa, O aprendiz de home do saco, un álbum ilustrado por Marta Álvarez Miguens para a serie Merliño. Iniciou o seu discurso Reigosa explicando que o título fai referencia ao Home do saco, Sacaúntos, Sacamanteigas, diversos nomes para chamar por un «personaxe que nos mete medo». «Pretendín traer á actualidade un mito tradicional e actualizalo no marco da cultura de hoxe». Despois relatou a cerna da historia: «O home do saco, o que pon medo, enferma gravemente. Ten un fillo, que é nugallán, que por fin accede a facer o traballo. Até aí podo e debo contar». Comentou que utilizara a estrutura do conto da leiteira «coa intención de acometer a actualización». «O do conto da leiteira ten a súa orixe nun conto protagonizado por un bramán indio». Preguntouse Reigosa se os nenos de hoxe teñen medo ao home do saco. «Cales son os personaxes actuais que teñen aparencia monstruosa? Cada momento da historia ten os seus homes do saco». Rematou a súa intervención gabando o traballo de ilustración de Marta Álvarez, «que entrou nos detalles da historia, superando as miñas expectativas» e recomendou a lectura acompañada do libro, «moi necesaria nestes textos que teñen a súa orixe na literatura popular».
Foi a segunda presentación a da multipremiada biografía de Celso Emilio Ferreiro preparada por Ramón Nicolás. Interviu Luís Ferreiro, director da Fundación Celso Emilio Ferreiro, para salientar a importancia desta biografía no marco da exitosa celebración do centenario do poeta. Pola súa banda, Ramón Nicolás, despois de lembrar os seus vencellos coa cidade e provincia de Lugo, onde exerceu a docencia, abordou os eixos fundamentais utilizados na confección da obra: a documentación oral por medio de numerosas entrevistas, a consulta documental e hemerográfica de centos de publicacións, así como a lectura do epistolario conservado no arquivo da Fundación Celso Emilio Ferreiro, «fontes que me permitiron introducir novidades no periplo vital do poeta de Celanova». Pechou a súa intervención coa lectura dunhas páxinas desta biografía pola que o vindeiro 15 de xuño recibirá o premio Losada Diéguez ao mellor libro de non ficción de 2012.”

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Coruña: presentación de Resina de poliéster, de Correa Corredoira

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Coruña: presentación de Obras escollidas I, de Bautista Álvarez

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Coruña: presentación do libro As mulleres falamos de teoloxía

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Estrada: presentación de Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez

O mércores 22 de maio, ás 21:00 horas, no Museo do Moble e da Madeira da Estrada (Avenida Benito Vigo, 92), preséntase Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, publicada en Xerais. No acto, coorganizado pola editorial, o Concello da Estrada, a Biblioteca Antón Losada Diéguez, e o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Losada Diéguez, participan, xunto ao autor, Xoán Carlos Garrido, David Otero e Manuel Bragado.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Redondela: relatorio de Roberto Pascual sobre Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro

Chuzame! A Facebook A Twitter

Santa Cruz, Oleiros: presentación de Feminismos, de María Reimóndez e Olga Castro

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arteixo: presentación de Sete ch´iens a um posso, de Sílvia Capón

Chuzame! A Facebook A Twitter

Lugo: actividades destacadas do sábado 18 e domingo 19 na Feira do Libro

Finaliza a andaina deste ano a Feira do Libro de Lugo (na Praza Maior, de 11:30 a 14:30 horas e de 17:30 a 21:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados nestes dous días:

Sábado 18
- 13:30 h. Encontro de literatura fantástica con Contos Estraños e Urco Editora, coa presentación das obras O mundo secreto de Basilius Hoffman, de Fernando M. Cimadevila, Galiza mutante: Poder Nuclear, de Tomás González Ahola e As crónicas de Bran. A revolta dos mestres, de Xosé Duncan.
- 18:00 h. Contacontos: O Cullarapo Croque, de Miguel Ángel Alonso Diz, actividade organizada por por Nova Galicia Edicións.
- 19:00 h. As marionetas do mundo e os mundos de Barriga Verde. Charla coloquio sobre os títeres galegos realizada por Comba Campoy, investigadora sobre a tradición de títeres galegos e Anxo García, titiriteiro e recuperador do espectáculo de Barriga Verde.
- 20:00 h. Presentación do DVD – libro Morreu o demo, acabouse a peseta, publicados pola Asociación Cultural Morreu o Demo.

Domingo 19
- 19:00 h. Presentación do libro de poemas Viaxe sen cancelas, de Xesús Bermúdez Tellado, publicado pola editorial Redelibros.
- 19:45 h. Presentación do libro Nada se esquece, de Puri Ameixide, publicado pola editorial Redelibros.
A partires das 19:00 horas, os dous autores e José Estévez López, autor dos libros Fugaz coincidencia e Nair, asinarán exemplares dos seus libros na caseta da Libraría Cartabón.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Coruña: presentación das novas edicións de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro

O xoves 16 de maio, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22) da Coruña, preséntanse as edicións de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro publicadas por El Patito Editorial e Edicións Xerais. No acto participan os seus editores respectivos, Pepe Barro e Anxo Angueira, xunto a Felipe Senén e Fausto Isorna.

Chuzame! A Facebook A Twitter