Publicado o número 8 da revista Núa

Publicouse o número 8 da revista Núa.

Os seus contidos son:
- Limiar, por Julio Fernández.
- Ngahme, por Raúl Dans.
- Frustración, por Iria Bragado.
- 11 postais desde o deserto de sal, por Eva F. Ferreira.
- Ricardo Segundo Terceiro, por Francisco Oti Ríos.
- O fío de la vermella, por Carmen Abizanda Losada.
- Meu pobre la Chaloupe, por Lourdes Leiriz.
- República, por Sther F. Carrodeguas.
- Vigozoo, por Marcos Abalde.
- Dop, por Manuel Dosouto Rodríguez.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Fran Alonso: «Concibo a escrita como unha superación na que sempre tes que dar máis de ti ou ofrecer algo novo»

Entrevista a Fran Alonso en Bahía Sur, desde Xerais:
«(…) – Bahía Sur (BS): Narrativa, poesía, relatos…a túa escrita viaxa por diferentes xéneros. Tes preferencia por algún ou depende de cada momento?
- Fran Alonso (FA): O feito de ser un escritor todoterreo permíteme experimentar máis e repetirme menos. Supón un reto maior, porque cambias de rexistro con frecuencia. Concibo a escrita como unha superación na que sempre tes que dar máis de ti ou ofrecer algo novo. E cada momento dítame o que me apetece ou creo que debo escribir. Ora ben, paréceme moito máis difícil escribir un bo poema que un bo relato. (…)
- BS: Cal é a túa disciplina de traballo, tes algún ritual ou manía cando escribes?
- FA: En xeral, preciso moita concentración. Gústame moito pecharme e escribir de seguido, sen parar, que é algo que case nunca podo facer. Cando me meto no proceso creativo dun libro non quero distraccións. Necesito concentrarme para sentir o que senten os meus personaxes ou para ser capaz de converterme noutra persoa. Adoito axudarme da música. Escoito case sempre unha mesma canción ao longo de todo o proceso creativo dun libro, que sexa suave, e que me facilite a fluidez do pensamento. Unha manía!
- BS: O título é punto de arranque dunha historia?
- FA: Pode selo. No meu caso, non é frecuente. Eu adoito pensar primeiro a historia e logo un título. O que si é certo é que eu teño moita facilidade para os títulos e case sempre os teño decididos en canto comezo a escribir. Para min, os títulos son moi importantes e forman parte das intencións do libro. (…)
- BS: Como é o momento actual da literatura na Galiza?
- FA: O momento da literatura galega é magnífico, rico e moi plural e eu, que leo literatura de todo o mundo, creo que non temos nada que envexar a outros países. O principal problema da literatura galega é que se expresa nunha lingua que sufriu un proceso de devaluación histórica, que non é apoiada legalmente, que non é defendida pola administración, que ten moita menos visibilidade, e sobre a que os galegos e galegas non toman dunha vez a decisión de defendela. Sen lingua, o enorme potencial creativo deste país chamado Galicia non existiría. Seriamos un triste páramo. (…)».

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Pobra do Caramiñal: presentación de Faneca Brava, de Manuel Portas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz, encabeza as Listas de Honra da revista CLIJ

Desde Xerais:
«A novela Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz, encabeza as Listas de Honra da revista Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil na categoría de libros para máis de 14 anos.»

Chuzame! A Facebook A Twitter

Vigo: actuación de María Lado e Lucía Aldao no lanzamento da revista A Boia

Chuzame! A Facebook A Twitter

Madrid: coloquio-recital de Vicente Araguas e Luz Pichel, o xoves 25, e aniversario da revista Madrygal, o venres 26 de abril

Chuzame! A Facebook A Twitter

Vigo: presentación do número 197 da revista Grial

O venres 26 de abril, ás 12:30 horas, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2) de Vigo, coincidindo coa inauguración da exposición 50 aniversario da Fundación Penzol, presentarase o número 197 da revista Grial dedicado aos 50 anos da Fundación, a cal, un 7 de abril de 1963, hai medio século, se formalizaba en Vigo, mediante escritura notarial. A ese acontecemento dedica Grial as súas páxinas monográficas, coordinadas por María Dolores Cabrera, Henrique Monteagudo e Ramón Villares.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Madrid: Letras galegas na III Semana Complutense das Letras

Chuzame! A Facebook A Twitter

Narla, Friol, Lugo: nº 2 da revista oral Castronela

O sábado 23 de marzo, ás 19:00 horas, no Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol, Lugo), pertencente á Rede Museística da Deputación de Lugo, terá lugar a segunda edición da Revista oral de periodicidade anual Castronela, coordinada por Antonio Reigosa, con entrada libre e gratuíta. O sumario é o seguinte:

- Portada musical. Xota de Pardeiro de Castriz, por Pandereteiras do C.P.I. Dr. López Suárez, de Friol (3’).
- Coleccións do Museo Fortaleza San Paio de Narla. Para matar a sede (útiles relacionados coa auga), por María Rosario Fernández González (10’).
- Música. Pasodobre de Cabaleiros, por Pandereteiras do C.P.I. Dr. López Suárez, de Friol (3’).
- Poesía (I). O mar a punto de abrirse, por Concha Blanco Montecelos (5’).
- Música. Muiñeira de Calvos, por Pandereteiras do C.P.I. Dr. López Suárez, de Friol (3’).
- Medicina popular. Trasmonte. O ritual terapéutico coñecido como “O mal do sartego”, por Higinio Martínez Fernández de la Vega (10’).
- Música. O Son da Mariña, por Pandereteiras do C.P.I. Dr. López Suárez, de Friol (3’).
- Poesía (II). As palabras son coitelas, por Concha Blanco Montecelos (5’).
- Música. Muiñeira de Grixoa, por Pandereteiras do C.P.I. Dr. López Suárez, de Friol (3’).
- Cruceiros de Friol. O cruceiro de Cotá, por Fernando Arribas Arias (10’).
- Poesía (e III). Teño a alma cargada de orballo, por Concha Blanco Montecelos (5’).
- Música. A Chiviña, por Pandereteiras do C.P.I. Dr. López Suárez, de Friol (3’).
- Cultura activa. 1ª Xornadas de Interpretación e Dinamización do Medio Rural (Organiza: Asociación Carballo Vivo), por Ángel Buján Zas e J. Manuel Iglesias Espiño (10’).
- Opinión. Intervención do público (5’).
- Epílogo. Por Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo (3’).
- Contraportada musical. Chiqui-Chiqui de Lourido, por Pandereteiras do C.P.I. Dr. López Suárez, de Friol (3’).

Chuzame! A Facebook A Twitter

Lugo: edición número 32 de O pazo das musas

O xoves 21 de marzo, ás 20:00 horas, no Refectorio do Museo Provincial de Lugo, terá lugar a edición número 32 da revista oral de periodicidade trimestral O pazo das musas, editada polo Museo Provincial de Lugo (Rede Museística da Deputación de Lugo), e coordinada por Antonio Reigosa, con entrada libre. Este número estará dedicado a lembrar aqueles días de 1963 nos que a vila histórica de Portomarín foi desaparecendo, mergullada, baixo as augas do Miño. Nas transparencias do Miño (Memorias do vello Portomarín, no 50º aniversario do asolagamento).

SUMARIO Nº 32

- Portada musical. Alborada, por Os Minhotos (2:25’).
- Portomarín nas letras (I). Nas transparencias do Miño (lectura dun fragmento), por Andrés Pociña (6’).
- Música. Na Eira, por Os Minhotos (3’).
- Portomarín no Museo Provincial de Lugo. “Pedras” do vello Portomarín no Museo Provincial de Lugo, por Mª Ofelia Carnero Vázquez (10’).
- Música. Currupia, por Os Minhotos (3:15’).
- O vello Portomarín en imaxes. Instantes asolagados (Arquivo fotográfico de Pepe Pereira), por José López López (10’)
- Música. Cova Nuada, por Os Minhotos (3:48’).
- Memoria da historia (e das xentes) do vello Portomarín. Portomarín. Monografía geográfica de una villa medieval (de Gonzalo Paz López), polo doutor Gonzalo Paz Doel (10’).
- Música. Vals de Arousa, por Os Minhotos (4’).
- Portomarín no cine documental. Imaxes esquecidas do vello Portomarín (películas inéditas en Lugo). Presentación: Fernando Arribas Arias (20’).
- Portomarín nas letras (e II). Nas transparencias do Miño (lectura dun fragmento), por Andrés Pociña (6’).
- Música. Mazurca de Bretoña, por Os Minhotos (2:25’).
- Opinión. Intervención do público (5’).
- Epílogo. Encarna Lago, xerente da Rede Museística (3’).
- Contraportada musical. Cambeando, por Os Minhotos (5:52’).

Chuzame! A Facebook A Twitter