Santiago: actividades destacadas do sábado 27 e domingo 28 de abril na Feira do Libro

O sábado 27 e domingo 28 de abril bota a andar a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda), cos seguintes actos literarios destacados:

Sábado 27:
- 19:00 h. A xornalista María Solar asinará exemplares do seu libro As meigas de Lupa publicado por Edicións Xerais.
- 20:00 h. 2.0 editora presenta a colección Xornalistas. Participarán no acto Xosé Manuel Pereiro, Xosé Precedo, Daniel Salgado e Antón Lado, editor.

Domingo 28:
- 18:30 h. Presentación das Obras Completas de Roberto Vidal Bolaño, publicadas por Edicións Positivas.
- 19:30 h. Contos Extraños Editora e Urco Editora, celebran o 3º Encontro da Nova Fantasía Galega, coa presentación dos libros Ninguén lembra, de Vanesa Santiago Vázquez, Contos de soños e sombras, de Ariza Piñeiro, Galiza mutante: Poder nuclear, de Tomás González Ahola e As crónicas de Bran: A revolta dos Mestres, de Xosé Duncan. Tamén haberá una charla coloquio entre editores, autores e lectores.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arteixo: presentación de Herdeiros pola forza, de Manuel Gago e Xurxo Ayán

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ribadeo: presentación de Prestige. Tal como foi, tal como fomos, de Xosé Manuel Pereiro

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ourense: presentación de Prestige. Tal como foi, tal como fomos, de Xosé Manuel Pereiro

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Coruña: presentación de Prestige. Tal como foi, tal como somos, de Xosé Manuel Pereiro

O martes 4 de decembro, ás 20:00 horas, no Café de Macondo (Rúa San Andrés, 106) da Coruña, preséntase Prestige. Tal como foi, tal como somos, de Xosé Manuel Pereiro, publicado en 2.0 Editora. No acto, xunto ao autor, participan Manuel Rivas, Xurxo Souto e o editor, Antón Lado.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Santiago: IX Simposio O libro e a lectura: O futuro da librería, o 9 de novembro

O IX Simposio O libro e a lectura vaise celebrar en Santiago o venres 9 de novembro, baixo o tema central de O futuro da librería. A xornada vai concitar en Compostela a destacados profesionais do sector do libro. Este foro vense celebrando ininterrumpidamente dende o ano 2004. A actividade está patrocinada por Cedro e organizada pola Asociación Galega de Editores. Colabora o Consello da Cultura Galega. As inscricións pódense realizar até o 6 de novembro neste correo: comunicacion@editoresgalegos.org. O avance do programa é o seguinte:

- 09:30 h. Recollida de documentación.
- 10:00 h. Sesión inaugural: intervención do presidente da AGE.
- 10:30 h. Conferencia inaugural: A comercialización do libro a través das canles das librerías. Desde o punto de vista da edición. Manuel Gil, editor. Presenta Manuel Bragado Rodríguez.
- 12:00 h. Panel de experiencias de éxito: A utilización das redes sociais nas librerías. Con Xosé Rodríguez Lois, de Redelibros (Vigo), Carlos Airas Cota, da Librería Aira das Letras (Allariz) e Damià Gallardo, de Librerías Laie (Barcelona). Presenta Antón Lado.
- 13:00 h. As Feiras do Libro, Antón Pedreira (Vicepresidente da Federación de Libreiros de Galicia). Presenta Xulio Amigo.
- 16:30 h. Mesa redonda: Os modelos de negocio das librerías. Con Librerías Nobel-Grupo Arnoia (Pontevedra), Enric Faura, de Edicat (Barcelona), Juan Carlos Febrero, Casa del Libro (Vigo) e Carlos Coira Nieto, de Libraría Trama (Lugo). Presenta Laura Rodríguez.
- 17:30 h. Conferencia O futuro da librería, Marià Marín i Torné, Secretario do Gremi de Llibreters de Catalunya. Presenta Belén López.
- 19:00 h. Conclusións.
- 19:30 h. Remate da xornada.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Manuel Bragado renova como presidente da Asociación Galega de Editores

“A Asemblea de socios da Asociación Galega de Editores reunida en sesións ordinaria e extraordinaria o 28 de xuño nas instalacións de Edicións Sotelo Blanco, acordou a renovación parcial da súa directiva e a incorporación como novo socio do selo compostelá Dardo Editorial, especilizado en arte e arquitectura, que pasa a formar parte da entidade gremial representativa do conxunto do sector editorial galego. Manuel Bragado fixo un repaso pola actividade dos dous anos de mandato e tamén manifestou que a nova directiva inicia unha nova etapa, convocando a próxima directiva para o 10 de xullo, data na cal se revisará o plan semestral, avanzarase na incorporación de propostas ao documento estratéxico do sector e se programarán diversas accións de promoción e formación. A directiva que dirixirá a entidade durante os dous próximos anos estará formada por Manuel Bragado Rodríguez, Presidente; Belén López Vázquez, Vicepresidenta; Laura Rodríguez Herrera, Secretaria; Xelasio Suárez Santiso, Tesoureiro; Xulio Amigo Estrada, Vogal coordinador de Culturgal; Xosé Aldea Moscoso, Vogal; Benigno Paz Ramos, Vogal; Antón Lado Lago, Vogal e Francisco Sánchez, Vogal.” Vía AGE.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Santiago: actividades destacadas do xoves 3 e venres 4 na Feira do Libro

Continúa a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda) con horarios de 12:00 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:00 h.
As actividades máis destacadas do xoves 3 e venres 4 de maio son as seguintes:

* Xoves 3:
- 19:00 h. Presentación dos libros Ruído de fondo, de Daniel Salgado e Os fillos do mar, de Pedro Feijóo, publicados por Xerais. Acompañará aos autores Manuel Bragado. Ao remate do acto, os escritores asinarán exemplares dos seus libros.

* Venres 4:
- 19:00 h. Presentación do libro Herdeiros pola forza, de Xurxo Ayán e Manuel Gago, publicado por 2.0 Editora. Xunto cos autores, participa no acto Antón Lado.
- 20:00 h. Presentación do libro Un pozo moi fondo, do doutor José Luís Iglesias Díaz, publicado por Galaxia. Xunto co autor, participan no acto Nieves Herrero e Francisco Castro.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Santiago: actividades destacadas do luns 30 de abril na Feira do Libro

Continúa a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda) con horarios de 12:00 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:00 h.
As actividades máis destacadas do luns 30 de abril son as seguintes:

- 19:00 h. O escritor Xosé Neira Vilas presenta o seu libro 100 anos do himno de Galicia publicado por Edicións Embora. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares das súas obras.
- 20:00 h. Presentación do libro A praza é nosa. Quen constrúe a democracia? de varios autores, coordinado polo xornalista Marcos Pérez Pena e publicado por 2.0 Editora. Participan no acto Marcos Pena, Antón Lado e varios dos autores da mesma.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Muros: presentación de A praza é nosa

Chuzame! A Facebook A Twitter