O Temple-Cambre, e Arteixo: recitais de A porta verde do sétimo andar

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Coruña: Re(c)verso, recital de audiopoesía de Celia Parra

Chuzame! A Facebook A Twitter

Boiro: nova edición do Slam Arousa

“Slam Arousa volverá aos bares a vindeira semana. Neste caso á Pousada das Ánimas, en Boiro, durante a ponte, o día 6 de decembro, ás 22:30 horas. Nesta ocasión participarán os gañadores das edicions anteriores, como convidados (Celia Parra e Ramón Blanco).
Normas de recitado slam.arousa:
- Podes recitar calquera texto sempre que sexa teu e non dure máis de 3 minutos. A partir de 3 minutos, descóntase puntuación sobre o veredicto do público.
- Non podes usar música, disfraces ou accesorios.
- É tan importante o texto coma un bo recitado. De feito, o único importante é conquistar ao público.
- Non é imprescindible saber o texto de memoria… pero axuda, claro!
- Por votación popular decídense 3 finalistas, que volven recitar un texto (preferentemente diferente, para gañarse ao público), esa mesma noite.
- Destes 3 finalistas, sempre por votación popular, vén seleccionado o gañador que pasa á final na Illa de Arousa, no mes de marzo.
- O gañador, pode, se quere, volver recitar tras resultar vencedor para deleitar ao público.” Desde Certo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Santiago: recital-presentación de RE(C)verso, de Celia Parra

O xoves 15 de novembro, ás 20:30 horas, na Librería Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7) de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do CD de audiopoemas RE(C)verso, de Celia Parra Díaz, seguido dun recital da propia autora.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ribeira: Slam Arousa Poesía, o 4 de novembro

Nova edición do torneo de poetas Slam Arousa Poesía, coa participación de Celia Parra (gañadora da primeira edición que se celebrou o 5 de outubro en Rianxo) como convidada especial. Será o domingo 4 de novembro a partir das 21:30 horas no Bar Brétema (Rúa Cervantes, 6) de Ribeira. No Slam.Arousa de Ribeira poderán competir, gozar, obter o recoñecemento do público tribunal e conseguir ademais o agasallo que outorga o Concello de Ribeira. As persoas interesadas pódense apuntar previamente no correo slam.arousa@gmail.com ou aparecer sen máis no acto, onde terá o micro aberto para a súa poesía..

Chuzame! A Facebook A Twitter

Celia Parra: “Cada vez hai máis xente aillada”

Entrevista a Celia Parra en Galicia Confidencial Tendencias:
“(…) – Galicia Confidencial Tendencias (GCT): Non sempre escribiches audiopoemas, polo que vexo…
- Celia Parra (CP): Non. Comecei o ano pasado. Tiña unha asignatura que era Banda sonora e tratamento de son. O profesor moveunos moito por eses temas. Collín un poema que xa tiña e creei unha base para el.
- GCT: As bases musicais dos teus poemas son creadas por ti?
- CP: Non sempre. Para os primeiros comecei cos loops. Ía collendo pequenos anacos de segundos e facendo misturas. Agora estou compoñenmdo eu as propias bases…
- GCT: Agora que compós ti a base musical… que vén antes? Poema ou música?
- CP: Agora é ao revés que no comezo. Comezo cunha base, miro onde pode acaer ben e adapto xa esa base ao poema. (…)
- GCT: Literatura galega actual…ano 2012. Estado da cuestión…
- CP: A cousa está mellorando… pero se estás metido velo, se non, igual non… Ata hai uns anos a poesía, por exemplo, non saía de circuítos pechados, das contornas elitistas, os actos institucionais… Agora hai moita xente: Samuel L. París, Antía Otero, as Poetas da Hostia -María Lado e Lucía Aldao-…que están traballando para abrila á xente. (…)”

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Coruña: recital poético de A Porta Verde do Sétimo Andar

A sexta-feira, 25 de maio, a partir das 20:30 horas, no Bar Borrazás (Rúa do Orzán, 165) da Coruña, terá lugar un novo recital poético dos integrantes de A Porta Verde do Sétimo Andar. Entre outros, participan: Celia Parra, Alberte Momán, Verónica Martínez, Manuel Miragaia, Pili Mera, Alfonso Láuzara, Natalia Concheiro, Diego Villar, Manolo Pipas, Paco Gallego, Ramiro Vidal Alvarinho, Miguel Ángel Alonso, Paco Souto, Lino García, Diego Villar, María José Fernández, François Davo e Begoña Paz.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ourense: recital poético do PEN Clube polo Día Mundial da Poesía

O mércores 21 de marzo, ás 19:00 horas, no Centro Cultural da Deputación de Ourense, terá lugar a tradicional celebración do Día Mundial da Poesía que organiza o Pen Clube de Galicia. No acto intervirán o Conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez Abad, o Presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín e Luís González Tosar, o presidente do Centro PEN Galicia. O acto contará coa lectura de poemas de Alba Cid e Celia Parra coa actuación musical de Miriam Figueiras e Marco Foxo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

O primeiro libro de relatos de Letra en Obras supera as 1.000 descargas

“En Letra en Obras esta semana temos algo que celebrar. O libro homónimo, que recolle 17 relatos doutros tantos autores novos, superou xa o milleiro de descargas na rede. Os escritores Samuel L. Paris, David Pobra, Iria Ameixeiras, Brais Lamela, Elena Veiga Rilo, Andrés Carrasco, Raquel Boo Anderson, Paulo Martínez Lema, Alba Payo Froiz, Xurxo Martínez, Mónica Fernández Armesto, Brais Zas, Alberto Rodríguez Díaz, Celia Parra, Vidal, Paloma Calvo e Eva Moreda son os protagonistas desta obra que pode ser descargada na nosa páxina.” Vía Letra en Obras.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Nace Letra en Obras, unha web para promocionar autores novos

“O colectivo Letra en Obras pon a funcionar hoxe un proxecto web homónimo para promocionar os escritores novos. O primeiro proxecto é o libro 17 letras sen día (en formato pdf e epub e con licenza Creative Commons), con 17 relatos de autores novos, que se presentou o 17 de maio na Libraría Couceiro de Compostela. A autoría dos dezasete textos correspóndelles a Samuel L. Paris, David Pobra, Iria Ameixeiras, Brais Lamela, Elena Veiga, Andrés Carrasco, Raquel Boo, Paulo Martínez Lema, Alba Payo Froiz, Xurxo Martínez, Mónica Fernández, Brais Zas, Alberto Rodríguez, Celia Parra, Vidal, Paloma Calvo e Eva Moreda.” Vía Galicia Hoxe, Galicia Confidencial e Culturagalega.

Chuzame! A Facebook A Twitter