Rianxo: Residencia de escritores de Axóuxere (30 días entre febreiro e abril de 2013)

«A autora ou escritor interesados deberán enviar, antes do 31 de decembro de 2012, unha proposta co traballo que queren desenvolver durante 30 días entre febreiro e abril de 2013 en Xens, Leiro, Rianxo, onde a editora Axóuxere ten a súa residencia de escritores. A cambio da estadía, totalmente gratuíta, a escritora ou autor escollidos deberán dar un obradoiro literario no municipio e entregar algún material publicable do proxecto. Axóuxere xa vai pola súa cuarta experiencia con este chamamento. Antes estiveron a poetisa canaria Irena La Sen, o galego-islandés Elías Portela e a luguesa Nerea Pallares.» Desde Certo.
Pódese descargar toda a información aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Rianxo: Residencia de Escritoras e Escritores de Axóuxere

«(…) Intentando que o proceso de investigación nas formas de vida que realicen o creativo se expanda, Axóuxere, co apoio do Concello de Rianxo, pon en marcha un programa de Residencias para Escritores e Escritoras, na casa que a editora dispón na parroquia de Leiro, na aldea de Brión, dentro do Concello de Rianxo, ao lado da coñecida Praia das Cunchas. Esperamos con isto enriquecer o espectro creador contemporáneo, e dar pé a entender que hai sendas comunitarias e de despregue que non fincándose no consumo, produtivismo nin na dependencia material do exterior, permiten realizar unha vida ética, e experiencialmente aberta, en colaboración con outr@s. Agardamos que esta proposta sexa do voso interese, e perdure no tempo.» Toda a información aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter