A Coruña: Gala das Letras da AELG 2013

Os 425 socios e socias da AELG xa escolleron os finalistas aos premios á mellor obra publicada no 2012 nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística. Nestes dous últimos casos tamén participaron na elección os asociados de Gálix e os membros do Colexio de Xornalistas respectivamente.
As obras gañadoras daranse a coñecer na Gala das Letras, un dos actos máis importantes na vida da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que comezará ás 20:00 do vindeiro sábado 4 de maio no Auditorio do Centro Ágora da Coruña.

Son finalistas as obras:

Blogs Literarios
- Caderno da crítica, de Ramón Nicolás
- Criticalia, de Armando Requeixo
- Versos e aloumiños, de Antonio García Teijeiro e Antón García-Fernández

Ensaio
- Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón (Xerais)
- O labirinto da saudade, de Luís G. Soto (Laiovento)
- Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás (Xerais)

Literatura Infanto-xuvenil
- Eu, pel, de Teresa González Costa (Xerais)
- O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas (Xerais)
- O neno can, de Fina Casalderrey e Francisco Castro (Galaxia)
- Palabras de auga, de Marcos Calveiro (Xerais)

Mellor traxectoria de Xornalismo Cultural en 2012
- Ana Romaní
- Blanca-Ana Roig Rechou
- Carme Vidal
- Fran P. Lorenzo
- Iago Martínez
- María Solar
- Moncho Paz
- Ramón Nicolás

Narrativa
- A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval (Xerais)
- As voces baixas, de Manuel Rivas (Xerais)
- Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño (Galaxia)
- Tonas de laranxa, de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón (Xerais)
- Verde oliva, de Xavier Alcalá (Galaxia)

Poesía
- Boca da cobra, de Francisco Salinas Portugal (Biblos)
- Emily on the road, de Ramón Blanco (Acha Escrava Editora)
- Fase de trema, de Lorena Souto (Espiral Maior)
- O silencio, de Mario Regueira (Xerais)
- Os ángulos da brasa, de Manuel Álvarez Torneiro (Faktoría K de libros)
- ruído de fondo, de Daniel Salgado (Xerais)

Teatro
- Banqueiros, de VV. AA. -Francisco Pillado, coordinador- (Laiovento)
- Novo teatro fantástico, de Manuel Lourenzo (Laiovento)

Tradución
- Cancioneiro, seguido das Rimas dispersas, de Francesco Petrarca, en tradución de Darío Xohán Cabana (Edicións da Curuxa)
- Carné de identidade, de Mahmud Darwix, en tradución de Moncho Iglesias e Samar Sabat (Barbantesa)
- Gretchen, miña nena, de Christine Nöstlinger, en tradución Isabel Soto (Oxford University Press)
- O home unidimensional, de Herbert Marcuse, en tradución de Jesús Saavedra (Universidade de Santiago)
- O sentido dun final, de Julian Barnes, en tradución de Xesús Fraga (Rinoceronte)

Alén destas categorías, os Premios AELG constan doutros tres galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG:

  • O premio Mestres e Mestras da Memoria, de nova creación, que se concede nesta primeira edición a Manuela Cortizo Medal e Ángel Rivas Veiga, por toda unha  vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional;
  • O Premio Institucións que se concede a quen contribuíse á divulgación da lingua e cultura galega, e que este ano será para o asociacionismo cultural representado por aquelas asociacións que, nacidas nas décadas dos 60 e 70, aínda manteñen a súa vitalidade e activismo cultural (Agrupación Cultural O Galo, Agrupaçom Cultural O Facho, Clube Cultural Valle Inclán, Agrupación Cultural Auriense, Agrupación Cultural Francisco Lanza, Agrupación Cultural Avantar, Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, Agrupación Cultural Lumieira, Sociedade Cultural Medulio, Associaçom Cultural Amig@s da Cultura de Pontevedra);
  • E mais o Premio AELG 2013 Escritora Galega Universal, outorgado pola Asemblea á escritora Lídia Jorge, galardón que a distingue como autora que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana.
  • Tamén se recoñecerán os Premios da Crítica Galega nas categorías de Narrativa e Poesía (Begoña Caamaño, por Morgana en Esmelle e Manuel Álvarez Torneiro por Os ángulos da brasa).

No transcurso da gala a AELG tamén entregará aos humoristas gráficos Siro López Lorenzo “Siro”, Xosé Lois González Vázquez “O Carrabouxo”, Xosé Ángel Rodríguez López “Gogue”, Xosé Carreiro Montero “Pepe Carreiro” e Xaquín Bieito Marín Formoso “Xaquín Marín” a distinción Bos e Xenerosos.

A Gala das Letras contará coas actuacións musicais de César Morán e Uxía Senlle, e é un acto aberto con entrada libre até completar aforo.

A duración prevista é de 2 horas, aínda que as obras gañadoras daranse a coñecer durante a primeira hora da Gala.

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ribeira: Xoves Literarios durante o mes de abril

Chuzame! A Facebook A Twitter

Trinta e seis obras finalistas compiten polos Premios AELG 2013

Os 425 socios e socias da AELG xa escolleron os finalistas aos premios á mellor obra publicada no 2012 nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística. Nestes dous últimos casos tamén participaron na elección os asociados de Gálix e os membros do Colexio de Xornalistas respectivamente.
As obras gañadoras daranse a coñecer na gala que terá lugar o 4 de maio no auditorio do Centro Ágora da Coruña.

Así pois, da conxunción de votos emitidos na primeira quenda resultaron finalistas:

Blogs Literarios
- Caderno da crítica, de Ramón Nicolás
- Criticalia, de Armando Requeixo
- Versos e aloumiños, de Antonio García Teijeiro e Antón García-Fernández

Ensaio
- Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón (Xerais)
- O labirinto da saudade, de Luís G. Soto (Laiovento)
- Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás (Xerais)

Literatura Infanto-xuvenil
- Eu, pel, de Teresa González Costa (Xerais)
- O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas (Xerais)
- O neno can, de Fina Casalderrey e Francisco Castro (Galaxia)
- Palabras de auga, de Marcos Calveiro (Xerais)

Mellor traxectoria de Xornalismo Cultural en 2012
- Ana Romaní
- Blanca-Ana Roig Rechou
- Carme Vidal
- Fran P. Lorenzo
- Iago Martínez
- María Solar
- Moncho Paz
- Ramón Nicolás

Narrativa
- A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval (Xerais)
- As voces baixas, de Manuel Rivas (Xerais)
- Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño (Galaxia)
- Tonas de laranxa, de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón (Xerais)
- Verde oliva, de Xavier Alcalá (Galaxia)

Poesía
- Boca da cobra, de Francisco Salinas Portugal (Biblos)
- Emily on the road, de Ramón Blanco (Acha Escrava Editora)
- Fase de trema, de Lorena Souto (Espiral Maior)
- O silencio, de Mario Regueira (Xerais)
- Os ángulos da brasa, de Manuel Álvarez Torneiro (Faktoría K de libros)
- ruído de fondo, de Daniel Salgado (Xerais)

Teatro
- Banqueiros, de VV. AA. -Francisco Pillado, coordinador- (Laiovento)
- Novo teatro fantástico, de Manuel Lourenzo (Laiovento)

Tradución
- Cancioneiro, seguido das Rimas dispersas, de Francesco Petrarca, en tradución de Darío Xohán Cabana (Edicións da Curuxa)
- Carné de identidade, de Mahmud Darwix, en tradución de Moncho Iglesias e Samar Sabat (Barbantesa)
- Gretchen, miña nena, de Christine Nöstlinger, en tradución Isabel Soto (Oxford University Press)
- O home unidimensional, de Herbert Marcuse, en tradución de Jesús Saavedra (Universidade de Santiago)
- O sentido dun final, de Julian Barnes, en tradución de Xesús Fraga (Rinoceronte)

Na segunda fase, xa en andamento, os asociados e asociadas decidirán as obras gañadoras.

Alén destas categorías, os Premios AELG constan doutros tres galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG:

  • O premio Mestres e Mestras da Memoria, de nova creación, que se concede nesta primeira edición a Manuela Cortizo Medal e Ángel Rivas Veiga, por toda unha  vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional;
  • O Premio Institucións que se concede a quen contribuíse á divulgación da lingua e cultura galega, e que este ano será para o asociacionismo cultural representado por aquelas asociacións que, nacidas nas décadas dos 60 e 70, aínda manteñen a súa vitalidade e activismo cultural (Agrupación Cultural O Galo, Agrupaçom Cultural O Facho, Clube Cultural Valle Inclán, Agrupación Cultural Auriense, Agrupación Cultural Francisco Lanza, Agrupación Cultural Avantar, Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, Agrupación Cultural Lumieira, Sociedade Cultural Medulio, Associaçom Cultural Amig@s da Cultura de Pontevedra);
  • E mais o Premio AELG 2013 Escritora Galega Universal, outorgado pola Asemblea á escritora Lídia Jorge, galardón que a distingue como autora que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana.

No transcurso da gala a AELG tamén entregará aos humoristas gráficos Siro López Lorenzo “Siro”, Xosé Lois González Vázquez “O Carrabouxo, Xosé Ángel Rodríguez López “Gogue”, Xosé Carreiro Montero “Pepe Carreiro” e Xaquín Bieito Marín Formoso “Xaquín Marín” a distinción Bos e Xenerosos.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Blanca Roig Rechou fala de literatura infantil

Chuzame! A Facebook A Twitter

Cos Merlín no Porto

Desde Brétemas, o blogue de Manuel Bragado:
“Foi intensa a xornada na Escola Superior de Educação do Porto participando nos décimo oitavos Encontros Luso-Galaico-Franceses do Livro Infantil e Juvenil. Particular interese para nós tivo a xornada de tarde na que se celebrou un encontro con escritores galegos premiados no Merlín (Fina Casalderrey, Ramón Caride, Antonio García Teijeiro e Marcos Calveiro), senllas sesións arredor de propostas de lectura na aula das novelas xuvenís de Ramón Caride e Agustín Fernández Paz, e un recital poético no que participou Antonio García Teijeiro, xunto a Vergílio Alberto Vieira e João Pedro Mésseder. Abríu o encontro cos escritores galegos Fina Casalderrey que comezou a súa intervención situando a colección Merlín como “imprescindible para tomarlle a temperatura a literatura infantil e xuvenil en Galicia”, afirmando despois que “se nalgún sitio me sentín máis libre foi en Xerais, onde as únicas ataduras son a ética e a estética. Calquera tema pode ser tratado a calquera idade. Na colección Merlín cabe o mundo enteiro”. Tras relatar a súa experiencia como gañadora do Merlín en 1991, cando se concedeu no Círculo das Artes de Lugo, rematou expresando a ledicia que lle proporcionaban esas “cartas de amor” que recibe decote dos lectores e defendendo o valor para todos da literatura infantil. Ramón Caride confesou na súa intervención que “foi un soño recibir o Premio Merlín co primeiro libro infantil que escribira”. Atribuíu o éxito da colección Merlín “a un traballo editorial ben feito” e “á renovación e reinvención constante da colección”. Comezou a súa intervención Antonio García Teijeiro reivindicando ao poeta como “roubaversos” para despois relatar que foi a súa muller quen presentou o orixinal, que rematara na casa de Rafael Alberti, ao premio Merlín, “Un premio que ten algo que non teñen os demais, quizais os mellor dos organizados en España”. Rematou as súas palabras apelando ao valor da poesía: “Todos os poetas do mundo fixemos medrar unha gran árbore universal, na que penduramos os nosos poemas, onde cabemos todos. Levo loitando toda a miña vida a prol da poesía. Amade a poesía, non lle teñades medo. Citando ao meu amigo o poeta Fran Alonso ‘a poesía non traba, non morde, sabe a chocolate, sanda as feridas’. Lede poesía”. Por último intervíu Marcos Calveiro que comezou a súa intervención confesando que este ano se presentara ao Merlín “porque xa o perdera noutras ocasións”, “no Merlín está o ADN da LIX galega, coa excepción de Docampo e Martín, que non se presentaron”. A continuación explicou as razóns da súa escrita: “escribo para non perder aquel capitán de quince anos que fun, un lector voraz. Todos os meus libros son un exercicio de nostalxia daquel lector de quince anos, cando un libro podía mudarte a vida. Esa sensación nunca a volvín ter, nunca”. Rematou salientando a súa convicción que que “escribir é unha das cousas máis divertidas do mundo. Escribir e ler son dúas dimensións da mesma realidade. Para escribir hai que ser lector”. Pechou o encontro unha breve intervención de Blanca-Ana Roig Rechou quen definíu “a literatura infantil e xuvenil como aquela que nos acompaña da nenez á vellez”. A pesar de que na viaxe de regreso choveu os sete choveres, volvimos todos moi satisfeitos, unha xornada literaria que pagou a pena. (…)”.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Coruña: presentación das coleccións infantís As amizades de Hércules e Os Imperdibles de Hércules

Chuzame! A Facebook A Twitter

Os Premios da Crítica Galicia 2012 ditaminaranse o sábado 17 de novembro

O ditame dos xurados desta 35ª edición dos Premios da Crítica Galicia será coñecido o sábado 17 de novembro de 2012 no decurso dunha cea que se celebrará en Vigo, no Hotel Os Escudos, a partir das 20:30 horas. A xunta directiva da Fundación Premios da Crítica Galicia nomeou xa os membros dos xurados de cada unha das modalidades, Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais, Artes Plásticas e Visuais e Artes Escénicas e Audiovisuais.
O xurado da modalidade Creación Literaria está composto por Ana Romaní (escritora, gañadora da edición 2011 de Creación Literaria), Fina Casalderrey (escritora, Premio Nacional de Literatura Infantil), Olivia Rodríguez González (profesora da UDC, Sección de Crítica da AELG), Xavier Lama (escritor e xornalista), Isabel Mociño González (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, profesora da UDV), Luciano Rodríguez (profesor da UDC), e Blanca-Ana Roig Rechou (secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia).

Chuzame! A Facebook A Twitter

Santiago: presentación de A narrativa xuvenil a debate (2000-2011)

O venres 7 de setembro, ás 11:00 horas, nas instalacións da Biblioteca da Fundación Novacaixagalicia de Santiago de Compostela (Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16, baixo), presentarase o libro A narrativa xuvenil a debate (2000-2011) da Rede Temática de Investigación LIJMI, publicado en Xerais. No acto participará Blanca-Ana Roig Rechou, coordinadora da obra e Manuel Bragado.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Vigo: II Xornadas Internacionais de Crítica e Investigación en literatura infantil e xuvenil

O xoves 10 e venres 11 de maio, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, e baixo a organización de ANILIJ. Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil e ELOS. Asociación Galego-Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e J/Xuvenil, celébranse as II Xornadas Internacionais de Crítica e Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil, co título A familia na Literatura Infantil e Xuvenil, co seguinte programa:

* Xoves 10 de maio:
- 14:30 h. Recollida de material.
- 15:45 h. Inauguración e entrega I Premio Internacional de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil.
- 16:00 h. Conferencia plenaria a cargo de Ana Margarida Ramos (Univ. Aveiro, Portugal). As familias non tradicionais na Literatura Infantil e Xuvenil. Presenta: Blanca-Ana Roig Rechou (USC).
- 17:00 h. Mesa de autores: An Alfaya, Fina Casalderrey e Agustín Fernández Paz. Presenta e modera: Isabel Mociño González (Uvigo).
- 18:30-20:30 h. Ponencias (Salón de Actos). Modera: Mar Fernández Vázquez (USC):
* Beatriz Soto Aranda (UCM). La LIJ de temática arabo-islámica traducida al castellano: las relaciones familiares y la construcción de la identidad en la segunda generación.
* Maria da Graça Sardinha e João Machado (Univ. Beira Interior/I. P. Castelo Branco). A família e a identidade cultural dos jovens: leituras do PNL (Portugal).
* María del Mar Muñoz Prieto e María Sandra Fragueiro Barreiro (Escola Universitaria de Maxisterio de Vigo). El papel de los cuentos de hadas en el desarrollo infantil.
* María José Corvo Sánchez (Uvigo). Backfischliteratur: siglo XIX.
* Mª Jesús Barsanti Vigo (Uvigo). La educación y la familia en los refranes.
* Mar Fernández Vázquez (Univ. Santiago de Compostela). Rupturas familiares a causa de la guerra civil española en las novelas juveniles en gallego de Marina Mayoral.
- 18:30-20:30 h. Ponencias (Salón de Graos). Modera: Carmen Ferreira Boo (USC):
* Pilar González Vera (Univ. Zaragoza). Cenicienta, Bianca y Mulán, la representación de la mujer a lo largo de la historia.
* Elvira Luengo Gascón (Univ. Zaragoza). Los juegos del Oulipo en los relatos de Ana Maria Machado. Trenza de gentes, familia y género.
* Blanca-Ana Roig Rechou e Isabel Mociño González (Univ. Santiago de Compostela/Uvigo). Los abuelos de Chema Heras.
* Juan Senís Fernández (Univ. Zaragoza). Las madres tontas: las problemáticas relaciones materno-filiales en la literatura infantil de Carmen Martín Gaite.
* Geovana Gentili Santos (Universidade Estadual Paulista “Júlio de Mesquita Filho”, UNESP/Univ. Santiago de Compostela). La representación de la familia en Ana María Machado.
* Carmen Ferreira Boo (Univ. Santiago de Compostela). La representación de la familia en las obras A Cabeza de Medusa y Rúa Carbón de Marilar Aleixandre.

* Venres 11 de maio:
- 10:00 h. Conferencia plenaria a cargo de la Dra. Gloria Bazzocchi (Univ. Bolonia, Italia). Los ancianos, maestros de vida: algunos ejemplos de la estrecha relación que se establece entre niños y abuelos en la Literatura infantil. Presenta: Veljka Ruzicka Kenfel (Uvigo).
- 11:00-12:00 h. Mesa de tradutores: Rosa Marta Gómez Pato, Antón Palacio Sánchez e María Reimóndez Meilán. Modera: Lourdes Lorenzo García (Uvigo).
- 12:30-14:00 h. Ponencias (Salón de Actos). Modera: Liliana Dorado (Hope College, Michigan, USA):
* Maria da Conceição Tomé e Glória Bastos (CEMRI, Portugal). Entre a ordem e o caos… Representações da família na literatura juvenil portuguesa contemporânea.
* Lourdes Lorenzo García e Beatriz Rodríguez Rodríguez (Uvigo). Un tío célebre y una sobrina desconocida: la relación entre don Quijote y Antonia Quijana en las adaptaciones literarias para niños y jóvenes a la lengua inglesa.
* Celia Vázquez García (Uvigo). No es fácil romper los hilos de la tradición: Lenta transformación de los estereotipos de género. Busquemos culpables.
Fernando Fraga de Azevedo (CIEC-Universidade do Minho). “O Clube dos Afetos: apontamentos sobre as representações da família em clássicos da Literatura Infantil e Juvenil”
* Paula Cristina de Sousa Marques e Fernando F. Azevedo (CIEC, Universidade do Minho). Literatura Infantil, Imaginário e Valores Interculturais: apontamentos para uma pedagogia desde o jardim-de-infância.
- 12:30-14:00 h. Ponencias (Salón de Graos). Modera: Geovana Gentili Santos (UNESP/USC):
* Liliana Costa (Universidade do Minho). Mouschi ao colo de Anne Frank. A família e a guerra no diário de Anne Frank e na reinterpretação de José Jorge Letria.
* Eva María Villar Secanella (Univ. Zaragoza). La memoria y los ayudantes de la heroína transmisores de este conocimiento.
* Gema Lasarte Leonet (Univ. del País Vasco). Análisis de la pluralidad de formas de convivencia y la familia en la LIJ vasca.
* Sandra Sánchez, Santiago Yubero e Elisa Larrañaga (CEPLI-Univ. Castilla-La Mancha). La lectura en la intervención con hijos de mujeres maltratadas.
* Sandra Sánchez, Santiago Yubero e Elisa Larrañaga (CEPLI-Univ. Castilla-La Mancha). Materiales para el fomento de la lectura en contextos familiares.
- 16:00-17:00 h. Mesa de editores: Xosé Ballesteros (Kalandraka), Manuel Bragado (Edicións Xerais de Galicia), Francisco Castro (Galaxia) e Nati de la Puerta (A-fortiori Editorial). Modera: Eulalia Agrelo Costas (USC)
- 17:00-18:30 h. Ponencias (Salón de Actos). Modera: Carina Rodrigues (Univ. Aveiro):
* Xavier Mínguez López (Universitat de València). Los nuevos modelos de familia en el paradigma de la interculturalidad.
* Alba Alonso Feijoo (Uvigo). La Familia del Nuevo Niño en la Literatura Infantil del Siglo XXI. Un Estudio de Caso: My Princess Boy de Cheryl Kilodavis.
* Sara Reis da Silva (IE-Universidade do Minho). Representações da família nos Contos de Grimm para Meninos Valentes, de Alice Vieira.
* Lúcia Barros, Ana Barbosa, Carminda Lomba e Augusta Almeida (Agrupamento de Escolas, norte de Portugal). Lê para mim que depois eu conto… Literatura infantil e mediação leitora.
* Carmen García Surrallés (Univ. Cádiz). Nuevas relaciones maternofiliales en la LIJ.
* Mercè Masnou Ferrer (Univ. Autónoma de Barcelona). Familias de heroínas desde los tiempos de Dickens.
- 17:00-18:30 h. Ponencias (Salón de Graos). Modera: Vanessa Regina Ferreira da Silva (UNESP/USC):
* Fermín Ezpeleta Aguilar (Univ. Zaragoza). Familia y colegio en dos novelas juveniles de los 50: Pedrito de Andía y La vida sale al encuentro.
* Alexandra Martí (Univ. A Coruña). Las princesas en los cuentos infantiles clásicos: ¿Mujeres-objeto o mujeres-sujeto?.
* Iria Míguez Seoane (Uvigo). La figura del abuelo en la obra de Fina Casalderrey.
* Xulio Pardo de Neyra (Univ. A Coruña). Familia e tradición na simboloxía androcéntrica das sereas na LIX.
* Gemma Castillo Membrive (Uvigo). Audiodescripción para niños.
* Vanessa Regina Ferreira da Silva (Universidade Estadual Paulista “Júlio de Mesquita Filho-UNESP/Univ. Santiago de Compostela). Estudio comparado de la familia en Corda bamba (1988), de Lygia Boyunga Nunes y A filla do ladrón de bicicletas (2010), de Teresa González Costa.
- 18:45 h. Acto de clausura.
- 19:00-20:00 h. Asemblea de socios ANILIJ-ELOS.

Chuzame! A Facebook A Twitter

IX Curso de Formación Continua: Narrativas xuvenís no século XXI (2000-2010). Tendencias e correntes

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega colabora, mediante o patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, coa Universidade de Santiago neste curso de postgrao.

Aquelas persoas interesadas en matricularse poden enviar cuberta e escaneada a folla de preinscrición a algún destes correos electrónicos: marta.neirarodriguez@ceu.es ou blanca.roig@usc.es acompañada dun escaneo do documento de identidade, no máis breve prazo posíbel.
O presente curso ten como finalidade formar e informar o alumnado participante dunha temática, as Literaturas Infantís e Xuvenís dos ámbitos lingüísticos ibéricos, xeralmente excluída dos planos de estudo das licenciaturas, diplomaturas e graos e, con todo, dunha transcendencia fundamental en ámbitos básicos como a formación lectora e a expresión escrita no mundo das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC). Tenta analizar estas literaturas dende un enfoque comparativo para dar a coñecer que axentes literarios se presentan máis débiles en cada ámbito lingüístico. Nesta edición, o tema específico a tratar é NARRATIVAS XUVENÍS NO SÉCULO XXI (2000-2010). TENDENCIAS E CORRENTES.

- Directora: Blanca-Ana Roig Rechou, da Universidade de Santiago de Compostela.
- Coordinación e Secretaría: Marta Neira Rodríguez, da Universidade de Vigo, e Isabel Soto López, da Universidade de Santiago de Compostela.
- Carga lectiva e número de prazas: 60 horas (2 créditos de libre configuración, non acumulativos) para licenciaturas e diplomaturas. Número de prazas: 125.
- Datas de realización:
* Parte virtual: Do 28 de xuño ao 31 de xullo de 2012.
* Parte presencial: Do 4 ao 7 de setembro de 2012.
- Lugar:
* Parte virtual: Inauguración: 28 xuño de 2012, de 9:00-14:30 e 16:00 a 20:30 h. Facultade de Filoloxía (Campus Norte). Salón de Graos.
* Parte presencial: Biblioteca NovaCaixaGalicia, Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16. 15701. Santiago de Compostela
- Requisitos de acceso: Profesionais do ensino, alumnado das facultades de Ciencias da Educación, da Comunicación, Xornalismo, Audiovisual, Publicidade), Maxisterio, Xeografía e Historia, Humanidades, Filoloxías, Tradución e Interpretación, profesionais de bibliotecas e calquera persoa interesada.
- Matrícula:
* Preinscrición: Ata o 30 de marzo de 2012.
* Formalización: Do 16 de abril ao 15 de xuño de 2012.
- Prezo e prazo de pagamento: 90 euros, nun único prazo para matrícula.
- Información:
* Biblioteca NovaCaixaGalicia. Telf. 981 59 34 67. Correo: bibliofundacion@caixagalicia.es
* Universidade de Vigo. Marta Neira Rodríguez. Correo: marta.neirarodriguez@ceu.es
* Universidade de Santiago. Blanca Roig. Correo: blanca.roig@usc.es ou na páxina do Centro de Posgrao.
* Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Correo: oficina@aelg.org
- Organizan:
* Universidade de Santiago de Compostela.
* Departamento de Filoloxía Galega.
* Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
- Colaboran:
* Centro Ramón Piñeiro para Investigación en Humanidades (CRPIH).
* Biblioteca NovaCaixaGalicia.
* Edicións Xerais de Galicia.
* Rede temática As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano.
* Asociacións: ANILIJ e ELOS.
* Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes(CIPPCE)-USC.

Programa parte virtual:
1. As Literaturas Infantís e Xuvenís no marco ibérico. Bibliografía básica.
2. Narrativas xuvenís no século XXI (2000-2010). Tendencias e correntes.
2.1. Estudos teóricos.
2.2. Selección de obras para o mediador.
2.3. Comentarios de narrativas xuvenís.
3. Ferramentas de comunicación: foros, charlas e correo electrónico co alumnado e profesorado.
4. AVALIACIÓN a partir dun comentario sobre o material proporcionado (entregarase ao recoller o material do curso presencial).

Programa parte presencial:
Martes 4 de setembro:
- 09:00-10:00 h. Recollida de material.
- 10:00-11:00 h. Inauguración: Directora do curso e Director da Biblioteca NovaCaixaGalicia.
- 11:00-12:00 h. Informe sobre docencia e investigación 2011-2012 na LIX a partir dos Informes de Literatura (CRPIH): Carmen Ferreira Boo e Mar Fernández Vázquez (AELG/USC).
- 12:00-12:30 h. Pausa.
- 12:30-14:30 h. Os inicios da Literatura Xuvenil: Xosé Neira Vilas. Conversa con Blanca-Ana Roig (AELG/USC).
- 16:00-18:00 h. A ficción científica: Ramón Caride e Anxo Fariña. Conversa con Isabel Mociño (AELG/USC).
- 18:00-18:30 h. Pausa.
- 18:30-20:30 h. Misterio e humor: Santiago Jaureguizar e Pepe Carballude. Conversa con Eulalia Agrelo (AELG/USC).

Mércores 5 de setembro
- 09:00-10:30 h. A tradución das narrativas xuvenís ao galego. Pilar Bendoiro (USC).
- 10:30-12:00 h. Técnicas tradutolóxicas nas narrativas xuvenís. Lourdes Lorenzo (UVigo).
- 12:00-12:30 h. Pausa.
- 12:30-14:30 h. Novela histórica e Guerra Civil: An Alfaya e Francisco Castro. Conversa con Marta Neira (AELG/UVigo.CEU).
- 16:00-18:30 h. Novas formas literarias: Rosa Aneiros e Marcos Calveiro. Conversa con Vanessa Ferreira da Silva (USC).
- 18:30-19:00 h. Pausa.
- 19:00-20:30 h. A construción literaria nas obras de Marilar Aleixandre e António Mota. Conversa con Ana Margarida Ramos (Universidade de Aveiro).

Xoves 6 de setembro
- 09:00-11:30 h. A ilustración destinada ao público xuvenil no proxecto de El Patito Editorial. Fausto Isorna e Gemma Sesar (El Patito Editorial).
- 11:30-12:00 h. Pausa.
- 12:00-14:30 h. A fotografía como ilustración para as narrativas xuvenís. José Mª Mesías (UdC).
- 16:00-17:45 h. Informes dos investigadores da Rede sobre a LX nos ámbitos castelán, catalán, galego, portugués, vasco e no ámbito iberoamericano. Conversa con Isabel Soto (AELG/USC) e Blanca-Ana Roig (AELG/USC).
- 17:45-18:15 h. Os novos portais da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes de autores de LIX: Agustín Fernández Paz (Galicia) e Ema Wolf (Arxentina). Ramón Llorens (Universitat d’Alacant).
- 18:15-18:30 h. Pausa.
- 18:30-20:30 h. Obradoiro de creación literaria. AELG.

Venres 7 de setembro
- 09:00-11:00 h. Contos do demo. Espectáculo de narración oral. Inacio.
- 11:00-12:00 h. Presentación do libro A narrativa xuvenil a debate (2000-2011). Manuel Bragado, Blanca-Ana Roig e Alexia Dotras.
- 12:00-12:30 h. Pausa.
- 12:30-13:30 h. Clausura.
- 13:30-14:30 h. Entrega de certificados de participación. Reitor ou representación, Director do Departamento de Filoloxía Galega, Presidente da AELG, Directora do curso.

Chuzame! A Facebook A Twitter