Redondela: actos destacados na Feira do Libro para o xoves 16

O Feira do Libro de Redondela 2016xoves 16 de xuño comeza a Feira do Libro de Redondela (na Alameda, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:

19:30 h. Pregón a cargo da escritora María Xosé Queizán.
20:30 h. Charla-coloquio ao redor dos libros de María Xosé Queizán Son noxento, editado por Xerais, e A boneca de Blanco Amor, editado por Galaxia. Participa no acto, xunto á autora, Manuela Pena.

O venres 17, ás 19:00 horas, preséntanse as obras gañadoras do XXVI Certame de Relatos Curtos Os Viadutos.

Coñécense os gañadores do XIII Certame Os viadutos de Redondela

O xurado do XIII certame literario de relatos curtos Os viadutos, formado polas escritoras Inma López Silva, Rexina Vega e Luís Manuel García Mañá, acordaron conceder o primeiro premio do Certame ao relato titulado A preocupación dos pés quentes, de Javier González Saavedra, así como outorgar un segundo premio ao relato Érase unha vez un francés, un italiano, un viaduto e a vila, de Pablo Mosquera Pereira.
Da obra gañadora o xurado salienta que o autor é unha persoa capaz de contar unha historia ampla, unha voz incómoda que afonda nas contradicións sociais para informar das circunstancias de todas as relacións humanas.
Este Certame literario está organizado pola a Concellería de Xuventude do Concello de Redondela.

Isaac Xubín gaña o premio literario Os Viaductos

“O premio literario de relatos curtos en galego Os Viaductos recalou este ano no filólogo coruñés Isaac Xubín, quen gañou 1200 euros e a publicación da obra presentada, titulada Le pied de Julien Dupuy. O novo autor explicou que o conto, de apenas seis páxinas, “narra a vida de tres persoas en Francia, en tres relatos diferentes unidos por un pano de fondo que é o deporte do rugbi”. O xurado do certame tamén recoñeceu os traballos de Pedro Feijóo Barreiro (O segredo do viaducto) e Alberto Rodríguez (Contradanza para dous coellos). A entrega de premios deste prestixioso concurso literario para mozos tivo lugar o sábado pasado na Casa da Torre, coa asistencia do escritor e académico da Real Academia Galega e xefe de Policía de Galicia, Luís García Mañá, o director de Edicións Xerais, Manuel Bragado, o alcalde Javier Bas e o concelleiro de Cultura Alberto Pazos”. Vía Bibliotecas de Redondela.