Santiago: coloquio sobre A vida fóra, con Miguel Sande

O martes 22 de maio, ás 20:00 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa da Travesa, 7) de Santiago de Compostela, Miguel Sande falará sobre a súa novela A vida fóra, publicada en Galaxia, cos membros do clube de lectura Implicados.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Coruña: presentación de A vida fóra, de Miguel Sande

O martes 22 de novembro, ás 19:30 horas, no Kiosko Alfonso da Coruña, preséntase a novela de Miguel Sande A vida fóra, publicada na Editorial Galaxia. No acto, en que participan, xunto ao autor, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xosé Luís Vilela e Carlos Lema, actuará un grupo de violinos e canto do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro e outras sorpresas. Crónica posterior en Galaxia.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arteixo: coloquio con Miguel Sande sobre a súa obra A vida fóra

O mércores 16 de novembro, ás 18:00 horas, no Clube de Lectura de Arteixo, Miguel Sande falará sobre a súa novela A vida fóra, publicada en Galaxia.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Carballo: actividades do domingo 28 de agosto na Praza dos Libros

Dentro da Praza dos Libros, Feira Literaria organizada polo Concello de Carballo, que se desenvolve até este domingo 28 de agosto no Xardín Municipal, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 horas, terán lugar as seguintes actividades literarias o no seu último día, domingo 28 de agosto:

- 12:30 h. Presentación de A ciencia no punto de Mira, de Jorge Mira, publicado por Auga Editora. No acto participan, acompañando ao autor, Santi Garrido e José María de la Viña.
- 19:30 h. Presentación da nova serie infantil A familia Caravana, de Pepe Carreiro, publicada en Edicións do Cumio. No acto participan, xunto ao autor, Milagros Lantes e Francisco Villegas.
- 20:00 h. Miguel Sande asinará exemplares do seu libro A vida fóra, publicado en Galaxia.

O programa completo pódese descargar aquí: Praza dos Libros Carballo 2011.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Viveiro: actividade máis destacada do martes 16 na Feira do Libro

Remata a 15º Feira do Libro de Viveiro, que se celebra nos Xardíns Noriega Varela até o martes 16 de agosto, con horarios de 12:00 a 14:00 h. polas mañás e de 18:00 a 22:00 h. polas tardes.

A actividade máis destacada deste último día é a seguinte:
- 20:30 h. Presentación do libro A vida fóra, de Miguel Sande, publicado en Galaxia. Xunto ao autor participa no acto Carlos Nuevo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Barreiros: presentación de A vida fóra, de Miguel Sande

O sábado 6 de agosto, ás 21:00 horas, no Museo Eido Dourado (Praia da Pasada, San Miguel de Reinante, Barreiros), preséntase o libro A vida fóra, de Miguel Sande, publicado en Galaxia. No acto terá lugar unha actuación dos músicos de Kepa Junkera.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Coruña: actividades do xoves 4 na Feira do Libro

Estas son as actividades máis destacadas previstas para o xoves 4 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro da Coruña, ubicada, como cada ano, nos Xardíns de Méndez Núñez, e que permanecerá aberta até o 10 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 h., e de 18:00 a 22:00 horas:

- 18:30 h. Presentación da obra gañadora no Premio Barriga Verde 2010, para textos dirixidos para monicreques (modalidade infantil), titulada Fábula galénica, obra de Inacio, escritor, director e fundador da compañía de monicreques Fantoches Baj, que, ao tempo, fará unha lectura narrada da súa obra para os máis pequenos.
- 19:00 h. Carlos Vázquez Padín asinará exemplares do seu libro Galeguismo e liberdade. Propostas para o século XXI, publicado por 2.0 Editora, na colección Supertextos.
- 19:30 h. Presentación da novela Noah Barleywater escapa da casa, de John Boyne, publicada por Faktoría K. Participará no acto o tradutor do libro, Carlos Acevedo, e un representante da editorial.
- 20:30 h. Galaxia presenta o libro Cociñando ao pé da letra. Participarán no acto Yolanda Castaño, Andrea Costas, coordinadoras do mesmo, Víctor F. Freixanes, en representación da editorial, e dous escritores que cociñan no libro: Xabier P. DoCampo e Lucía Aldao.
- 21:00 h. Miguel Sande asinará exemplares do seu libro A vida fóra, publicado en Galaxia.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Miguel Sande: «Hai que escoitar aos vellos»

Entrevista a Miguel Sande en La Voz de Galicia:
«- La Voz de Galicia (LVG): ¿Esta [A vida fóra] é a historia de alguén que non fai outra cousa que observar?
- Miguel Sande (MS): Xurdiu así desde o primeiro momento. Está escrita desde a perspectiva dunha observadora, unha muller vella que mira como suceden cousas comúns. É un personaxe inspirado na miña avoa, nos seus últimos anos. Ela falaba e eu escoitaba.
- LVG: Tamén é unha obra contada minuto a minuto.
- MS: Transcorre nunha tarde e esa é outra das circunstancias dos vellos que observan. Eu quería que o tempo fose real.
- LVG: ¿O libro tamén é unha reivindicación das persoas maiores?
- MS: Hai que escoitar aos vellos. Eles son a maioría, pero témolos arrecunchados. Non é un texto para vellos nese sentido, pero si que é un texto que quere romper coa visión prototípica que ten a sociedade dos vellos, porque os miramos tristes ou insignificantes, pero están moi lonxe deles. A protagonista di que quere morrer, pero pinta as uñas. É unha contradición que deixa claro que son moito máis vitalistas e teñen máis enerxía do que moitas veces parece. Eles falan como se xa non houbera máis que facer, pero logo a súa actitude é moi diferente. Esa contraposición quería contala.»

Chuzame! A Facebook A Twitter