Vídeo da conversa de Alberto Ramos con Rexina Vega sobre Dark butterfly no Culturgal

Chuzame! A Facebook A Twitter

O Temple, Cambre: presentación de Dark butterfly, de Rexina Vega

O venres 28 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría A Libreira (Rúa Luís Seoane, 2) do Temple, Cambre, A Coruña, preséntase Dark butterfly, de Rexina Vega, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participan Begoña Paz e Dores Tembrás.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Porto: presentación de Dark Butterfly, de Rexina Vega

O venres 20 de xullo, ás 21:30 horas, no Espaço Breyner85, rúa Breyner, 85, de Porto, preséntase a novela Dark Butterfly, de Rexina Vega. No acto, xunto á autora, participan Lucía Riveiros e Begoña Outeiro.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Pobra do Caramiñal: presentación de Dark Butterfly, de Rexina Vega

O venres 25 de maio, ás 20:30 horas, na Tenda Escola Deán (Rúa Rafael Calleja, 11-13), a Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Edicións Xerais de Galicia e a Libraría LER da Pobra do Caramiñal presentan o número 75 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación do libro Dark Butterfly, de Rexina Vega. No acto, xunto á autora, participan Manuel Bragado, Agustín Agra e Amparo Cerecedo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Booktrailer de Dark Butterfly, de Rexina Vega

Booktrailer do libro de Rexina Vega Dark Butterfly, publicado por Xerais, obra de Manuel Forcadela.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Santiago: actividades destacadas do 1 e 2 de maio na Feira do Libro

Continúa a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda) con horarios de 12:00 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:00 h.
As actividades máis destacadas do martes 1 e mércores 2 de maio son as seguintes:

* Martes 1:
- 20:00 h. Mesa redonda: Segredos da novela histórica, coa participación de Marcos Calveiro, Pere Tobaruela e Fran Zabaleta. Ao final do acto, os autores asinarán exemplares dos seus libros.

* Mércores 2:
- 18:30 h. Presentación do libro Por un común denominador. A esquerda da nación, de Martiño Noriega, publicado por 2.0 Editora. Participan no acto Martiño Noriega e Manuel M. Barreiro.
- 19:00 h. Presentación do libro O silencio, de Mario Regueira, publicado por Xerais. Xunto co autor, participarán no acto Arturo Casas e Manuel Bragado.
- 20:00 h. Presentación de Dark butterfly de Rexina Vega. Intervirán: Armando Requeixo, Rosa Enríquez, Manuel Bragado e a autora

Chuzame! A Facebook A Twitter

Vigo: presentación de Dark butterfly, de Rexina Vega

O venres 27 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, preséntase a novela Dark butterfly, de Rexina Vega, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participan Paz Raña Lama, Iolanda Zúñiga, Rosa Enríquez, Begoña R. Outeiro, Manuel Bragado e Lucia Riveiros Vázquez.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Dolores Vilavedra: De memoria e memorias

Artigo de Dolores Vilavedra en El País:
«(…) Mario Regueira ensaia en Outono aquí ese xénero escorregadío que é a novela curta. Mais tanto ten neste caso: a densidade da escrita tece moitos vimbios nun cesto de aparencia enganosamente modesta mais de contido ricaz. Temas aparentemente abstractos como a memoria ou a loita por atopar a propia identidade vertébranse de xeito fluído cunha trama ben enxebre, que mestura herdanzas, liortas veciñais e violencia; no trasfondo, a alienación por mor da desvertebración das formas tradicionais de vida, rurais ou urbanas. Personaxes anódinos, que pelexan por seren eles mesmos e que atopan, sobrevivindo no cotián, a súa grandeza. O comezo da novela, fortemente climático, sementa a inquedanza e permite xa intuír a potencia narrativa que o texto agocha. (…)
Volta Rexina Vega, demostrando aos escépticos que quere ser algo máis ca unha escritora ocasional. En Dark butterfly aposta por un rexistro ben distinto, aínda que seguimos a identificar a mesma vontade literaria, parello afán de atopar voz propia e singular no actual concerto narrativo. Vega asómase agora ao mundo da esquizofrenia, ensaia a escritura como terapia, como áncora de salvación, como botella ao mar. Optando polo collage de modelos discursivos como fórmula semiotizadora para a alienación da protagonista, Vega convídanos a unha viaxe cuxa fin podemos adiviñar mais non por iso menos impactante. Descenso aos infernos pautado por alustres de esperanza, con algunha concesión ao tópico (a absenta, o ambiente da escola de Artes e Oficios), o conxunto resulta desoladamente convincente. (…)»

Chuzame! A Facebook A Twitter

Rexina Vega: «Dark Butterfly parte dunha experiencia persoal que necesitaba contar»

Entrevista a Rexina Vega en Radiofusión:
«Cinco anos despois de gañar o Premio Xerais con Cardume, Rexina Vega déixanos ler a súa segunda novela, Dark Butterfly. Unha obra que, xa nos advirten antes de abrila, é “dura, triste e abrumadora”. A propia autora confesa que sentía a necesidade de escribila para canalizar a súa dor. “Parte dun feito biográfico: a miña irmá era esquizofrénica”, explica, ao tempo que matiza que esa vivencia persoal combínase cunha “intelectualización”. “Intentei narrar o horror da enfermidade mental desde un punto de vista metafórico e desde un ton poético”, afirma. A denuncia forma parte tamén desta novela que acaba de chegar aos andeis das librarías da man de Edicións Xerais. En Dark Butterfly Rexina Vega describe o proceso da enfermidade mental como unha lenta e consciente deriva cara á marxinación e a exclusión e critica o “fracaso do sistema sanitario”. “Unha porcentaxe importante de enfermos non se curan nunca e a psiquiatría só ten como alternativa a farmacoloxía”, asegura a escritora, que entende que os fármacos funcionan como “neutralizadores da vontade e a dignidade”:

Entrevista con Rexina Vega sobre a novela Dark Butterfly

Chuzame! A Facebook A Twitter

Entrevista con Rexina Vega no Diario Cultural

«O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Rexina Vega sobre a súa última novela, Dark butterfly. «Interésame o feito de que o enfermo mental se agarre á linguaxe para non perderse», asegura Rexina Vega. A entrevista, en mp3, pode escoitarse ou descargarse aquí.» Vía Xerais.

Chuzame! A Facebook A Twitter