Carballo: Curso de verán de dinamización lingüística: participación, implicación e traballo colaborativo, do 17 ao 19 de xullo

«Co obxectivo xeral de coñecermos e procurarmos formas de participación, implicación e traballo colaborativo para a dinamización lingüística, Carballo acolle un ano máis o Curso de verán de dinamización lingüística organizado pola Universidade da Coruña en colaboración coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística. Ten lugar do 17 ao 19 de xullo e o prazo de matrícula xa está aberto.
- Datas: 17, 18 e 19 de xullo de 2013.
- Lugar: Forum Carballo. Rúa do Xílgaro s/n. A Milagrosa. Carballo.
- Matrícula. A través da Oficina de Cursos da UdC: http://www.udc.es/occ/gal/2013/cursoveran/web/curso14/curso14.htm.
- Custo da actividade. O custo da matrícula inclúe a participación en todas as actividades do curso, a documentación que se utilice, o xantar do mércores 17 e xoves 18 e os cafés conxuntos dos tres días:
* 30 euros para socias/os da CTNL, estudantado das universidades e de FP, comunidade universitaria da UDC, persoas desempregadas e pensionistas.
* 50 euros para todas as demais persoas participantes.

PROGRAMA

Mércores 17
Participación nos procesos sociais. De abaixo arriba, de arriba abaixo.
- 10:00 h. a 10:30 h. Recepción e entrega de documentación.
- 10:30 h. a 11:00 h. Inauguración e benvida. Representantes da CTNL, SXPL, Universidade da Coruña e Concello de Carballo.
- 11:00 h. a 12:30 h. Conferencia inaugural: De “as portas están abertas” a “este proxecto tamén é teu”. Sobre métodos e estratexias de implicación. Carmen Espinar. Socióloga, membro da Red Cimas e activista social.
- 13:00 h. a 14:30 h. Mesa de experiencias. Exemplos e experiencias de implicación desde administracións
* Proxecto Sonda Norte (Ribadeo) e Centro Ágora (A Coruña). Xavier Campos (concelleiro e xestor cultural)
* Rede de Entidades Amigas da Lingua e Proba en galego (Pontevedra). Conchi Cochón (técnica de normalización lingüística).
- 14:30 h. Xantar conxunto.
- 16:30 h. a 18:00 h. Mesa de experiencias. Exemplos e experiencias de implicación desde a base.
* Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (AGXPT). Paco Veiga (profesor e dinamizador da AGXPT).
* A implicación desde unha parroquia. Rubén Aramburu (crego)
* Experiencias de implicación de maiores e rapazada. Celso F. Sanmartín (dinamizador e contador).
- 18:00 h a 20:00 h. Sesión de xogos populares: chave, ra, zancos, peón, mariola, corda, aro…

Xoves 18
Propostas para o artellamento da participación, implicación e traballo colaborativo. Métodos e técnicas.
- 10:30 h a 12:00 h. Experiencia e proposta de traballo. A participación e a implicación no traballo dinamizador en Euskal Herria. Experiencias, métodos e técnicas.
* Txerra Rodríguez. Técnico de normalización da cooperativa vasca Emun.
- 12:30 h a 14:30 h. Proposta de traballo. As potencialidades do “xogo serio” para a implicación e participación en proxectos.
* Carlos Martínez. Coach e facilitador Lego Serious Play de Nordkom.
- 14:30 h. Xantar conxunto
- 16:30 h. a 18:00 h. Proposta de traballo. Métodos, estratexias e experiencias de implicación en dinamización lingüística.
* Bernardo Penabade. Profesor e impulsor de proxectos normalizadores.
- 18:30 h. a 19:00 h. Proposta de traballo. Viveiro de propostas normalizadoras. Espazo para a aplicación de métodos e posta en marcha de experiencias.
* Queca Carballo, coordinadora do Viveiro da CTNL.
- 19:00 h. a 20:30 h. Grupos de traballo colaborativo: Deseño de implicación en proxectos a partir do Viveiro de propostas normalizadoras.

Venres 19
Participación, implicación e traballo colaborativo. Experiencias e propostas
.
- 10:00 h. a 11:00 h. Presentación e valoración dos deseños de implicación realizados polos grupos de traballo colaborativo.
- 11:00 h. a 12:00 h. Proposta de traballo. A comunicación implicativa. Métodos e experiencias de Implicad@s no Desenvolvemento.
* Ania Piñeiro. Educadora social e presidenta de Implicad@s no Desenvolvemento.
- 12:30 h. a 14:00 h. Conferencia de peche. Democracia implicativa para os procesos de cambio social.
* Marta Martorell. Consultora en xestión pública e participación cidadá de Civis.

- Organiza: Universidade da Coruña. Servizo de Normalización Lingüística.
- Colaboran: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Concello de Carballo.

Máis información:
Servizo de Normalización Lingüística UDC
Maestranza, 9. A Coruña.
Tfno.: 981 167 000 ext. 1177, 1042 ou 1055.»

Chuzame! A Facebook A Twitter

As entidades da lingua dan o apoio á RAG no mantemento orzamentario

«A presentación dos Orzamentos Xerais do Estado do goberno de Rajoy para o 2013 en que figura que a Real Academia Galega recibirá só 340.000 euros, un 70% menos que o millón de euros que recibía no último ano do goberno do PSOE en Madrid, tivo a súa resposta oficial por parte da RAG e causou un gran malestar en numerosas entidades. As declaracións do seu presidente, Xosé Luís Méndez Ferrín, dunha “posíbel” desaparición da institución se esta quedaba sen fondos provocou unha reacción de apoio unánime á continuidade e unha defensa directa fronte a actitude de discriminación do goberno español.
No Instituto da Lingua Galega (ILG) Antón Santamarina, asegurou que aínda que non teña ningún tipo de axudas a RAG continuará, viviu sen subvencións no franquismo e o que esta a pasar agora é unha crise que se superará algún día”. Como membro tamén da RAG apunta que a institución deberá cancelar algún dos proxectos, “mais a actividade continuará”.
Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) “é inexplicábel a precariedade nun dos símbolos fundacionais do noso país, a RAG xustifica a existencia doutras institucións como a da propia Xunta”. Para Sánchez Iglesias a RAG “debería ter un status aínda máis importante do que ten e o que vemos é que se lle castiga pola súa defensa do idioma e os seus últimos pronunciamentos”.
O presidente da Coordinadora de Traballador@s de Normalización da Lingua (CTNL), Nel Vidal, pensa que a hipotética desaparición da RAG “é algo tremendo e inimaxinábel posto que unha lingua quede sen Academia é como se un país quede sen estrutura de estado, non ten sentido”. Na CTNL apoian as reivindicacións da RAG. Para Nel Vidal “a diminución dun 70% vai ser un sen sentido e máis se o comparamos co que reciben outras academias”.
Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, cre que “as institucións galegas teñen que recibir diñeiro público” e reitera o total apoio desde A Mesa ás reivindicacións da RAG”. Callón vai máis alá e opina que “non está ben que a reivindicación sexa só de carácter económico, a RAG pode facer moito máis, como fixo no caso do decreto, e ter unha postura máis activa en temas como o galego na xustiza, nos medios de comunicación, na educación, na administración,…”. (…)»

Chuzame! A Facebook A Twitter

As primeiras conclusións do Curso de Dinamización Lingüística apostan por reformular o discurso

«Moita xente ignora os seus dereitos lingüísticos e non hai consciencia de que son as administracións as responsables de os facer cumprir. Estes son algúns dos apuntamentos que se extraen do documento co que se pretenden elaborar as conclusións do recente Curso de Dinamización Lingüística (Re)pensando o discurso que se celebrou en Carballo o pasado mes de xullo. A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua publicaba onte este texto no que se apunta ademais a necesidade de conseguir un discurso coherente entre colectivos e institucións que traballan a prol da lingua así como adaptar o mesmo aos diferentes grupos sociais do noso país. As mensaxes positivas, o recoñecemento das posibilidades do galego na Lusofonía ou a idea da lingua como un patrimonio común que traspasa o ámbito puramente comunicativo son outras das cuestións que se apuntan no documento.» Vía Cultura Galega.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Carballo: Curso de verán Traballando en lingua: (Re)pensando o discurso, do 20 ao 22 de xullo

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, en colaboración co Concello de Carballo e mais coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística (CTNL), convocan a sétima edición do curso de verán Traballando en lingua que este ano ten como eixo temático o de (Re)pensando o discurso.
As liñas temáticas son as seguintes:
- Reflexionar sobre a incidencia do(s) discurso(s) lingüístico(s) na situación social da lingua.
- Analizar os argumentos a respecto da diversidade lingüística.
- Revisar termos e conceptos sociolingüísticos en transformación.
- Avaliar as ideas forza e os conceptos chave do discurso normalizador sobre o galego, así como a súa actualidade e/ou necesidade de reformulación.
- Presentar propostas de actuación que permitan intervir no imaxinario social sobre a lingua.

Realizarase no Pazo da Cultura de Carballo (Rúa do Pan, s/n.) entre o mércores 20 e o venres 22 de xullo. Hai un total de 70 prazas, e a matrícula pódese formalizar aquí, cos seguintes prezos: 30 euros comunidade universitaria, persoas desempregadas e socios/as da CTNL (colectivo especial de matrícula no Xescampus); 50 euros xeral.

O programa é o seguinte:

* Mércores 20 de xullo:
- 11:00 h. (Re)pensando o discurso: propostas integradoras para a normalización lingüística. J. M.ª SÁNCHEZ CARRIÓN.
- 13:00 h. A dignificación das palabras que nos pertencen. O caso da normalización. PILAR GARCÍA NEGRO
- 16:30 h. Impoñemos galego ou queremos galego? Breve panorámica verbo dos marcos e discursos (erróneos?) sobre a lingua galega. IVÁN MÉNDEZ LÓPEZ.
- 18:30 h. Grupos de traballo: Reconstruíndo os discursos sobre a lingua. Coordinados por Olga Patiño Abeixón e Dores Sánchez Alegre.

* Xoves 21 de xullo:
- 10:30 h. Para a hegemonia social do galego: discursos, prácticas e políticas lingüísticas. CELSO ÁLVAREZ CÁCCAMO.
- 12:30 h. Grupos de traballo: Reconstruíndo os discursos sobre a lingua. Coordinados por Rosa Moreiras Cuñarro e Nuria Seoane Bouzas.
- 17:00 h. Marcos ideolóxicos, estrutura social e lingua na sociedade galega actual. FERMÍN BOUZA ÁLVAREZ.
- 19:00 h. Obradoiros simultáneos:
+ Obradoiro de espazo lingüístico persoal. GEMMA SANGINÉS.
+ O português simples (OPS!): socializando a estratégia luso-brasileira para o galego. VALENTIM R. FAGIM.
- 21:00 h. Pelos na lingua. Representación teatral de TALÍA TEATRO.

* Venres 22 de xullo:
- 10:00 h. Obradoiros simultáneos:
+ Obradoiro de espazo lingüístico persoal. GEMMA SANGINÉS.
+ Prexuízos lingüísticos: estratexias de combate. MANUEL NÚÑEZ SINGALA.
- 12:00 h. Lectura e debate das conclusións xerais.
- 13:00 h. Unha guía de estilo para a política lingüística. É posíbel?. NEL VIDAL BARRAL.

Chuzame! A Facebook A Twitter