Feira do Libro da Coruña: actividades literarias destacadas do martes 1

O martes 1 de agosto comeza a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:

18:00 h. Presentación de Meu avó, rei das pequenas cousas, de João Manuel Ribeiro, publicado por Hércules. No acto, o autor estará acompañado por Armando Requeixo e Laura Rodríguez.
19:00 h. Presentación de Costa do Solpor. O regreso da Illa do Tesouro, de Xosé María Lema Suárez, publicado por Xerais. Con Manuel Bragado.
19:00 h. Presentación do proxecto Contos Estraños, a cargo de Xosé Duncan e Fernando M. Cimadevila. Na carpa das librarías.
19:45 h. Presentación de Conto x conto, de Anxo Moure, publicado por Baía Edicións. Na carpa infantil.
20:00 h. Fran Rei: A galiña azul, no Palco da Música.
20:30 h. Presentación O xogo de Babel, de Elena Gallego Abad, publicada por Xerais. Con Mercedes Queixas.
20:30 h. Sinatura de Anxo Fariña na Caseta da librería Lume.
21:15 h. Charla arredor de Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo, de Xurxo Mariño, publicada por Xerais.

Pontevedra: remata o Salón do Libro 2017

O domingo 2 de abril finaliza o Salón do Libro de Pontevedra 2017, que se celebra no Pazo da Cultura, cos seguintes horarios: de luns a venres, de 17:00 a 20:00 h., e sábados, domingos e festivos, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h.

O propio domingo 2 terán lugar os seguintes actos destacados dentro do seu programa:
11:30 h. e 17:30 h. Obradoiro: Na procura da cidade imaxinaria, con Anxo Fariña. A cidade imaxinaria non é doada de atopar. Precísase moita imaxinación, ganas de pasalo ben, e capacidade de ver outras “realidades ocultas”. Nesta actividade primeiro crearemos uns lentes especiais que nos permitan atopar as pistas ocultas por todo o Salón. E grazas a esta procura, poderemos crear o micro-conto “A cidade imaxinaria” que poderemos levar para casa con nós. Unha actividade que é un xogo, unha carreira, unha procura, e un conto. Atréveste a participar coa túa familia? A partir de 6 anos. Prazas limitadas (grupos de 10 familias). Inscrición previa. A inscrición é presencial. Achégate para apuntarte ás actividades que requiran inscrición previa no horario de apertura do Salón.
Ata esgotar as prazas.
12:00 h. e 18:30 h. Conto musicado: As portas de Escaquis. Lucía Aldao, María Lado e o Seminario Permanente de Jazz. Seguro que algunha vez desexáchedes que as cousas fosen diferentes. Non sei…que o verán non rematase! Que pasaría se puidésedes abrir unha porta e ver un mundo onde o verán nunca remata? Escaquis é unha estraña nena que ten a habilidade de abrir portas onde non as hai, pero… que pasa detrás desas portas? Vós, querido público, tedes o poder de escoller o que ocorre neste conto! Unha aventura polos mundos posibles baseada na novela Escaquis e Romeu de Antonio Manuel Fraga. Recinto Feiral. Público familiar.
12:30 h. Presentación da lista de honra IBBY Galix e Encontro con Ledicia Costas e Ramón Nicolás. A escritora Fina Casalderrey fará a lectura da mensaxe do Día Internacional do Libro Infantil 2017, que este ano preparou a sección IBBY-Rusia “Medremos co libro” do escritor Sergei Makhotin. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

Vigo: presentación de 4 xinetes, de Anxo Fariña

O xoves 16 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 27), terá lugar a presentació do libro 4 xinetes, de Anxo Fariña, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participa Anaír Rodríguez. Haberá unha sorpresa doce de “La Artesa. Pastelería creativa” e uns agasallos para as persoas asistentes.

Vigo: actos destacados na Feira do Libro para o xoves 7

OFeira do Libro de Vigo 2016 xoves 7 de xullo continúa a Feira do Libro de Vigo (na Porta do Sol, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:

20:00 h. Sinatura de A cacería, de Amadeo Cobas, publicado por Xerais, na caseta da secretaría da feira.
20:30 h. Presentación Horizonte de sucesos, de Anxo Fariña, publicado en Xerais. No acto estará acompañado por Manuel Bragado.