Susana Villamor e Cruz Martínez, gañadora e finalista do V Concurso de micro-relatos OZOCOgz

Desde Sermos Galiza:
OZOCOgz entregou en Pazos de Arenteiro (Borobás) os premios do seu concurso literario de micro-relatos, que este ano facía a súa quinta edición. A gañadora do primeiro premio foi Susana Villamor, unha viguesa residente en Moaña (Morrazo) desde hai 26 anos e que xa sabe o que é gañar un concurso de micro-relatos: o da Lonxa Literaria de Moaña. Recibiu un diploma, un vale para a estancia dunha noite na casa de turismo rural Aldea Pazos de Arenteiro, unha camisola OZOCOgz, un lote de libros obsequio da deputación ourensá e un agasallo da asociación de diminuídos psíquicos Aaspadisi do Carballiño.
Cruz Martínez foi finalista e recibiu diploma, unha camisola OZOCOgz, lote de libros obsequio da Deputación de Ourense e agasallo da xente de Aspasidi. Nada en Armenteira (Meis) é colaboradora habitual de Sermos Galiza e Praza Pública. Gañou diferentes premios literarios, entre eles o XXII e o XXVI Certame Rosalía de Castro de poesía.
Antes da entrega de premios houbo un pequeno recital de música e poesía no que interviron Rochi Nóvoa, Quico Valeiras, Alexandre Cabanelas, Dani Soldevilla e Puntxa Rivers.”

Convocado o II Concurso de Micro-Relatos de OZOCOgz

Desde Ozocogz:
“Xa está de volta o noso concurso literario! O 2º Concurso de Micro-Relatos de OZOCOgz está en marcha!
O ano pasado celebrouse con grande éxito de participación o 1º Concurso de Micro-Relatos de OZOCOgz, e, en vista do bo resultado, vimos de poñer en marcha a segunda edición deste concurso. Desta volta, a temática é a música e podedes enviar as vosas propostas desde xa até o día 30 de abril deste 2014.
O xuri é o seguinte:

Tempo hai abondo, agora só tendes que darlle ao maxín e remitirnos as 140 palabras da vosa creatividade! Velaquí podedes consultar as bases do concurso.”

Convocado o I Concurso de Microrrelatos OZOCOGZ

O I Concurso de Microrrelatos OZOCOGZ está promovido por esta entidade, coa colaboración de Libraría Escolma do Carballiño, Libraría Aira das Letras de Allariz, Livraria Suévia da Coruña, Marta Dacosta, Paula Carballeira e David Otero. O prazo para participar remata o 25 de abril de 2013, realizándose desde o seu perfil de facebook.
As bases completas pódense consultar aquí.