Vigo: Festival Internacional de Poesía PoemaRia 2017

Poemas e poetas gañadores do 1º certame aRi(t)mar Galiza e Portugal

OAritmar Equipo de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela en colaboración cos departamentos de galego e de portugués organizaron o 1º certame aRi(t)mar Galiza e Portugal, que ten por obxectivo dar a coñecer e difundir a poesía e a música editada en 2015 na Galiza e en Portugal, así como achegar a cultura e a lingua dos dous países.
Foron elixidos os poemas e poetas gañadoras:
Galiza
– Gañador: O corazón (María do Cebreiro, O Deserto)
– 2º posto: Engano (Baia Fernández de la Torre, Unha viaxe de ruminantes)
– 3º posto: dezaseis (María Lado, oso, mamá, si?)
Portugal
– Gañador: Não sei, minha filha… (José Ricardo Nunes, Andar a Par)
– 2º posto: Eva e Lilith (Nuno Júdice, Convergência dos Ventos)
– 3º posto: Não sei como dizer, e todavia (Ana Luísa Amaral, E Todavia)”

A relación de todos os poemas e poetas finalistas pódese consultar picando en Poesías Galiza e Poesías Portugal.

Compostela: presentación de Escuro, de Ana Luísa Amaral

AAna Luísa Amaral terza feira 10 de febreiro, ás 19:00 horas, na Ciranda (Rúa Travesa, 7, baixo) de Santiago de Compostela, Ana Luísa Amaral presenta o seu máis recente libro, Escuro, publicado por Assírio e Alvim. No acto, xunto á autora, participa Carlos Quiroga.

A Coruña: recital de Marta Dacosta e Ana Luísa Amaral no Ciclo Poetas Di(n)versos, o luns 9 de febreiro

OMarta Dacosta luns 9 de febreiro,Ana Luísa Amaral ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Marta Dacosta e Ana Luísa Amaral. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos febreiro 2015.

Santiago: II Diálogos Literarios do Gaiás, sobre Carlos Casares, o 1 e 2 de xuño

A Fundación Carlos Casares organiza, para os días 1 e 2 de xuño, os II Diálogos Literarios do Gaiás que, baixo a dirección de Román Raña, lembrarán a Carlos Casares no seu décimo cabodano amais de compartiren opinións e experiencias sobre o proceso literario. Aos Diálogos Literarios acódese mediante convite e realízanse a porta pechada, excepto a tradicional conferencia pública, que é de acceso libre e de balde, e que estará a cargo do académico José María Merino e do catedrático de Xeografía e Historia Bieito Iglesias. As persoas interesadas en participar nesta conferencia deben reservar praza online aquí. O programa é o seguinte:

Venres 1 de xuño:
10:00 horas: Recepción dos participantes.
10:30–11:45 horas: Pensar nas literaturas. Con Basilio Losada e Marina Mayoral. Modera: Luís G. Tosar.
12:30–13:30 horas: Coloquio.
13:30 horas: Acto de inauguración.
16:30–18:00 horas: Dez anos de poesía. Con Lasse Söderberg, Arcadio López-Casanova e Ana Luísa Amaral. Modera: Román Raña.
18:15–20:00 horas: Coloquio.

Venres 2 de xuño:
11:00–12:15 horas: Dez anos de narrativa. Con José María Merino e Bieito Iglesias. Modera: Rexina Vega.
12:30–14:15 horas: Coloquio.
14:15 horas: Acto de clausura.