Apresentada en Compostela a Academia Galega da Língua Portuguesa
08 outubro 2008
08 outubro 2008
07 outubro 2008
O mércores 8 de outubro, ás 20:00 na Sala de Conferencias do Centro Social Caixanova (Policarpo Sanz, 24-26), terá lugar unha mesa redonda con tema “¿Cara onde vai a literatura galega?”, que contará coa participación de Suso de Toro, Rexina Vega e Antón Figueroa. Moderará Carlos Lema.
O acto realízase no contexto da exposición “Galicia 25. Unha cultura para un novo século”.
06 outubro 2008
O día 8 de outubro a Agrupaçom Cultural O Facho organiza a palestra de Camilo Nogueira “Galiza e a Uniom Europeia no momento da crise”, dentro do ciclo “Repensar Galiza”. O conferencista vem de publicar em Galáxia dous livros sobre a temática: Europa. O Continente Pensado e Galiza na Unión. A Porta Atlántica.
Será ás 20:00 na Fundaçom Caixa Galicia (Cantom Grande - A Corunha). (AC O Facho).
06 outubro 2008
A Academia Galega do Audiovisual celebrará os días 14 e 15 de outubro a sexta edición das súas tradicionais xornadas de reflexión e debate Foro Academia Aberta 2008 no marco do Festival de Cine Internacional de Ourense.
Nesta edición e baixo o título “A lingua fendida. O audiovisual e o galego” analizaremos como a cuestión da lingua marca a singularidade do noso sector, pois o uso da lingua galega nas producións ten que convivir co feito de que moitas veces dirixímonos aos mercados españois e internacionais.
Contaremos con recoñecidos profesionais galegos que nos axudarán a analizar como é esa relación dende o punto de vista sociocultural, artística e económica e tamén atenderemos a cales deben ser as características da lingua do audiovisual.
Tamén coñeceremos outras realidades semellantes á nosa. Contaremos con importantes profesionais de Quebec, Gales, Euskadi e Catalunya que nos contarán cal é a problemática actual de cada industria.
Así mesmo, aproveitando que o ano pasado cumpríronse 25 anos da dobraxe en Galicia, celebraremos unha mesa redonda na que actores e actrices da dobraxe contarannos a historia íntima do seu traballo e xuntos lembraremos as dobraxes “míticas” da Televisión Galega. Como colofón teremos un recordo especial a María Romero e ao recentemente falecido Xoán Guisán, pioneiros desta profesión en Galicia.
Podedes descargar o programa na web do Foro Academia Aberta 2008, máis o formulario de inscrición.