Dores Tembrás gaña o XVI Premio de Poesía Concello de Carral

Dores Tembrás, coa súa obra Cronoloxía da urxencia resultou gañadora do Concurso de Poesía Concello de Carral do presente ano.
O xurado resalta da obra gañadora que é un poemario esencial, emocionado e emocionante, enfiado arredor do amor e a paixón cun sentido positivo da existencia, poñendo en valor a simboloxía dos traballos da casa e do campo, resultando unha poética con raíces. A autora emprega unha depurada linguaxe conceptual, con poemas breves e limpos, resultando un libro equilibrado e unitario de principio a fin.
O xurado estivo formado por Mercedes Queixas Zas, Francisco X. Fernández Naval e Roi Vidal, baixo a presidencia da Concelleira de Cultura, Isabel López Pérez, e asistidos en calidade de secretario, polo técnico municipal de Cultura e coordinador do premio, Carlos Lorenzo Pérez.
Ao certame presentáronse un total de 38 libros. O premio de Carral está dotado con 2000 euros e a publicación da obra.
O acto de entrega do premio terá lugar o 31 de maio, na Casa da Cultura de Carral, dentro da programación de Letras Galegas 2013. O mesmo acto servirá para a presentación do poemario que gañou na pasada edición, Teatro, de Roi Vidal. Para a publicación do libro o Concello de Carral contou coa colaboración económica da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.”

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Coruña: Gala das Letras da AELG 2013

Os 425 socios e socias da AELG xa escolleron os finalistas aos premios á mellor obra publicada no 2012 nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística. Nestes dous últimos casos tamén participaron na elección os asociados de Gálix e os membros do Colexio de Xornalistas respectivamente.
As obras gañadoras daranse a coñecer na Gala das Letras, un dos actos máis importantes na vida da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que comezará ás 20:00 do vindeiro sábado 4 de maio no Auditorio do Centro Ágora da Coruña.

Son finalistas as obras:

Blogs Literarios
- Caderno da crítica, de Ramón Nicolás
- Criticalia, de Armando Requeixo
- Versos e aloumiños, de Antonio García Teijeiro e Antón García-Fernández

Ensaio
- Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón (Xerais)
- O labirinto da saudade, de Luís G. Soto (Laiovento)
- Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás (Xerais)

Literatura Infanto-xuvenil
- Eu, pel, de Teresa González Costa (Xerais)
- O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas (Xerais)
- O neno can, de Fina Casalderrey e Francisco Castro (Galaxia)
- Palabras de auga, de Marcos Calveiro (Xerais)

Mellor traxectoria de Xornalismo Cultural en 2012
- Ana Romaní
- Blanca-Ana Roig Rechou
- Carme Vidal
- Fran P. Lorenzo
- Iago Martínez
- María Solar
- Moncho Paz
- Ramón Nicolás

Narrativa
- A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval (Xerais)
- As voces baixas, de Manuel Rivas (Xerais)
- Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño (Galaxia)
- Tonas de laranxa, de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón (Xerais)
- Verde oliva, de Xavier Alcalá (Galaxia)

Poesía
- Boca da cobra, de Francisco Salinas Portugal (Biblos)
- Emily on the road, de Ramón Blanco (Acha Escrava Editora)
- Fase de trema, de Lorena Souto (Espiral Maior)
- O silencio, de Mario Regueira (Xerais)
- Os ángulos da brasa, de Manuel Álvarez Torneiro (Faktoría K de libros)
- ruído de fondo, de Daniel Salgado (Xerais)

Teatro
- Banqueiros, de VV. AA. -Francisco Pillado, coordinador- (Laiovento)
- Novo teatro fantástico, de Manuel Lourenzo (Laiovento)

Tradución
- Cancioneiro, seguido das Rimas dispersas, de Francesco Petrarca, en tradución de Darío Xohán Cabana (Edicións da Curuxa)
- Carné de identidade, de Mahmud Darwix, en tradución de Moncho Iglesias e Samar Sabat (Barbantesa)
- Gretchen, miña nena, de Christine Nöstlinger, en tradución Isabel Soto (Oxford University Press)
- O home unidimensional, de Herbert Marcuse, en tradución de Jesús Saavedra (Universidade de Santiago)
- O sentido dun final, de Julian Barnes, en tradución de Xesús Fraga (Rinoceronte)

Alén destas categorías, os Premios AELG constan doutros tres galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG:

  • O premio Mestres e Mestras da Memoria, de nova creación, que se concede nesta primeira edición a Manuela Cortizo Medal e Ángel Rivas Veiga, por toda unha  vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional;
  • O Premio Institucións que se concede a quen contribuíse á divulgación da lingua e cultura galega, e que este ano será para o asociacionismo cultural representado por aquelas asociacións que, nacidas nas décadas dos 60 e 70, aínda manteñen a súa vitalidade e activismo cultural (Agrupación Cultural O Galo, Agrupaçom Cultural O Facho, Clube Cultural Valle Inclán, Agrupación Cultural Auriense, Agrupación Cultural Francisco Lanza, Agrupación Cultural Avantar, Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, Agrupación Cultural Lumieira, Sociedade Cultural Medulio, Associaçom Cultural Amig@s da Cultura de Pontevedra);
  • E mais o Premio AELG 2013 Escritora Galega Universal, outorgado pola Asemblea á escritora Lídia Jorge, galardón que a distingue como autora que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana.
  • Tamén se recoñecerán os Premios da Crítica Galega nas categorías de Narrativa e Poesía (Begoña Caamaño, por Morgana en Esmelle e Manuel Álvarez Torneiro por Os ángulos da brasa).

No transcurso da gala a AELG tamén entregará aos humoristas gráficos Siro López Lorenzo “Siro”, Xosé Lois González Vázquez “O Carrabouxo”, Xosé Ángel Rodríguez López “Gogue”, Xosé Carreiro Montero “Pepe Carreiro” e Xaquín Bieito Marín Formoso “Xaquín Marín” a distinción Bos e Xenerosos.

A Gala das Letras contará coas actuacións musicais de César Morán e Uxía Senlle, e é un acto aberto con entrada libre até completar aforo.

A duración prevista é de 2 horas, aínda que as obras gañadoras daranse a coñecer durante a primeira hora da Gala.

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Santiago: actividades destacadas do venres 3 de maio na Feira do Libro

O venres 3 de maio prosegue a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda), cos seguintes actos literarios destacados:

- 19:00 h. O escritor Manuel Portas presenta o seu libro Faneca Brava, publicado por Edicións Xerais. Xunto co autor, participarán no acto o crítico Ramón Nicolás e Fran Alonso.
- 19:00 h. Chisco Fernández Naval e Antón Riveiro Coello asinarán os seus libros na caseta da Libraría Pedreira.
- 20:00 h. A noite no deserto. Un diálogo sobre a novela e a construción da memoria, con Chisco Fernández Naval, autor de A noite branca, publicado por Edicións Xerais e Antón Riveiro Coello, autor de Laura no deserto, publicado po Editorial Galaxia. O acto estará guiado da man de Armando Requeixo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Taboleiro do libro galego (VIII), por Ramón Nicolás

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Velaquí os libros galegos máis vendidos na última quincena segundo os datos ofrecidos por dezaseis librarías galegas: Casa do Libro de Vigo, Á lus do candil, Librouro, Andel, Couceiro, Pedreira, Cartabón, Aira das Letras, Trama, Torga, O Pontillón, Paz, Libros para Soñar, Sisargas, Lila de Lilith e Livraria Suévia. A todas elas a miña gratitude.”

NARRATIVA
1º-. As crónicas de Bran, de Xosé Duncan. Contos estraños.
2º-. Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, Edicións Xerais.
3º-. A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, Edicións Xerais.
4º-. A vitoria do perdedor, de Carlos G. Reigosa, Edicións Xerais.
5º-. As voces baixas, de Manuel Rivas, Edicións Xerais.
6º-. En vías de extinción, de María Reimóndez, Edicións Xerais.

POESÍA
-. Cantares gallegos, Rosalía de Castro, Edicións Xerais (ed. Anxo Angueira).
2º-. Breizh, de Miro Villar, Toxosoutos.
3º-. Monicreques, de Xosé Daniel Costas Currás, PEN Club.

ENSAIO-TEATRO
-. Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, Edicións Xerais.
2º-. Obras completas I e II, de Roberto Vidal Bolaño, Positivas.
3º-. Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, Edicións Xerais.
4º-. Un chapeu negro e un nariz de pallaso, Montse Pena e Gonzalo Enríquez, Galaxia.
-. Tastarabás, de Antón Cortizas, Edicións Xerais.

INFANTIL-XUVENIL
-. O neno can, de Fina Casalderrey e Francisco Castro, Galaxia.
-. A nena á que non deixaban ser feliz, Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, A porta verde.
-. O corazón de Xúpiter, Ledicia Costas, Edicións Xerais.
4º-. Chamádeme Simbad, de Francisco Castro, Galaxia.

ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco, Fol Música.
2º-. A que sabe a lúa, de Michael Grejniec, Kalandraka.
3º-. Imos cazar un oso, de Michael Rosen, Kalandraka.
4º-. Man, o alemán de Camelle, Beatriz Maceda e Laura Veleiro, Galebook.
5º-. Rosa Caramelo, Adela Turín, Kalandraka.

BANDA DESEÑADA
1º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.
2º-. Marcopola, Jacobo Fernández Serrano, Edicións Xerais.
3º-. O pobre tolo, Inacio / Iván Suárez, Demo Editorial.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Conversa entre Francisco X. Fernández Naval e Manuel Gago sobre A noite branca

Chuzame! A Facebook A Twitter

Francisco X. Fernández Naval: “A novela ten un papel fundamental na recuperación da memoria das colectividades que non puideron contar a súa historia”

Entrevista de Montse Dopico a Francisco X. Fernández Naval en Praza:
“(…) – Praza (P): Hai algunha conexión entre A noite branca e a túa anterior novela O bosque das antas, como nomes que aparecen nas dúas. Por que?
- Francisco X. Fernández Naval (FFN): Pois pola vontade de recuperar nomes, espazos… Quería ampliar e darlle máis perspectiva a un espazo que xa tratara literariamente. Por iso hai continuidade en personaxes como os de Claudio ou Encarnación.
- P: A técnica narrativa non é fácil: vanse alternando as voces… Por que optaches por esta estrutura?
- FFN: Falan en primeira persoa María Luísa, a nai de Alfredo, e Marcos, que é quen reconstrúe a súa historia e a do seu fillo. Despois hai 24 personaxes que narran o que lles ocorre a outros. Non foi dado dar coa estrutura axeitada para a novela. De feito pelexei moito con ese aspecto. Levaba xa dous anos dándolle voltas: un día dinlle un ultimato e entón pensei na estrutura que ao final levou, que creo que permite distinguir ben as voces. Pretendín ademais que se notase ben a diferencia, utilizando estilos distintos segundo quen fala. O narrador do fronte de batalla conta as cousas do modo máis obxectivo posible. María Luísa adopta un ton subxectivo, e Marcos dialoga con alguén, que pode ser o lector. E logo están tamén as cartas de Alfredo. (…)
- P: E iso é o que nos contan tamén eses 24 personaxes, voces que falan a través de outras.
- FFN: Son personaxes distintos, e para construílos apoieime na xente que coñecín na viaxe que fixen en autocaravana percorrendo o mesmo camiño que fixo a División Azul no 1941. No certificado de servizos de Alfredo está o nome das batallas nas que se distinguiu e, claro, eu tiña que ir alí. A verdade é que tiña reparos en contar escenas de guerra. Eu vin moito cinema bélico e tiña medo de acabar facendo un refrito de películas de guerra. Por iso tratei de documentarme ben: como loitaban os rusos e os alemán… Non quería traizoar as emocións que pode sentir un soldado, e eu nunca estiven nunha guerra así que tiña que averiguar como se sentían… O de poñer eses 24 personaxes como elementos intermedios entre os soldados e eles foi un xeito de conseguir un distanciamento, sen perder a emoción. Son personaxes que contan o que ven. (…)”.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Entregáronse os XXII Premios Irmandade do Libro

Desde Sermos Galiza:
““Pola ampliación de horizontes da narrativa galega” a novela A noite branca, de Francisco Fernández Naval, foi recoñecida como Mellor Obra do ano 2012 polo xurado dos premios Irmandade do Libro, galardóns que cada ano convocan a Federación de Libreiros e Libreiras de Galicia e que se entregaron o pasado sábado na Casa de Cultura en Monforte.
O libro e a lectura son os protagonistas desta convocatoria que aplaudiu o traballo desenvolvido por Antonio Reigosa, e as persoas que contribúen no proxecto, diante do web Galicia Encantada por “manter vivo o mundo mítico galego”, alén do seu traballo divulgador e de se ter convertido en referencia nos centros de ensino. No apoio á lectura no ámbito escolar foi precisamente o CEIP de Quintela de Moaña o centro sobre o que o xurado deitou os seus ollos polas actividades desenvolvidas e pola “relación pedagóxica coas librarías e coas biblitecas públicas da zona”.
Un establecemento especializado, a Kómic de Santiago fíxose co premio á mellor libraría, primeira que se dedicou á distribución deste xénero.
As Guías da Natureza de Baía Edicións foi o proxecto recoñecido como Obra Editorial do Ano pola “contribución a que a rica terminoloxía galega relativa á natureza perviva e á divulgación do medio natural como unha maneira de colaborar na súa conservación”.
Os nomes das propostas galardoadas déronse a coñecer no acto de entrega desenvolvido en Monforte o pasado sábado día 20, unha vez con antelación se dera a coñecer o nome de María Xosé Queizán como mellor autora do ano, nestes galardóns outorgados por libreiros e libreiras que teñen como obxectivo destacar o traballo de persoas e iniciativas que contribúen á difusión do libro e a lectura.”

Chuzame! A Facebook A Twitter

Gondomar: presentación de A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval

O venres 19 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Libraida (Rosalía de Castro, 13) de Gondomar, preséntase a novela A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, publicada en Xerais. No acto participa, xunto ao autor, Rosa Pascual.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Taboleiro do libro galego (VI), por Ramón Nicolás

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Incorpóranse, nesta entrega que conforma a listaxe dos libros galegos máis vendidos nos últimos quince días, dúas librarías máis: Lila de Lilith (Compostela) e Livraria Suévia (A Coruña). Benvidas ambas as dúas, que suman o seu concurso ás catorce librarías que o viñan facendo ata agora: Casa do Libro de Vigo, Á lus do candil, Librouro, Andel, Couceiro, Pedreira, Cartabón, Aira das Letras, Trama, Torga, O Pontillón, Paz, Libros para Soñar e Sisargas. A todas elas a miña gratitude.”

NARRATIVA
1º-. As voces baixas, de Manuel Rivas, Edicións Xerais de Galicia.
2º-. Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, Edicións Xerais.
3º-. En vías de extinción, de María Reimóndez, Edicións Xerais.
4º-. O gardián invisible, de Dolores Redondo, Edicións Xerais.
5º-. A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, Edicións Xerais.

POESÍA
1º-. Breizh, de Miro Villar, Toxosoutos.
-. Monicreques, de Xosé Daniel Costas Currás, PEN Club.
3º-. Carnia haikai, de Elvira Riveiro, A. C. Caldeirón.
-. Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, El Patito Editorial.

ENSAIO-TEATRO
1º-. Herdeiros pola forza, de Xurxo Ayán e Manuel Gago, 2.0 editora.
2º-. Obras completas I, de Roberto Vidal Bolaño, Positivas.
3º-. Matriarcas, de Montse Fajardo, Dito & Feito Comunicación.
4º-. Banqueiros, de Francisco Pillado (coord.), Laiovento.

INFANTIL-XUVENIL
-. Dragal III, de Elena Gallego, Edicións Xerais.
-. Os Megatoxos e a cara oculta de Lúa, de Anxo Fariña, Edicións Xerais.
-. Malos tempos para os fantasmas, de Agustín Fernández Paz, Xerais.
4º-. Chamádeme Simbad, de Francisco Castro, Galaxia.
-. O neno can, de Fina Casalderrey e Francisco Castro, Galaxia.

ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. María Fumaça, de VV.AA., Galaxia.
2º-. A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco, Fol Música.
3º-. A que sabe a lúa, de Michael Grejniec, Kalandraka.
4º-. Imos cazar un oso, de Michael Rosen, Kalandraka.
5º-. Bicos de música, de Mamá Cabra, Galaxia.

BANDA DESEÑADA
1º-. Persépole, de Marjane Satrapi (tradución de Eva Carrión del Pozo), Rinoceronte Editora.
2º-. Castelao Titoán, Inacio e Iván Suárez, Demo Editorial.
3º-. Os días do cometa, Manolo López Poy e Miguel Fernández, Demo Editorial.

LECER
-. De roda en roda. Música e danzas do mundo, VV. AA., Galaxia.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval

Desde O levantador de minas, de Alfredo Ferreiro:
“No pasado decembro acudimos á presentación n’ Á lus do candil do último romance de Chisco Fernández Naval [A noite branca], unha obra de base histórica que se converteu en poucas semanas nun éxito editorial. Estas imaxes mostran parte do evento así como as palabras que o autor concedeu a OLM sobre certos aspectos da obra.”

Chuzame! A Facebook A Twitter