Brión: representación de Memoria das Memorias dun neno labrego

Coa presenza de Xosé Neira Vilas.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Diana Varela gaña o Premio Estornela de Teatro para nenos

Desde Fervenzas Literarias:
“O xurado do Premio Estornela de Teatro para nenos, reunido en Gres (Vila de Cruces) acordou fallar a VII edición de dito premio en favor de Diana Varela Puñal, pola súa obra Arlequino Viceversa. A decisión do xurado foi unánime.
Da obra gañadora os membros do xurado, composto por Xosé Neira Vilas (presidente), Juan Andrés Fernández Castro e Luís Reimóndez (secretario), apreciaron o ben logrado movemento escénico, a amenidade da trama, o léxico rico e asequible, a alusión á cultura popular (entroido, filloas, etc), a cordial relación interxeracional e a transmisión de valores humanos integrada no seo da familia, así como a relación cordial entre nenos e nenas.
Dada a calidade das obras presentadas, o xurado considerou oportuno conceder mencións de honra ás obras A fraga das árbores das palabras, de Carlos Labraña e O corazón do bosque, de Lino Braxe.
A entrega dos premios terá lugar na Fundación Xosé Neira Vilas o próximo domingo 16 de decembro ás 17:00 h., nun acto no que participará o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, o alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero e o propio escritor Xosé Neira Vilas. Haberá unha representación escénica a cargo do coñecido actor vigués Cándido Pazó.”

Chuzame! A Facebook A Twitter

Santiago: presentación de Tinta, de Inma López Silva

O mércores 24 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, Inma López Silva presenta o seu novo libro, Tinta, publicado en Galaxia. No acto estará acompañada por Víctor F. Freixanes e Cándido Pazó.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Pontevedra acolle Sete falares, encontro de contadores de historias, entre o 8 e o 10 de xuño

“Rosana Mont’Alverne, de Brasil, Tim Bowley do Reino Unido, Clara Haddad de Portugal e os galegos Pavis-Pavós, Cándido Pazó, Fina Casalderrey, Charo Pita, Paula Carballeira e Andrea Bayer. Estes son os participantes en Sete falares, o encontro internacional de contadores de historias que se celebra en Pontevedra entre os días 8 e 10 de xuño. Os narradores participantes amosarán as súas habilidades en diferentes lugares da cidade como Centro de Interpretación das Torres Arcebispais, a Casa das Campás e mesmo nun barco durante un percurso pola Ría.” Vía Cultura Galega.

Chuzame! A Facebook A Twitter

O Couto, Ponteceso: actos literarios do venres 18 de maio, no Festiletras

Festiletras, o festival literario que cada ano se celebra no Couto (Ponteceso) arredor do Día das Letras chega ao seu 30 aniversario. E faino cun programa que se prolongará desde o día 16 ao 20 deste mes e que inclúe máis de trinta actos entre concertos, actuacións teatrais, presentacións literarias, maxia ou contacontos. Destacamos nomeadamente os actos do venres 18 de maio:

- 10:00-11:30 h.
* Na Escola Infantil A Galiña Azul (Ponteceso): animación literaria a cargo das fadas pondalianas (Bergantiños, Baltar e Rouriz) e Silvia Losada.
* No CEIP As Forcadas (Corme): animación literaria a cargo de Xoán Babarro arredor da novela O dragón de Gondomil. Concurso de Galeoke animado polo colectivo Tinta de Lura.
* No CEIP Eduardo Pondal (Ponteceso): animación literaria a cargo de Ana María Fernández arredor de Rosalía de Castro. Do A ó Z. Concurso de Galeoke animado polo colectivo Tinta de Lura.
* Na Fundación Eduardo Pondal (salón de actos). Con presenza de Xelucho Abella Chouciño (Gundar e o cabalo de oito patas), animación musical a cargo de Gloria Mosquera de Mamá Cabra e o acordeonista
Diego Maceiras e animación literaria do CD interactivo Gundar e o cabalo de oito patas a cargo de Tinta de Lura para alumnado do CRA Nosa Señora do Faro.
* No IES de Ponteceso: intervención literaria de Miguel A. Mato Fondo (Xope de Lilaina) e Xabier P. Docampo (O libro das viaxes imaxinarias) con alumnado de primeiro de Bacharelato.
- 12:00 h. Na Casa dos Veciños (Salón de Actos):
* Inauguración da exposición Querido Balbino coa presenza do seu autor: Xosé Neira Vilas.
* Escenificación de Balbino a cargo de Tamara Lema.
* Proxección audiovisual permanente Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda con Monte Branco.
- 12:45 h. Na Casa dos Veciños (Os Soportais):
* Inauguración da placa a cinco escritores: Xelucho Abella Chouciño, Miguel Anxo Mato Fondo, Xabier P. Docampo, Xoán Babarro e Ana María Fernández coa interpretación musical do Himno Galego a cargo
dos gaiteiros do Centro Coreográfico Galego.
- 13:00 h. Na Casa dos Veciños:
* Palabras de Xosé Neira Vilas e escenificación das Memorias dun neno labrego a cargo de Cándido Pazó para alumnado do IES de Ponteceso.
- 14:30 h. No Restaurante Miramar (Valarés):
* Xantar literario cos escritores homenaxeados.
* Sobremesa literaria coa presentación dos libros máis novos de Xabier P. Docampo (Mans), Xosé Neira Vilas (Cartas de Neira Vilas a Valentín Paz Andrade e a Celso Emilio Ferreiro), Xoán Babarro (Macarrón de narices) e Ana María Fernández (Páxinas de carricanta)
* Animación musical a cargo dos gaiteiros do Centro Coreográfico Galego.
- 22:00 h. Na Casa dos Veciños (Salón de Actos. Donativo para Escola de Verán 2.00 € por adulto):
* A Noite dos Poetas. Presenta a xornalista pontecesá Lorena Pose e anunciará a axenda sonora da Costa da Morte.
* Xurxo Souto, Lectura do Manifesto da regueifa.
* Luís O Caruncho e Benito Lobareiras.
* Joan Garriga.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Santiago: maratón de contacontos no Día Internacional da Narración Oral

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Coruña: Memoria das Memorias dun neno labrego, espectáculo de Cándido Pazó sobre a obra de Xosé Neira Vilas

O sábado Memoria das Memorias dun neno labrego15 de outubro, ás 20:30 horas, no Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos) da Coruña, con entradas a 7 euros, terá lugar, na conmemoración do 50 aniversario da primeira edición das Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, un espectáculo en que Cándido Pazó combina a súa experiencia como autor, actor e director coa súa coñecida traxectoria como contador de historias, apoiado por un coidado traballo de videocreación.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Carballo: Memorias das Memorias dun neno labrego, por Cándido Pazó

O xoves 15 de setembro, ás 21:00 horas, no Pazo da Cultura (Rúa do Pan) de Carballo, e dentro das actividades do 35º aniversario da Asociacion Cultural Lumieira, terá lugar a representación de Memorias das Memorias dun neno labrego, a cargo de Cándido Pazó, no 50 aniversario da primeira publicación do libro de Xosé Neira Vilas. Vía Fervenzas Literarias.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Monforte: actividades destacadas do xoves 25 na Feira do Libro

A XIV edición da Feira do Libro de Monforte, aberta desde o mércores 24 ao sábado 27 de agosto, na rúa Cardeal, con horarios entre as 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas, contará cos seguintes actos destacados para o xoves 25:

- 19:00 h. Cándido Pazó ofrecerá o monólogo humorístico Cunqueiradas, baseado en textos de Álvaro Cunqueiro.
- 20:30 h. Presentación dos libros Noutra dimensión, publicado en Galaxia, e Onde houbo lume, publicado en Biblos Clube de Lectores, de Marica Campo, a cargo da propia escritora.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Viveiro: actividades relevantes do luns 15 na Feira do Libro

Continúa a 15º Feira do Libro de Viveiro, que se celebra nos Xardíns Noriega Varela até o martes 16 de agosto, con horarios de 12:00 a 14:00 h. polas mañás e de 18:00 a 22:00 h. polas tardes.

As actividades máis destacadas do domingo 15 de agosto son as seguintes:
- 19:00 h. Cunqueiradas. Monólogo humorístico a cargo do actor Cándido Pazó, a partir de textos de Álvaro Cunqueiro.
- 20:30 h. Presentación do libro A lúa deitada en Porto Norte, de Vicente Míguez (autor e editor). Xunto co autor, participarán no acto Carlos Nuevo, Cronista Oficial da cidade e Ramón Reimunde Noreña, Capitán da Marina Mercante.

Chuzame! A Facebook A Twitter