Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

Presentación en Pontevedra de Medidas preventivas, de Gustavo Pernas Cora

08 novembro 2007

A COMPAÑÍA ANCORA PRODUCCIÓNS presentará Medidas preventivas, Premio AELG ao mellor libro de teatro de 2007, de Gustavo Pernas Cora, o día 11 de novembro ás 20:30 horas. Será no Centrosocial Caixanova de Pontevedra.
“Medidas preventivas lanza unha mirada irónica e crítica, non exenta de humor…negro, sobre as novas relacións e os novos comportamentos sociais. MEDIDAS desenfocadas e dirixidas acidadáns de a pé, presuntos culpables nos seus actos cotiáns. MEDIDAS absurdas que venden protección a cambio da submisión, e seguridade a cambio de medo. MEDIDAS que converten aos cidadáns en policías de si mesmos. Fragmentos de ficción ou sucesos dunha realidade que xa existe ou á que asistiremos en breve. HOMENAXE A TODAS AS VÍTIMAS DE TODOS OS TERRORISMOS. Por unha culturacrítica, divertida e reflexiva.”

Marica Campo será nomeada Chairega de Honra

05 novembro 2007

O día 10 de novembro, no IES “Poeta Díaz Castro” de Guitiriz terá lugar o nomeamento de Marica Campo como Chairega de Honra. Organizado pola Fundación Manuel María da Terra Cha e Xérmolos, o acto completarase cos seguintes eventos:
-Ás 12:00: unha mesa redonda sobre Marica na que interveñen X. M. Carballo, Pilar García Negro, Manuel López Foxo e Bernardo Penabade;
-Ás 14:00: xantar;
-Ás 17:00: representación dunha obra de teatro da autoría de Marica;
-Ás 18:00: concerto de poesía musicada de Marica Campo na voz de Tino Baz e A Quenlla.
Contacto no 646 413 890 e no 982 372 040.

Antía Otero presenta Operatorio na Sala Nasa

02 novembro 2007

Antía Otero (poeta e actriz) presenta o seu primeiro traballo de creación propia: Operatorio. A cita será na Sala Nasa de Santiago de Compostela o día 8 de novembro ás 22:00 horas. Máis información en na web da Sala Nasa e no blogue da artista.

“Alén do Irimia: Un río de contos”, proxecto de animación lectora da ASPG

18 outubro 2007

«Do 4 ao 9 de novembro. No pedregal de Irimia, no nacemento do Río Miño, en Meira, (Lugo) a AS-PG pon a andar un proxecto comarcal de animación lectora que abranguerá non só Meira, senón Concellos veciños como A Pastoriza, Castro de Rei, Pol, Ribeira de Piquín e Riotorto.» (ASPG)

Presentación d’ A lenda do pirata en Ferrol

10 outubro 2007

O 11 de outubro, ás 12:00 horas na Galería Sargadelos de Ferrol, celebrarase a presentación do libro A lenda do pirata,do Colectivo A Garola. Contará cunha dramatización a cargo da compañía Talía Teatro.

Presentación da Colección Barriga Verde de textos de teatro para monicreques

28 setembro 2007

O IGAEM, a Asociación Cultural Barriga Verde e Baía Edicións presentarán a Colección Barriga Verde de textos de teatro para monicreques. O acto terá lugar o 2 de outubro de 2007 ás 13 horas na Sala de Conferencias da Fundación Eugenio Granell (Praza do Toural-Santiago de Compostela).
Os títulos que inician esta colección son O afundimento do Tiránic, de Breogán Riveiro, Misterio en Guernica, de Xosé Manuel Fernández Castro e O soñador, de Gabriel Castilla. Intervirán Miguel Martín (Xerente do IGAEM), Belén López (Directora Editorial de Baía Edicións), Xosé Manuel Fernández Castro (autor), Breogán Riveiro (autor) e Jorge Rey (Presidente da Asociación Cultural Barriga Verde).

“Non se che faga tarde”, de Francisco Fernández Naval, no Teatro Arte Livre de Vigo

18 setembro 2007

A obra teatral Non se che faga tarde. Monólogo para inventar o amor, de Francisco Fernández Naval, con dirección de Manane Rodriguez e interpretación de María Inés Cuadrado, terá lugar no Teatro Arte Livre de Vigo (Rúa Varquez Varela, nº 19) os días 21, 22, 23, 28, 29 , e 30 de setembro ás 21:30 horas.

Carballo: Praza dos libros 2007

20 agosto 2007

«O Xardín Municipal de Carballo encherase durante catro días, do 23 ao 26 de agosto, de libros, de actividades lúdicas, participativas, divertidas e formativas para nenas e nenos e para persoas adultas, de autoras e autores da comarca e do país, de presentacións e sinaturas de libros, de recitais, de actuacións, de representacións, etc. Unha nova edición da feira literaria de Bergantiños á que non podes faltar.»

PROGRAMA

XOVES 23
11.00 h: Inicio da Praza dos Libros 2007 e Ciclobiblioteca.
12.30 h: Presentación da Praza dos Libros e do terceiro trimestre do programa Literactúa, de difusión do libro e a lectura en galego (setembro, outubro, novembro).
13.00 h: Inauguración e pregón de Mercedes Queixas Zas.
19.30 h: Presentación de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, coa presenza de Mahmoud Elhda, subdelegado saharauí para Galiza.
20.30 h: Presentación de Lingua, nación e identidade, de Xosé Ramón Freixeiro Mato.
21.30 h: Recital-presentación de As horas de María, de Paco Souto.

VENRES 24
11.30 h: A fábrica da fantasía: Actividades veloces para facer e levar (actividade para nenas, nenos e maiores). Contos rápidos para levar. Poemas a toda máquina. Imaxes que contan historias.
20.00 h: Actuación de Títeres Viravolta. Unha de piratas.
21.00 h: Presentación conxunta de Arte e parte, de Xurxo Borrazás, e da reedición de Crónicas de Carballo I, de Xan Fraga.
22.30 h: Concerto da caboverdiana Nancy Vieira.

SÁBADO 25
13.00 h: Presentación de Historia dunha lata e de Lume!, de Alberto Varela Ferreiro.
19.30 h: Presentación de Seavia é nome de parroquia, de José Antonio Andrade.
20.30 h: Presentación de O bosque de Nadgor, de Farruco Graña.
21.30 h: Concerto-presentación Hai cu. Pintadas no váter, de Leo i Arremecághona.

DOMINGO 26
11.00 h: Un libro, un pan. Todas as persoas que merquen algún libro serán agasalladas cun pan da marca Pan de Carballo.
12.00 h: Sinatura de libros de Santiago Jaureguizar.
20.00 h: Charla dramatizada de María Mariño, por Brais Fernández Álvarez.
21.30 h: Concerto do cantautor cubano Norge Batista e remate da feira.

Conmemoración dos 125 anos do teatro galego n’ A Coruña

10 agosto 2007

Con motivo do acto de conmemoración dos 125 anos do teatro galego terá lugar o luns día 13 de agosto, ás 12:30 horas na Praza do Humor da cidade d’ A Coruña, a apertura da xira 125 Anos de teatro galego e a colocación da placa que recordará a estrea d’ A fonte do xuramento, de Francisco María de la Iglesia. (Servizo de Creación e Difusión Cultural - A Coruña)

Presentación n’ A Coruña da exposición “Un país desde as táboas: 125 anos de teatro galego”

31 xullo 2007

A exposición “Un país desde as táboas: 125 anos de teatro galego”será inaugurada o xoves 2 de agosto de 2007, ás 12:00 horas no Museo de Belas Artes da Coruña (Rúa Zalaeta, s/n). Intervirán D. Luís Bará Torres (Director Xeral de Creación e Difusión Cultural), Dª. Mª Xosé Bravo San José (Concelleira de Cultura e Museos Científicos) e D. Carlos Biscaínho Fernández (Comisario da exposición).

Camilo Franco lerá o pregón na XXIIIª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

17 xullo 2007

(Xeración Web)

A AELG entrega a súa “Letra E” ao dramaturgo Manuel Lourenzo

06 xullo 2007

“Os actos de homenaxe, que nos levarán a este val da Mariña de Lugo, terán lugar o domingo 8 de xullo, a partir das 11:30 da mañá e conforme o programa de actos que se pode ver aquí. [...] A filosofía da homenaxe é a de honrar escritores e escritoras cunha dilatada carreira literaria que suscite o consenso de todos en canto á súa valía. Quere ser unha homenaxe que goce da presenza do homenaxeado/a contando coa súa implicación persoal durante a organización. Busca tamén a complicidade dos veciños e autoridades locais da que o escritor/a considera a súa terra, neste caso o Val do Valadouro, que abarca os concellos de Alfoz e O Valadouro.” (AELG)

Coñeza a actualidade dos membros da AELG emitida durante o Cultur.gal

Galería