Gondomar: faladoiro con Carlos López Bernárdez arredor de Identidade e universalidade

A sexta feira 23 de marzo, ás 20:00 horas, na Libraría Libraida (Rosalía de Castro, 13), en Gondomar, terá lugar un faladoiro con Xosé Carlos López Bernárdez arredor do seu ensaio Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega, publicado por Laiovento. O acto estará presentado por Pepe Pintado e Carlos Méixome.

Gondomar: faladoiro con Antón Riveiro Coello arredor de A ferida do vento

A quinta feira 15 de decembro, ás 20:30 horas, na Libraría Libraida (Rúa Rosalía de Castro, 13), en Gondomar, terá lugar un faladoiro con Antón Riveiro Coello, organizado por Carlos Méixome, arredor de A ferida do vento, publicada en Galaxia.

Gondomar: presentación de Todo canto fomos, de Xosé Monteagudo

OXosé Monteagudo xoves 1 de decembro, na Libraría Libraida (Rúa Rosalía de Castro, 13) de Gondomar, Xosé Monteagudo presenta Todo canto fomos, publicado por Galaxia. No acto manterá un coloquio con Carlos Méixome.

Gondomar: presentación de Os elefantes de Sokúrov, de Antón Riveiro Coello

O Antón Riveiro Coelloxoves 11 de febreiro, ás 20:30 horas, na Libraría Libraida (Rosalía de Castro, 13) de Gondomar, preséntase Os elefantes de Sokúrov, de Antón Riveiro Coello, publicado en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participa Carlos Méixome.

Gondomar: tertulia Fotografía, verdade, verosimilitude, con Vítor Vaqueiro

O venres 10 de maio, ás 20:30 horas, na sede do Instituto de Estudos Miñoranos (Aula de Cultura Ponte das Rosas, Avenida da Feira, 10, baixo), en Gondomar, terá lugar unha tertulia con Vítor Vaqueiro, co título Fotografía, verdade, verosimilitude. O convidado será presentado polo director do Instituto de Estudos Miñoranos, Carlos Méixome.

Vincios, Gondomar: presentación de Nós, Galiñeiros, de Xosé Luís Méndez Ferrín

“O xoves 27 de decembro, ás 20:00 horas, no Centro Cultural de Vincios, Gondomar, preséntase Nós, Galiñeiro, o libro de Xosé Luís Méndez Ferrín onde se recollen máis de trinta anos de artigos da súa autoría sobre o Val Miñor, publicado polo Instituto de Estudos Miñoranos. No acto participan, xunto ao autor, Antón García, Carlos Méixome e Pura González. Posteriormente terá lugar un espectáculo artístico a cargo do Coro Tradicional Cantares do Brión e Os Irmandiños de Vincios, que dará paso a unha lectura de fragmentos do libro polos propios veciños.” Desde o Instituto de Estudos Miñoranos.

Entrega do V Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns

O sábado 17 de novembro, ás 19:30 horas, na Escola de Guillufe (Gondomar), terá lugar o acto de entrega do V Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns á gañadora desta edición Conchita Álvarez Lebredo, consistente en 3000 € en efectivo, unha escultura creada para este certame polo artista Fino Lorenzo e a publicación do libro, Distancias e Simetrías, que se presentará neste acto. A escritora e xornalista Araceli Gonda será a encargada de dirixir a velada.
A banda de gaitas Balcón do Miñor abrirá o evento ao son da música tradicional. Posteriormente o público poderá gozar coa estrea de Os polos de Rianxo, unha dramatización do conto de Victoriano Taibo, a cargo de Bertorella, un novo grupo de afeccionados ás táboas que farán o seu debut nesta cerimonia. A continuación Marta Dacosta fará un breve panexírico do persoeiro que dá nome ao premio e lerá a acta do xurado como preámbulo da entrega dos premios do certame a Álvarez Lebredo. Momento no que Urbano Esmerode, presidente da ELM, dirixirá unha palabras á gañadora e asistentes. Soño de Calíope, o afamado proxecto musical creado polo mestre e artista natural de Morgadáns, José P. Pérez, que promove novos valores da canción galega, pechará a gala cultural. Finalmente Carlos Méixome director do Instituto de Estudos porá broche oficial á V edición dos premios. Un albaroque animado polas gaitas do Balcón do Miñor permitirá aos asistentes, entre viños e petiscos dialogar con Conchita Álvarez Lebredo e os artistas convidados. Como é tradicional nas cerimonias de entrega do Premio de Poesía Victoriano Taibo, a entrada é de balde.

Gondomar: presentación de Galego de lei. Don Diego Sarmiento de Acuña, de Francisco Maseda

O sábado 17 de decembro, ás 20:00 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira, 10, baixo) de Gondomar, preséntase o libro Galego de lei. Don Diego Sarmiento de Acuña. I Conde de Gondomar, de Francisco Maseda, publicado en Biblos. No acto de presentación participan, ademais do autor, Tucho Calvo e Carlos Méixome. O acto contará tamén coa presenza e intervención do XIII Conde Gondomar, Gonzalo Fernández de Córdoba y Narváez e será clausurado por Fernando Guitián Guitián.

Morgadáns: acto de entrega do Premio Victoriano Taibo e presentación do libro gañador, Holocausto Zocae, de Calros Solla

O sábado 12 de novembro, ás 19:00 horas, na Escla de Guillufe en Morgadáns, terá lugar o acto de entrega do IV Premio de poesía Victoriano Taibo-Entidade Local de Morgadáns, que este ano gañou Calros Solla co seu poemario Holocausto Zacoe. No acto, conducido por Marta Dacosta, presentarase o libro premiado, e contará coa presenza de Miguel Anxo Mouriño, quen lembrará a figura de Victoriano Taibo, Gonzalo Navaza, Fernando Guitián, Urbano Esmerode, Carlos Méixome e o autor premiado, quen recitará fragmentos da obra gañadora, xunto á actuación musical do grupo de gaitas Balcón do Miño.