Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

Campaña en defensa da lingua e contra a violencia de xénero

29 outubro 2008

Os servizos de normalización lingüística da Universidade da Coruña e do Concello da Coruña, xunto coa Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, organizan unha campaña que ten por obxectivo o de vincular a defensa e promoción da lingua galega coa da loita contra a violencia exercida contra as mulleres, pois o abandono histórico da lingua por parte das mulleres pode e debe ser entendido como un tipo de violencia de xénero.
A campaña terá o seu acto principal o vindeiro 25 de novembro, Día da Non-Violencia contra as Mulleres, e consistirá nunha lectura pública dos textos que garden relación coa temática e sexan recibidos até a data.
Todas aquelas persoas interesadas en participaren poden facelo achegando o seu texto, inédito ou xa publicado, por correo electrónico ao enderezo  snl at udc.es.

Máis información aquí.
Servizo de Normalización Lingüística - Universidade da Coruña
(981 167 000; extensións: 1042, 1055, 1177)

Rubén García será soterrado hoxe en Ribadavia

23 outubro 2008

Rubén García, un dos nomes clave do activismo teatral galego, será soterrado hoxe cunha bandeira republicana nunha cerimonia civil en Ribadavia.
«O mundo do teatro galego espertou onte conmocionado pola morte de Rubén García, director do Mostra de Teatro (MIT) de Ribadavia e un dos pioneiros no impulso das artes escénicas no país. En Ribadavia, a súa vila natal, o Concello decretou dous días de loito oficial. O edil de Cultura, Anxo Collarte, asegurou que a noticia causou “gran conmoción” en toda a comarca do Ribeiro e mesmo fóra dela, xa que era “moi coñecido no mundo cultural e sobre todo teatral”.
O responsable da MIT e da Feira Galega do Teatro até o ano pasado, premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega do 2008, faleceu a última hora do martes, aos 57 anos [...]». (Galicia-Hoxe)

Espazo Lectura crea dous novos clubs de lectura no Val Miñor

20 outubro 2008

Máis información aquí.

Bos Aires: o programa “Tempos de mulleres” do colectivo Herbas de Prata

20 outubro 2008

A Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta e o colectivo de mulleres Herbas de Prata ofrecerán esta semana os primeiros módulos do programa “Tempos de Mulleres”, que deste xeito chega a Bos Aires como fora anunciado no mes de abril pola secretaria Carme Adán.
Co fin de presentar o marco xeral das politicas de igualdade de Galicia alí onde vivan as mulleres galegas, vanse ofrecer na cidade de Bos Aires -no Centro Español de Sada y sus Contornos e no Centro Noia-Rianxo- entre os días 24 e 26 de outubro módulos de 21 horas de traballo orientados ás problemáticas da diáspora.

Novo número de Foeminas (Revista Virtual de Xénero)

17 outubro 2008

Xa está disponíbel o número 30 da revista foeminas. Para consultala, só é preciso entrar na web da revista.

Publicado o nº 32 da revista ATENEA do Ateneo Ferrolán

14 outubro 2008

Xa está na rúa o número 32 da revista ATENEA, do Ateneo Ferrolán.

Faleceu o poeta Ramiro Fonte

13 outubro 2008

Este fin de semana coñecemos a infeliz noticia do pasamento de Ramiro Fonte. Pola exhaustividade na recollida, trasladamos a esta a axenda as referencias xurdidas na Rede e compiladas no blogue Brétemas por Manuel Bragado, a quen agradecemos o xesto:

(Brétemas)

A todos os amigos de Anxo Rey Ballesteros

09 outubro 2008

Un grupo de persoas ligadas a “Café Voltaire”, tertulia viguesa da que forma parte o noso amigo Anxo Rey Ballesteros, vanse reunir para desexarlle unha pronta recuperación da súa enfermidade. Nese acto, brindarase á súa saude, leranse fragmentos da súa obra e falarase da súa significación na literatura galega recente. Invitamos ao seus amigos de toda Galicia a compartir con nós eses momentos -e, eventualmente, a ler algún texto ou lembrar dalgún modo ao amigo enfermo-acudindo a Vigo o Venres 17 de Octubro, ás 20´30 no Central Pork, en Via Norte 40 (xunto á estación de ferrocarril). Rogámosvos que fagades extensiva esta convocatoria á xente que vos pareza oportuno. (Fundación Carlos Casares)

A Coruña: conferencia de Camilo Nogueira

06 outubro 2008

O día 8 de outubro a Agrupaçom Cultural O Facho organiza a palestra de Camilo Nogueira “Galiza e a Uniom Europeia no momento da crise”, dentro do ciclo “Repensar Galiza”. O conferencista vem de publicar em Galáxia dous livros sobre a temática: Europa. O Continente Pensado e Galiza na Unión. A Porta Atlántica.
Será ás 20:00 na Fundaçom Caixa Galicia (Cantom Grande - A Corunha). (AC O Facho).

XVI Xornadas Mar por Medio - Galiza e Portugal

30 setembro 2008

Mar por Medio«Portugal foi sempre para a Galiza e para o galeguismo unha especie de ferida aberta, de Galiza do sul que medra, sae ao mar e nos deita no espello dos séculos a imaxe do que puidemos ser nas reviravoltas da historia.

Mais hoxe as cousas comezan a mudar. No galeguismo político e cultural avanza o pragmatismo e a ollada cultural mantense pero tamén dá paso a novas realidades: o espazo da euro-rexión que conformamos co norte de Portugal, as posibilidades económicas que abre para as empresas de ambas as beiras do Miño ou o achegamento real que supuxeron as novas insfraestruturas viarias son realidades ben máis actuais e interesantes do que os debates repetidos que rematan sempre en vía morta.

Mar por Medio quere ser, nese sentido, unha ferramenta útil na análise de en que medida o achegamento entre os nosos dous países é realmente posíbel no campo das industrias da cultura e da comunicación. Debatámolo, falémolo, marquemos prioridades… e despois, pasemos das palabras aos feitos. [...]» (Mar por Medio)

Steiner pide desculpas publicamente

19 setembro 2008

Hoxe o xornal El País recolle as desculpas de George Steiner do seguinte modo:

«Ante la avalancha de críticas que suscitó la entrevista que concedió George Steiner a El País Semanal el 24 de agosto, el filósofo envió un correo electrónico a EL PAÍS para que fuera remitido al Pen Club gallego; en el correo Steiner dice: “Como demuestra mi libro Después de Babel soy un apasionado defensor de las lenguas y literaturas minoritarias. Mi comentario irreflexivo fue una respuesta al chovinismo regional que amenaza ahora la unidad de España. Pido mis más sinceras disculpas”».

É preciso lembrar que o 28 de agosto foi publicado en El País un comunicado conxunto sobre o asunto por parte da AELG, o Pen Clube de Galicia e a Mesa pola normalización lingüística.

A Mesa propón que a ONU recoñeza a Declaración de Dereitos Lingüísticos

18 setembro 2008

«[...] O presidente da Mesa, Carlos Callón, explicou que esta iniciativa se inscribe nos obxectivos da Axencia Europea de Linguas Minorizadas (EBLUL), que agrupa a diversas asociacións continentais.

[...] Callón, representante en España da Axencia Europea, advertiu de que hai un repunte da “xenofobia interna” nos países con idiomas minoritarios, segundo os expertos desa organización. Neste sentido, criticou o “discurso feroz” dalgúns “grupos de poder” contra as linguas cooficiais como o galego, o catalán e o eúscaro e acusou de “racismo lingüístico” a algúns medios de comunicación e ao Partido Popular.

Por iso, asegurou que A Mesa continuará denunciando a “vulneración” dos dereitos lingüísticos ante organismos internacionais. Ao fío diso, considerou que en Galicia se vulneran estes dereitos de forma “ostensible” e que así o recoñeceu o Consello de Europa en diversos informes, dixo.

Callón sinalou que na Comunidade galega incúmprese a Carta de Linguas Minoritarias e a Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos nos ámbitos do ensino, a administración, a xustiza e na deficiencia de relacións culturais con Portugal.» (Galiciae)

Coñeza a actualidade dos membros da AELG emitida durante o Cultur.gal

Galería