Taboleiro do libro galego (VII), por Ramón Nicolás

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Velaquí os libros galegos máis vendidos na última quincena segundo os datos ofrecidos por dezaseis librarías galegas: Casa do Libro de Vigo, Á lus do candil, Librouro, Andel, Couceiro, Pedreira, Cartabón, Aira das Letras, Trama, Torga, O Pontillón, Paz, Libros para Soñar, Sisargas, Lila de Lilith e Livraria Suévia. A todas elas a miña gratitude.”

NARRATIVA
1º-. En vías de extinción, de María Reimóndez, Edicións Xerais e A vitoria do perdedor, de Carlos G. Reigosa, Edicións Xerais.
3º-. Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, Edicións Xerais.
4º-. As voces baixas, de Manuel Rivas, Edicións Xerais.
5º-. As crónicas de Bran, de Xosé Duncan. Contos estraños.

POESÍA
-. Monicreques, de Xosé Daniel Costas Currás, PEN Club.
2º-. Breizh, de Miro Villar, Toxosoutos.
3º-. Carnia haikai, de Elvira Riveiro, A. C. Caldeirón.

ENSAIO-TEATRO
-. Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, Edicións Xerais.
2º-. Tastarabás, de Antón Cortizas, Edicións Xerais.
3º-. Obras completas I, de Roberto Vidal Bolaño, Positivas.
4º-. Estilística da lingua galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato, Edicións Xerais.

INFANTIL-XUVENIL
-. Amor de serea, de Santiago Jaureguizar, Edicións Xerais.
-. Dragal III, de Elena Gallego, Edicións Xerais.
-. Palabras de auga, de Marcos Calveiro, Edicións Xerais.
4º-. Chamádeme Simbad, de Francisco Castro, Galaxia.

ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco, Fol Música.
2º-. María Fumaça, de VV.AA., Galaxia.
3º-. A que sabe a lúa, de Michael Grejniec, Kalandraka.

BANDA DESEÑADA
1º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.
2º-. Nómades, de Xosé Tomás, Galaxia.
3º-. Os días do cometa, Manolo López Poy e Miguel Fernández, Demo Editorial.

LECER
-. De roda en roda. Música e danzas do mundo, VV. AA., Galaxia.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A literatura infantil e xuvenil móvese na rede

Reportaxe en Sermos Galiza:
“Desde o seu nacemento, a editorial Kalandraka revolucionou a edición do libro infantil e xuvenil, en especial coa súa dedicación ao álbum ilustrado do que o selo de Pontevedra se convertiu en abandeirado. Cunha páxina web e un blogue informativo na rede, Kalandraka anuncia neste Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil no que fai quince anos da súa creación unha nova plataforma de comercio electrónico polo que os 1300 títulos que leva publicados se poderán adquirir en calquera parte do mundo. Canda ela, todas as editoriais que teñen nos seus fondos e ofrecen nas súas novidades libros de LIX teñen unha presenza activa na rede, desde Oqo Edicións á máis nova Patas de Peixe entre as especializadas, alén das xeneralistas como Xerais, Galaxia ou Baía que contan cun amplo fondo de publicacións para a xente miúda.
A rede faise eco tamén da rica creación literaria para lectores de menores idades e, desta maneira, os grandes nomes da LIX atoparon en blogues e páxinas web unha nova maneira de difusión e encontro co público lector. Con especial coidado e moita dedicación, a recente incorporación ao espazo dixital de Agustín Fernández Paz, un dos nomes máis sólidos da nosa historia literaria, supuxo unha nova ventá para coñecer a un dos autores máis lidos e posibelmente o máis traducido que verque na rede non só as súas novidades editoriais senón tamén os seus gustos literarios e os seus pensamentos persoais. Entrevistas, ensaios, publicacións e mesmo o seu blogue persoal achéganos a Agustín Fernández Paz que difunde os novos materiais a través das redes sociais. “Sen dúbida, o acto máis sublime de amor que eu coñezo é contar unha historia” reza o encabezamento do blogue de Xabier P. Docampo, un espazo virtual no que o autor ofrece de cando en vez episodios vitais e reflexións persoais a través da rede. Á páxina web recurriu Fina Casalderrey na súa entrada na rede, cun espazo informativo no que a autora, ademais de dar a coñecer a súa obra e a súa traxectoria literaria ofrece un interesante texto autobiográfico.
Con motivo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, o escritor Miro Villar botou a andar a través do seu blogue As Crebas o sorteo de dous exemplares do seu libro O nariz de Fiz, obra que foi galardoada co Premio Pura e Dora Vázquez. “Fiz ten un can rabelo, que ven sendo isto?” preguntou o escritor na rede e coas respostas sorteará os dous exemplares para conmemorar a xornada na que faría anos o escritor Hans Christian Andersen. Fran Alonso, Marilar Aleixandre, Helena Villar ou Francisco Castro son autores da LIX que contan tamén con espazos propios na rede. E non só nomes persoais dan pé a páxinas e blogues, Elena Gallego Abad deulle protagonismo ao título da súa Dragal, Triloxía do Dragón para lle outorgar protagonismo coa creación da súa páxina oficial.
Con páxina web e blogue asoma a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) que vén de publicar o catálogo trilingüe Galician Books for Children and Young Adults 2013, coas novidades editoriais da escrita para as idades novas. O catálogo recolle 144 títulos publicados por 40 editoras ao longo do ano 2012.
Son só algúns dos exemplos onde atopar a literatura infantil e xuvenil na nosa lingua a través da rede que nos ofrece tamén sorpresas como o celebrado blogue de Anxo e Gracia, Trafegando ronseis, que dá conta da actualidade editorial e recolle neste día o poema de Pat Mora co que mundialmente se conmemora a xornada e que para a nosa lingua trouxo a escritora Concha Blanco. (…)”

Chuzame! A Facebook A Twitter

Taboleiro do libro galego (VI), por Ramón Nicolás

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Incorpóranse, nesta entrega que conforma a listaxe dos libros galegos máis vendidos nos últimos quince días, dúas librarías máis: Lila de Lilith (Compostela) e Livraria Suévia (A Coruña). Benvidas ambas as dúas, que suman o seu concurso ás catorce librarías que o viñan facendo ata agora: Casa do Libro de Vigo, Á lus do candil, Librouro, Andel, Couceiro, Pedreira, Cartabón, Aira das Letras, Trama, Torga, O Pontillón, Paz, Libros para Soñar e Sisargas. A todas elas a miña gratitude.”

NARRATIVA
1º-. As voces baixas, de Manuel Rivas, Edicións Xerais de Galicia.
2º-. Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, Edicións Xerais.
3º-. En vías de extinción, de María Reimóndez, Edicións Xerais.
4º-. O gardián invisible, de Dolores Redondo, Edicións Xerais.
5º-. A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, Edicións Xerais.

POESÍA
1º-. Breizh, de Miro Villar, Toxosoutos.
-. Monicreques, de Xosé Daniel Costas Currás, PEN Club.
3º-. Carnia haikai, de Elvira Riveiro, A. C. Caldeirón.
-. Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, El Patito Editorial.

ENSAIO-TEATRO
1º-. Herdeiros pola forza, de Xurxo Ayán e Manuel Gago, 2.0 editora.
2º-. Obras completas I, de Roberto Vidal Bolaño, Positivas.
3º-. Matriarcas, de Montse Fajardo, Dito & Feito Comunicación.
4º-. Banqueiros, de Francisco Pillado (coord.), Laiovento.

INFANTIL-XUVENIL
-. Dragal III, de Elena Gallego, Edicións Xerais.
-. Os Megatoxos e a cara oculta de Lúa, de Anxo Fariña, Edicións Xerais.
-. Malos tempos para os fantasmas, de Agustín Fernández Paz, Xerais.
4º-. Chamádeme Simbad, de Francisco Castro, Galaxia.
-. O neno can, de Fina Casalderrey e Francisco Castro, Galaxia.

ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. María Fumaça, de VV.AA., Galaxia.
2º-. A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco, Fol Música.
3º-. A que sabe a lúa, de Michael Grejniec, Kalandraka.
4º-. Imos cazar un oso, de Michael Rosen, Kalandraka.
5º-. Bicos de música, de Mamá Cabra, Galaxia.

BANDA DESEÑADA
1º-. Persépole, de Marjane Satrapi (tradución de Eva Carrión del Pozo), Rinoceronte Editora.
2º-. Castelao Titoán, Inacio e Iván Suárez, Demo Editorial.
3º-. Os días do cometa, Manolo López Poy e Miguel Fernández, Demo Editorial.

LECER
-. De roda en roda. Música e danzas do mundo, VV. AA., Galaxia.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Elena Gallego: “Sabía que para que Dragal tivese potencia argumental tiña que ter detrás a historia de Galicia”

Entrevista a Elena Gallego en Praza:
“(…) – Praza (P): Que papel vas ter ti en todo este proceso?
- Elena Gallego (EG): A miña idea é acompañar todo o proceso, porque Dragal é unha triloxía pero vai continuar. De feito un dia dixen, medio de broma medio en serio, que Dragal podían ser tres triloxías e realmente a historia que eu teño na cabeza dá para máis. O ter rematado a primeira permíteme comezar a traballar na segunda. O proceso de preprodución xa está en marcha e estamos compartindo algunhas ideas sobre o deseño dos personaxes, pero a medida que o proxecto vaia crecendo veremos como nos coordinamos.
- P: Como nace o Dragal? Como nace a idea e como fuches desenvolvendo os distintos elementos que están presentes nos libros?
- EG: Eu son xornalista, vivo en Marín e traballo en Cangas e ao meu fillo de 16 anos matriculeino en Moaña porque levalo a clase no coche era unha maneira de velo, porque cos meus horarios sempre chego pola noite a casa. Falando con el no coche, só me falaba das novelas de dragóns e de maxia. Eu estaba empeñada en que lese libros en galego e en que coñecese a historia de Galicia, así que decidín escribir unha novela de dragóns en galego. E para que se sentise mais atraido a lela fíxeno a el protagonista da novela: un rapaz de 16 con moi poucas ganas de estudar e de facerlle caso á vida real. E sempre tiven a idea de que se quería que Dragal tivese potencia argumental tiña que ter detrás a historia de Galicia. Temos a historia da traslatio, que é unha das historias de ficción máis importantes do mundo, e sobre ela aséntase todo o Camiño de Santiago, e no Códice aparece un dragón. Por que non xogar con iso? Está documentado que o alquimista Nicolas Flamel, que aparece en Harry Potter, estivo en Compostela. Eu utilicei varios elementos que o meu fillo recoñecía doutros libros. A forma de construír Dragal era crear unha ficción nova a partir de elementos que están documentados.
- P: Ademais a tradición da literatura fantástica en galego é moi rica, de Cunqueiro a Ferrín
- EG: Si, e moitas veces os nosos rapaces non o coñecen. Iso é do que máis orgullosa estou con Dragal, de que moitos nenos se me acheguen e vexo brillar o dragón nos seus ollos. Tamén tiven na cabeza as aventuras dos Cinco: que os protagonistas vivisen aventuras dentro da vida real, que tivesen exames que tivesen conflitos da vida real. Quería fuxir da fantasía de armario. (…)”.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Dragal, o Harry Potter galego, salta ao cinema, o cómic e os videoxogos

Desde Praza:
“(…) Dragal salta ao cinema, ao cómic e aos videoxogos, convértese nun proxecto multimedia de distribución internacional a través de Ficción Producciones. A fínais deste ano as novelas gráficas chegarán ás librarías, en 2014 poderemos ver o filme e en 2015 Dragal será un videoxogo. Cando a Elena Gallego lle preguntan por estas similitudes coas novelas de Harry Potter, ela responde que Rowling “tivo que inventar Hogwarts, para Dragal só necesitei Galicia”.
Esa dobre dimensión, local e universal, fantástica pero cunha base real, permitirá que no proxecto se inclúan elementos coma rotas guiadas por Galicia polos “escenarios do dragón”, un proxecto multimedia de xeoposicionamento no que o patrimonio cultural galego terá unha importancia clave, comezando polo propio Códice Calixtino, ou que no videoxogo -un shooter 3D- se inclúan escenarios reais do Camiño de Santiago. E tamén merchandising ou a creación dunha comunidade virtual. (…)”.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Madrid: presentación da triloxía Dragal, de Elena Gallego

Chuzame! A Facebook A Twitter

Taboleiro do libro galego (IV), por Ramón Nicolás

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Continúa a entrega destas listaxes dos libros galegos máis vendidos que, desde agora, recollerá quincenalmente as modificacións que se produzan en todos os xéneros, de as houber.”

NARRATIVA
1º-. As voces baixas, de Manuel Rivas, Edicións Xerais de Galicia.
2º-. O gardián invisible, de Dolores Redondo, Edicións Xerais.
3º-. Os fillos do mar, de Pedro Feijoo, Edicións Xerais.
4º-. A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, Edicións Xerais.
5º-. En vías de extinción, de María Reimóndez, Edicións Xerais.

POESÍA
1º-. Carnia haikai, de Elvira Riveiro, A. C. Caldeirón.
-. Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, El Patito Editorial.
3º-. Breizh, de Miro Villar, Toxosoutos.
-. Vinte en escena, de Rosalía Fernández Rial, Edicións Positivas.
-. Esplendor arcano, de Ramiro Torres, Grupo Surrealista Galego.

ENSAIO-TEATRO
1-. Roberto Vidal Bolaño. Unha vida para o teatro, de Laura Tato, Toxosoutos.
2º-. Matriarcas, de Montse Fajardo.
3º-. Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, Edicións Xerais.
4º-. AGE. A emerxencia da Alternativa Galega de Esquerda, de Manuel Darriba e Daniel Salgado, 2.0 Editora.
5º-. O mar de Arteixo e os seus naufraxios, de Xabier Maceiras, Asociación Cultural Monte da Estrela.

INFANTIL-XUVENIL
1º-. Dragal III, de Elena Gallego, Xerais.
2º-. Amor de serea, de Santiago Jaureguizar, Edicións Xerais.
-. O aroma do liquidámbar, de An Alfaya, Edicións Xerais.
-. O capitán Aspanitas, de Ramón Caride, Xerais.
-. O neno can, de Fina Casalderrey e Francisco Castro, Galaxia.

ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. María Fumaça, de VV.AA., Galaxia.
2º-. O crebanoces, de María Canosa e David Pintor, Pablo Zaera editor.
3º-. Imos cazar un oso, de Michael Rosen, Kalandraka.
4º-. A que sabe a lúa, de Michael Grejniec, Kalandraka.
5º-. Crocodilo, de Antonio Rubio e Óscar Villán, Kalandraka.

BANDA DESEÑADA
1º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.
-. Cousas de mortos, Manel Cráneo, Demo Editorial.
3º-. Nómades, de Xosé Tomás, Galaxia.

LECER
-. A cociña dos larpeiros, de Benigno Campos, Galaxia.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Elena Gallego: “Hoxe máis que nunca é fundamental a profesión de xornalista”

Entrevista a Elena Gallego en Xeado de Toxo:
“- Xeado de Toxo (XdT): Vostede é xornalista, e ademais conta cunha ampla traxectoria demostrable. Que lle moveu a escribir un libro? Con isto pretendo que me comentes un pouquiño a historia da creación de Dragal.
- Elena Gallego (EG): Eu escribo porque me gusta. No fondo o 90 % dos xornalistas queremos escribir esa historia. Eu creo que moitos dos xornalistas que eu coñezo teñen unha novela nun caixón. Eu, de feito, a parte de Dragal, teño novelas nun caixón. A miña primeira novela a escribín con 13 anos. Miña nai, despois de publicar Dragal deuma e díxome que aquela era a primeira, e non Dragal. Teño tamén algunha outra cousa por aí agardando a súa quenda, pero é complicado. E tamén sigo escribindo, agora estou pendente dunha editorial que publique unha novela que teño por aí, pero bueno, os tempos están difíciles para sacar nada novo, pero si teño un compromiso de publicación, desta vez para público “adulto”. (…)
- XdT: É complicado publicar en galego se non tes unha traxectoria consolidada como autor literario? Supuxo esta obra un reto editorial?
- EG: Dragal é a demostración de que algo que ten calidade, aínda que non sexas coñecido, pode saír á luz. A min, cando presentei Dragal ao Premio Fundación Caixa Galicia de Xerais, non me coñecía ninguén. Qué acontece? Está todo moi difícil. Publicar calquera cousa hoxe é moi complexo porque as editoriais están moi afogadas polo tema da crise. A xente non merca libros, entón non se venden, non se poden sacar. Eu teño outras cousas que están nun caixón porque é moi difícil sacalas á luz, Dragal porque era especial. Hai outras cousas que o mellor non o son tanto (riso).
- XdT: Próximos proxectos literarios que poidas comentar?
- EG: Teño algo aí que está pendente de que se publique, xa sería para adultos (aínda que os rapaces o poidan ler), pero bueno, das cousas que teño en capela non me gusta falar demasiado porque van pasando os meses, están aí… A min gustaríame que ao longo da primavera outra novela de Elena Gallego que non fose de dragóns vise a luz, pero a ver… (…)”.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Taboleiro do libro galego (III), por Ramón Nicolás

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Continúa a entrega destas listaxes dos libros galegos máis vendidos que, desde agora, recollerá quincenalmente as modificacións que se produzan en todos os xéneros, de as houber. Desde esta entrega incorpórase á listaxe a libraría moañesa «O Pontillón». Tanto a esta última como ás librarías restantes, cuxos logos se reproducen á dereita, o meu agradecemento pola súa colaboración.

NARRATIVA
1º-. O gardián invisible, de Dolores Redondo, Edicións Xerais.
2º-. As voces baixas, de Manuel Rivas, Edicións Xerais de Galicia.
3º-. Viagem ao Curdistán para apanhar estrelas, de Séchu Sende, autoedición.
4º-. En vías de extinción, de María Reimóndez, Edicións Xerais.
5º-. Todo OK, de Diego Ameixeiras, Edicións Xerais.

POESÍA
1º-. Breizh, de Miro Villar, Toxosoutos.
2º-. Carnia haikai, de Elvira Riveiro, A. C. Caldeirón.
3º-. Cidades, de Fran Alonso, Edicións Xerais.

ENSAIO-TEATRO
1º-. Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, Edicións Xerais
2º-. Obras completas I, de Roberto Vidal Bolaño, Positivas.
3º-. AGE. A emerxencia da Alternativa Galega de Esquerda, de Manuel Darriba e Daniel Salgado, 2.0 Editora.
4º-. O rastro que deixamos, de Agustín Fernández Paz, Edicións Xerais.
5º-. Teresa Alvajar López. Memorias dunha republicana, de Aurora Marco, Laiovento.

INFANTIL-XUVENIL
1º-. Dragal III, de Helena Gallego, Xerais.
2º-. Palabras de auga, de Marcos Calveiro, Edicións Xerais.
3º-. O misterio do Faro Vello, de Fina Casalderrey, Edicións Xerais.

ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. María Fumaça, de VV.AA., Galaxia.
2º-. Titiricircus, de Tanxarina, Kalandraka.
3º-. O crebanoces, de María Canosa e David Pintor, Pablo Zaera editor.

BANDA DESEÑADA
1º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.
2º-. Cartas de inverno. Novela gráfica, de Antonio Seijas e Agustín Fernández Paz, Edicións Xerais.
3º-. Nómades, de Xosé Tomás, Galaxia.”

Chuzame! A Facebook A Twitter

Taboleiro do libro galego (II), por Ramón Nicolás

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Nesta segunda entrega do taboleiro do libro galego non se observan grandes mudanzas respecto dos títulos que maior aceptación tiveron nas librarías galegas consultadas a anterior semana, ás que desde agora se suma tamén a libraría Andel. Por este motivo a periodicidade da sección pasará  a ter, desde agora, un carácter quincenal. Grazas, de novo, a todas as librarías colaboradoras polo seu entusiasmo neste proxecto. Velaquí, así pois, os resultados desta última semana.

NARRATIVA
1º-. As voces baixas, de Manuel Rivas, Edicións Xerais de Galicia.
2º-. A noite branca, de F. X. Fernández Naval, Edicións Xerais de Galicia.
3º-. Viagem ao Curdistán para apanhar estrelas, de Séchu Sende, autoedición.
4º-. Podería falar de nubes, de Francisco Castiñeira, Redelibros.
5º-. O mundo secreto de Basilius Hoffman: un faro na escuridade, de Fernando M. Cimadevila, Urco Editora.

POESÍA
1º-. Emily on the road, de Ramón Blanco, Acha Escrava.
2º-. Monicreques, de Xosé Costas Currás, PEN Clube.
3º-. Breizh, de Miro Villar, Toxosoutos.
4º-.
O meu primeiro Celso Emilio, X. Lastra e outros, Edicións Xerais.
5º-. Esplendor arcano, de Ramiro Torres, Grupo Surrealista Galego.

ENSAIO-TEATRO
1º-. AGE. A emerxencia da Alternativa Galega de Esquerda, de Manuel Darriba e Daniel Salgado, 2.0 Editora.
2º-. Banqueiros, de Francisco Pillado Maior (coord.), Laiovento.
3º-. Dez obras na vida de Roberto Vidal Bolaño, de Camilo Franco, Biblos.
4º-. O labirinto da saudade, de Luís G. Soto, Laiovento.
5º-. Falemos de ourensanía, de  J. M. Baltar, Auga Editora.

INFANTIL-XUVENIL
1º-. Dragal III, de Helena Gallego, Xerais.
2º-. Malos tempos para os fantasmas, de Agustín Fernández Paz, Xerais.
3º-. Cidades, de Fran Alonso, Edicións Xerais.

ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. María Fumaça, de VV.AA., Galaxia.
2º-. Bicos de música, de Mamá Cabra, Galaxia.
3º-. O soño de Matías, de Leo Lioni, Kalandraka.

BANDA DESEÑADA
1º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.
2º-. Cousas de mortos, Manel Cráneo, Demo Editorial.
3º-. Cartas de inverno. Novela gráfica, de Antonio Seijas e Agustín Fernández Paz, Edicións Xerais.

Chuzame! A Facebook A Twitter