Alberte Momán: “Vattene! é unha metáfora da desaparición da clase media”

Entrevista a Alberte Momán en Diario de Ferrol:
«O escritor ferrolán Alberte Momán vén de editar Vattene!, a súa terceira obra narrativa, na colección Q de Vian Cadernos (do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar). O venres presentábao no Ateneo Ferrolán e en vindeiros días farao en Arteixo e tamén no museo Marco, en Vigo. “É unha novela curta, un relato longo, no que se descrebe a viaxe dunha persoa que, por motivos alleos a ela, pérdeo todo e pasa dunha situación de comodidade a ter que experimentar unha realidade totalmente nova, partindo de cero”, explica Momán sobre o texto.
A nivel persoal, é a metáfora “dunha persoa que recupera a vista despois dunha cegueira prolongada”. Ten tamén unha lectura relacionada coa situación actual, vencellada “ó que chaman desaparición da clase media, que vivía nun aparente equilibrio e que, polo neoliberalismo, comeza a perdelo e vese nunha situación nova. Caeu esa espada de Damocles que ameazaba con que podía perdelo todo en calquera momento”.
Esa situación na que o protagonista ten que descubrir dunha maneira diferente o que o rodea, esa crise vital, pode ter un resultado construtivo, “pero para iso temos que empezar a tomar decisións”, comenta o autor. “Pode ser unha oportunidade de transformación se somos capaces de tomar as sendas adecuadas, pero é moi difícil saber por que camiño ir”.
En Vattene!, que “é unha expresión italiana que significa arrédate, vai de aí”, hai influencias do surrealismo de Eugenio Granell, un autor que influíu de forma moi directa a Alberte Momán. La novela del indio Tupinamba foi un descubrimento importante que me marcou”, asegura.
Momán, que se sente máis cómodo na escrita poética, decantouse nesta ocasión pola narrativa para poder desenvolver do xeito que necesitaba as ideas que agroman neste traballo. “Pero sempre con matices poéticos”. (…)»

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ferrol: presentación de Vattene!, de Alberte Momán

A sexta feira, 14 de xuño, ás 20:30 horas, no Ateneo de Ferrol (Rúa Magdalena, 202-204), preséntase Vattene!, de Alberte Momán, publicado por A Porta Verde do Sétimo Andar, coa presenza do autor, acompañado por Verónica Martínez Delgado.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Taboleiro do libro galego (XI), por Ramón Nicolás

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Velaquí a nova entrega da listaxe de libros en lingua galega máis vendidos na última quincena. Á colaboración das dezaseis librarías habituais -Casa do Libro de Vigo, Á lus do candil, Librouro, Andel, Couceiro, Pedreira, Cartabón, Aira das Letras, Trama, Torga, O Pontillón, Paz, Libros para Soñar, Sisargas, Lila de Lilith, Livraria Suévia e Libraría Carricanta-. A todas elas a miña gratitude.”

NARRATIVA
1º-. Infiltrados, de Alfonso Eiré, Biblos.
2º-. Faneca Brava, de Manuel Portas, Edicións Xerais.
3º-. Winnipeg, de Hixinio Puentes,  Edicións Xerais.
4º-. Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño, Editorial Galaxia.
5º-. Pastoral americana, de Philip Roth, Faktoría K de Libros (tradución de Fernando Moreiras).

POESÍA
-. Un rato díxolle á lúa, de Antonio García Teijeiro, Edicións Xerais (edición de Fran Alonso).
2º-. ReGaliza e outras chuches, de Calros Solla, Barbantesa.
3º-. Resina de poliéster, de Correa Corredoira, Baía Edicións.

ENSAIO-TEATRO
-. Inmateriais, de Suso de Toro, Edicións Xerais.
2º-. Obras completas I e II, de Roberto Vidal Bolaño, Positivas.
3º-. Un chapeu negro e un nariz de pallaso, de Montse Pena Presas e Gonzalo Enríquez, Galaxia.
4º-. Morreu o demo, acabouse a peseta, de Tintimán Audiovisual, Urco Editora.

INFANTIL-XUVENIL
-. Universo Pitágoras, de Rocío Leira, Biblos.
-. Endogamia 0.2, de Ramón Caride, Edicións Xerais.
3º-. Flor de area, de Manuel Lourenzo González, Edicións Xerais.
4º-. Reckless. Vida nas sombras, de Cornelia Funke (tradución María Xesús Bello), Edicións Xerais.
5º-. O cullarapo Croque, de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, Nova Galicia Edicións-A porta verde do sétimo andar.

ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. Rosalía pequeniña, de Uxía Senlle, Editorial Galaxia.
2º-. A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco, Fol Música.
3º-. Bicos de música, de Mamá Cabra, Editorial Galaxia.

BANDA DESEÑADA
1º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.
2º-. Marcopola 2, de Jacobo Fernández Serrano, Xerais.
3º-. Máis alá, Inacio / Iván Suárez, Demo Editorial.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Coruña: presentación de Vattene!, de Alberte Momán

A sexta feira, 7 de xuño, ás 20:00 horas, na Livraria Suévia (Rúa Vila de Negreira, 32) da Coruña, preséntase Vattene!, de Alberte Momán, publicado por A Porta Verde do Sétimo Andar, coa presenza do autor.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Santa Cruz, Oleiros: presentación de Atlas de Chaguán e Letras de Amor e Guerra

O sábado 1 de xuño, a partir das 19:00 horas, no Centro Cívico de Santa Cruz (Oleiros), preséntanse conxuntamente os libros Atlas de Chaguán, de Rosa Enríquez, e Letras de Amor e Guerra, de Ramiro Vidal, publicados por A porta verde do sétimo andar. No acto tamén haberá a participación musical de Miguel Alonso.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Santiago: presentación de A nena á que non deixaban ser feliz, de Miguel Ángel Alonso Diz

O xoves 30 de maio, ás 20:00 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7) de Santiago de Compostela, preséntase o libro A nena á quen non deixaban ser feliz, de Miguel Ángel Alonso Diz, publicado por A porta verde do sétimo andar. No acto, xunto ao autor, participan Montse Pena Presas, Iolanda Aldrei e Miguel Alonso.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Taboleiro do libro galego (X), por Ramón Nicolás

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Velaquí a nova entrega da listaxe de libros en lingua galega máis vendidos na última quincena. Á colaboración das dezaseis librarías habituais -Casa do Libro de Vigo, Á lus do candil, Librouro, Andel, Couceiro, Pedreira, Cartabón, Aira das Letras, Trama, Torga, O Pontillón, Paz, Libros para Soñar, Sisargas, Lila de Lilith e Livraria Suévia- súmaselle o concurso desde hoxe da libraría betanceira Carricanta. A todas elas a miña gratitude.”

NARRATIVA
1º-. Faneca Brava, de Manuel Portas, Edicións Xerais.
2º-. Infiltrados, de Alfonso Eiré, Biblos.
3º-. As vidas de Nito, de Xabier Paz,  Edicións Xerais.
4º-. Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño, Editorial Galaxia.
5º-. Pastoral americana, de Philip Roth, Faktoría K de Libros (tradución de Fernando Moreiras).

POESÍA
-. Cantares gallegos, Rosalía de Castro, Edicións Xerais (ed. Anxo Angueira).
2º-. Esplendor arcano, de Ramiro Torres, Grupo Surrealista Galego.
3º-. Carne de Leviatán, Chus Pato, Galaxia.

ENSAIO-TEATRO
-. Obras completas I e II, de Roberto Vidal Bolaño, Positivas.
2º-. Un chapeu negro e un nariz de pallaso, Montse Pena e Gonzalo Enríquez, Galaxia.
3º-. Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro, de Roberto Pascual, Edicións Xerais.
4º-. Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, Edicións Xerais.
-. Matriarcas, de Montse Fajardo, autoedición.

INFANTIL-XUVENIL
-. O cullarapo Croque, de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, Nova Galicia Edicións-A porta verde do sétimo andar.
-. A nena á que non deixaban ser feliz, de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, A porta verde do sétimo andar.
3º-. Dragal II, de Elena Gallego, Xerais.
4º-. A evolución de Calpurnia Tate, de Jacqueline Kelly, Faktoría K de Libros (tradución de Carlos Acevedo).
5º-. Man, o alemán de Camelle, de Beatriz Maceda e Laura Veleiro, Galebook.

ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. Rosalía pequeniña, de Uxía Senlle, Editorial Galaxia.
2º-. A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco, Fol Música.
3º-. Bicos de música, de Mamá Cabra, Editorial Galaxia.

BANDA DESEÑADA
1º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.
2º-. Marcopola 2, de Jacobo Fernández Serrano, Xerais.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Codeso, Boqueixón: homenaxe a Xosé Neira Vilas

Desde Galaxia:
«Xosé Neira Vilas segue recibindo recoñecementos por todo o país. E así, este domingo 28 de abril, ás 17:00 horas, serán os seus veciños de Codeso os que llo darán cun amplo programa de actos que se celebrará no Local Sociocultural de Codeso..
Na homenaxe participarán José Antonio Solano (cónsul de Cuba), Mini e Mero, Luz Fandiño, As Pandereteiras de Codeso, Afonso García Penas, O grupo de gaitas Pena do Couso, Concha Rousia, a Escola de Teatro do CPI de Vedra, A Porta Verde do Sétimo Andar, o Grupo de Teatro da ANPA A Infesta de Pontecesures, Iolanda Aldrei e O Ghusto do Boi. (…)»

Chuzame! A Facebook A Twitter

Betanzos: presentación de Meliflua Moradía, de Lino García Salgado

O venres 26 de abril, ás 20:30 horas, no Salón Azul do Liceo de Betanzos, preséntase Meliflua Moradía, de Lino García Salgado, publicado por A Porta Verde do Sétimo Andar, nun acto organizado pola Asociación Cultural Eira Vella, onde participa, xunto ao autor, Manuel López Foxo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Aveiro: lectura poética e presentación de Flutuando, de Xavier Frías Conde

A quinta feira 4 de abril, ás 21:30 horas locais, no Biscoito-Atelier Galeria Café de Aveiro (Rua D. Jorge Lencastre, 7), terá lugar unha lectura poética e lanzamento do libro Flutuando, de Xavier Frías Conde, publicado por A Porta Verde do Sétimo Andar, nun acto organizado polo Grupo Poético de Aveiro.

Chuzame! A Facebook A Twitter