Ourense: Pendanca e oso, con María Lado e Lucía Aldao

O martes 27 de decembro, ás 21:30 horas, no Café Cultural Auriense (Praza do Correxedor, 11), en Ourense, María Lado e Lucía Aldao protagonizan o recital de poesía, humor e música Pendanca e oso, unha fábula aldaolado sobre o amor. O prezo da entrada é de 5 euros.

Ourense: presentación de Muller de papel, de Rochi Nóvoa

ORochi Novoa Muller de papel mércores 11 de marzo, ás 20:30 horas, no Café Cultural Auriense (Praza do Correxedor, 11, baixo) de Ourense, preséntase o libro Muller de papel, de Rochi Nóvoa. No acto presentarase tamén a exposición que acompaña a obra de Chus Láuzara, e os fotógrafos Pepe Escano, José Ramón Araújo e Roberto García Sanchez. Estarán presentes tamén en directo os músicos: Dani Soldevilla, Nacho Martínez, Servando Barreiro, Castor Pérez, e Antonio Iglesias Fernández acompañando ademais ao recital.

Ourense: presentación de Conversas com Isaac Alonso Estraviz

Aconversascomestraviz-250x355 sexta feira 12 de decembro, ás 20:00 horas, no Liceo de Ourense (Rúa Valentín Lamas Carvajal, 5), preséntase o libro Conversas com Isaac Alonso Estraviz, de Bernardo Penabade, publicado por Através Editora. No acto, organizado pola A. C. Auriense, participan, xunto ao autor, Miguel R. Penas e Isaac Alonso Estraviz.

Marica Campo recibirá homenaxe da AELG no seu Incio natal

Desde Sermos Galiza:
“O Incio é o concello escollido pola propia Marica Campo para que os seus compañeiros e compañeiras das letras lle rendan homenaxe outorgándolle a letra E que vencella a quen recebe o tributo coa súa terra. Alí naceu Marica Campo e alí volvía nos inesquecíabeis veráns no Val do Mao que a escritora lembra como “un espazo para a liberdade e as aventuras infantís. Dese tempo, son as “mil e unha trasnadas” protagonizadas polas sete irmáns máis o irmán e un curmán que compartían xogos de verán.
Naceron alí tamén os primeiros escritos dunha autora que conta xa cunha ampla e recoñecida bibliografía na que visita diversos xéneros, da poesía á narrativa, pasando polo xornalismo ou o ensaio. “Eu, xa de moi nena, escondíame nun pombal que había no fondo da horta para escribir historias que me inspiraban as cancións que escoitaba na radio ou no gramófono ao que lle había que dar manivela”, lembra no seu relato autobiográfico recollido na propia páxina da AELG da escritora que é tamén autora de numerosas letras de cancións.
Humoristas Bos e Xenerosos
Xosé Lois, “O Carrabouxo”, Pepe Carreiro, Xaquin Marín, Siro López e Gogue son, para a AELG, os Bos e Xenerosos desta edición do 2013, cinco humoristas gráficos que recollerán de forma colectiva o galardón anual das persoas protagonistas da literatura. En canto ás institucións, o galardón da entidade presidida por Cesáreo Sánchez Iglesias decidiu recoñecer o traballo das asociacións culturais nacidas nos anos setenta e oitenta. O Galo de Compostela, O Facho e Alexandre Bóveda da Coruña, Auriense de Ourense, Lumieira de Carballo, Medulio de Ferrol e Francisco Lanza de Ribadeo son as agrupacións que naceron con vontade de difundir e apoiar a cultura galega e que despois de máis de catro décadas continúan en activo.
Confirmouse tamén o Premio AELG 2013 á Escritora Galega Universal para a portuguesa Lídia Jorge e sumou un novo galardón, o de Mestres/as da Memoria que premiará a informantes da literatura de tradición oral que contribuíran de maneira decisiva a recuperar o noso patrimonio.
Galeusca en Pontevedra
A AELG será desta volta a anfitriona do convívio entre as literaturas catalá, vasca e galega que cada anos ten lugar nunha das tres nacións. Á asociación galega decidiu que esta trixésima edición que lle toca organizar terá lugar na cidade de Pontevedra no mes de novembro e estará dedicada á literatura infantil e xuvenil.
Finalmente, a asemblea da AELG aprobou renovar o anterior Consello Directivo incorporando ás escritoras Rexina Vega e Alicia Fernández.”

Ourense: presentación de Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria, de Francisco Rodríguez

O mércores 27 de abril, ás 20:30 h., no Café Cultural Auriense (Praza do Correxidor) de Ourense, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a A. C. Auriense presentan o libro Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (a persoa e a obra de onte a hoxe), de Francisco Rodríguez, editado pola propia AS-PG.