María Lado divulga na rede o seu poemario “Berlín”
16 xullo 2007
Pode baixarse o poemario Berlín de María Lado recitado pola propia autora e musicado por Fanny+Alexander en mp3 (26 MB) ou en formato PDF premendo aqui. (A regueifa plataforma)
16 xullo 2007
Pode baixarse o poemario Berlín de María Lado recitado pola propia autora e musicado por Fanny+Alexander en mp3 (26 MB) ou en formato PDF premendo aqui. (A regueifa plataforma)
13 xuño 2007
O venres 15 de xuño, ás 20:00 horas na libraría Follas Novas (Santiago), presentarase o libro Gravados rupestres nos montes de Carnota, de José Cernadas Sande. No acto intervirán José Manuel Vázquez Varela (catedrático de Prehistoria na Universidade de Santiago), X. Amancio Liñares Giraut (director editorial de 3C3) e o propio autor.
.
04 xuño 2007
O mércores 6 de xuño, ás 20:30 horas, presentarase o libro Farrapos de nube, poemario infantil de Xoán Neira publicado por Baía Edicións. O acto, organizado polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro na aula de Caixa Galicia de Viveiro, contará coa intervención, ademais do autor, de Carlos Nuevo, Emilio Xosé Insua. Tamén será ofrecido un recital poético musical a cargo de nenas e nenos do Cep. Lois Tobío.
01 xuño 2007
Hoxe, venres 1 de xuño, a exposición Poemas pola memoria estará aberta ao público na sala de exposicións do Antiguo Reino de Galiza, nos xardíns de San Carlos d’A Coruña. Permanerá aberta ao público durante todo o mes de xuño.
01 xuño 2007
A presentación do libro Outro mundo é posíbel: o reino da necesidade de Vandana Shiva, de Anna Cervera i Iglesias (Baía Edicións - Servizo Galego de Igualdade), terá lugar en Santiago o próximo martes día 5 de xuño, ás 19:00 horas, na Sala de Conferencias da Fundación Eugenio Granell (Praza do Toural). Intervirán, ademais da autora, Ana Luísa Bouza Santiago (Directora Xeral do SGI) e María Xosé Agra Romero (Profesora da USC).
31 maio 2007
Do 10 ao 13 de xullo realizarase o curso de verán titulado “Cultura e Artes do Portugal Contemporâneo” na Faculdade de Filosofia da Universidade de Santiago de Compostela. Dedicará un día a cada un dos temas: audiovisuais, música, moda e artes do palco. Serán catro mulleres (especialistas nas respectivas áreas) a tratar de cada painel durante os catro días. Máis información aquí. (Instituto Camões - Galiza)
18 maio 2007
Desde a revista Antípodas (Journal of Hispanic and Galician Studies) chega a convocatoria do número XXII coa intención de documentar o “Panorama da escrita en lingua galega entre os séculos XX e XXI”. É un proxecto que nace da colaboración entre Antípodas (Journal of Hispanic and Galician Studies) e a Universidade da Coruña:
“Convidamos a participar neste volume dedicado a escrita actual en galego a todos os especialistas e investigadores no eido da literatura galega no cambio de século (aproximadamente entre 1990 e hoxe), aínda que tamén poden remitirse artigos en torno a literatura escrita en lingua galega e publicada despois do ano 1975. Antípodas pretende poñer ó día o momento literario de Galicia e, asemade, presentar un panorama dos autores máis novos que están xa a publicar con éxito. Estamos á procura de artigos orixinais que permitan olladas novedosas, diferentes enfoques da crítica, e, nesa mesma liña, aportacións no eido poscolonial, a literatura comparada ou os estudos de xénero. Os traballos deberán versar, preferentemente, sobre a producción literaria de autores en lingua galega que acadaron un certo nivel de notoriedade a partir do ano 1990, e aqueles outros máis novos que están agora acadando os primeiros recoñecementos polo seu labor literario. Antípodas desexa, deste xeito, analizar a situación da literatura en galego e tamén as súas perspectivas cara ó futuro máis inmediato [...].”
Prazo para o envío dos traballos completos: 15 de Decembro de 2007. Pódese obter máis información na web da revista.
11 maio 2007
Máis información no blogue de Igor Lugris.