Páxina actualizada diariamente. Visitas recibidas (desde 12/04/2007):

Concurso na web Galicia Encantada

25 Abril 2008

Boletín Galicia Encantada

No “Concurso na web Galicia Encantada” o premio non son cartos, mais a emoción está asegurada. Propoñemos un concurso arredor dos lugares con lenda. Facilitamos unha foto e un punto xeográfico no Google Maps. Queda na vosa man identificar o lugar co seu verdadeiro nome e achegar as lendas que consigades sobre o mesmo. O que mandedes irase facendo público e entre todos completaremos un circo máxico: identificaremos e descubriremos os lugares lendarios de Galicia.
Unha listaxe de honra dos que máis colaboren agarda polo nome dos aventureiros da internet. Estas son as normas… e esta é a primeira proba. Saúde e sorte para todos do Coordinador de contidos de Galicia Encantada.
© 2007 | Galicia Encantada.com

I Semana do mar en Compostela, do 22 ao 26 de outubro

22 Outubro 2007

«Galicia é un país debuxado por rías que penetran ducias de quilómetros no interior. Actualmente a maioría da poboación galega habita nas áreas litorais e nas súas zonas de influencia. Galicia é historicamente unha potencia pesqueira de nivel internacional e base dunha das frotas extractivas máis importantes. Tamén conta cunha actividade extractiva e de cultivo nas augas territoriais que constitúen o alicerce dunha potente industria conserveira e de produto fresco.
Froito da súa historia, Galicia ten ademais un patrimonio material e inmaterial que reborda a vertente estritamente económica para conformar unha cultura mariñeira que impregna toda a sociedade.
Así pois, a nosa dependencia do mar xera diálogos moi complexos que precisan análises globais que nos permitan actuar do xeito máis realista e racional posible.
FERNANDO GONZÁLEZ LAXE - MARÍA DO CARMO GARCÍA NEGRO - JUAN M. VIEITES BAPTISTA DE SOUSA - XOÁN LÓPEZ ÁLVAREZ - JOSÉ LUÍS GONZÁLEZ ESCALANTE - MANUEL SOTO CASTIÑEIRA - UXÍO LABARTA - FRANCISCO PELETEIRO - XABIER VÁZQUEZ PUMARIÑO - FERNANDO OTERO LOURIDO - LUÍS REI - FERNANDO PIÑEIRO - MARÍA XOSÉ CACABELOS - DIONISIO PEREIRA GONZÁLEZ - FRANCISCO FERNÁNDEZ REI»
(Descarga a programación da I Semana do Mar - PDF, 340 Kb) (Sotelo Blanco Edicións)

Presentación en Santa Comba de Xallas. Teoría da existencia, de Lois Oreiro

24 Setembro 2007

O venres 28 de setembro, ás 21:00 horas no Salón de Actos do Edificio Multiusos de Santa Comba, terá lugar a presentación do libro Xallas. Teoría da existencia, de Lois Oreiro. No acto intervirán Ángel Carracedo Álvarez (catedrático de Medicina Legal da USC e Fillo Predilecto de Santa Comba), José Antonio Ucha Velo (alcalde de Santa Comba), Antonio Puentes Chao (director editorial de 3C3) e o propio autor.

Presentación en Compostela de “Xallas. Teoría da existencia”, de Lois Oreiro

23 Xullo 2007

O xoves 26 de xullo, ás 20:0 horas no Club Internacional de Prensa (Avda. da Coruña, 6-Baixo, Santiago de Compostela), terá lugar a presentación do libro Xallas. Teoría da existencia, de Lois Oreiro. No acto intervirán Manuel González González (secretario da Real Academia Galega), X. Amancio Liñares Giraut (director editorial de 3C3) e o propio autor.

Premio Concepción Arenal 2008