O sábado 27 de outubro, no Salón Obradoiro do Pazo de Congresos (Barrio de San Lázaro) de Santiago de Compostela, terá lugar o XXVII Foro Encrucillada, baixo o título Ciencia e fe, o diálogo necesario. O horario é o seguinte:
- 10:15 h. Presentación, por Ramón Cao.
- 10:30 h. Andrés Torres Queiruga introducirá o diálogo relixión-ciencia.
- 12:30 h. Carlos Pajares Vales falará de cosmoloxía e fin do mundo.
- 16:00 h. Presentación de libros.
- 16:30 h. Camino Cañón Loyes falará de novos ateísmos.
- 18:30 h. Celebración-oración homenaxe a Bernardo García Cendán. Preparada por Victorino Pérez Prieto.
- 19:00 h. Remate.
O
mércores 3 de outubro, ás 20:00 h., na Biblioteca Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII, s/n.) de Santiago de Compostela, Andrés Torres Queiruga presenta o seu novo libro, Alguén así é o Deus en quen eu creo, publicado en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participan Víctor F. Freixanes, Xavier Martínez Cobas e Xan López Facal.
«A
recente condena do traballo do teólogo Andrés Torres Queiruga pola Comisión Episcopal para a Doutrina da Fe acaba de ser respondida desde a Real Academia Galega. A entidade, a sinalar o seu carácter aconfesional, considera que a condena eclesiástica supón «unha grave conculcación da liberdade de pensamento dun grande intelectual e escritor». Ademais, considera o documento «unha intromisión escandalosa contra a que protesta firmemente». O antigo presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro Fernández, xa sinalara en medios de comunciación o seu apoio ao teólogo, que é membro da Real Academia.» Vía Cultura Galega.
A
revista Encrucillada homenaxea ao escritor Andrés Torres Queiruga, un dos teólogos galegos con máis peso no mundo católico celebrando nos vindeiros 28, 29 e 30 de outubro o seu tradicional Foro de Relixión e Cultura (que celebra a súa XXV edición) en Santiago de Compostela. Nesta edición, Encrucillada quere render, tamén, unha homenaxe ao seu antigo director, Torres Queiruga, quen se xubila este mesmo ano, pasando a ser profesor emérito da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago. Participarán nesta homenaxe compañeiros e escritores como Victorino Pérez Prieto, Xesús Ferro Ruibal ou Xosé Luís Barreiro Barreiro. O programa e emprazamentos pódense descargar neste enlace.