O
mércores 20 (de 10:45 a 12:25 h.) e o xoves 21 de xuño (de 19:00 h. en diante), na Biblioteca do IES Celanova, baixo a organización desta Biblioteca e da Coordinadora comarcal de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística Terra de Celanova e Baixa Limia, e a colaboración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Fundación Celso Emilio Ferreiro, celebraranse diversas actividades baixo o nome de No centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro.
PROGRAMA
Exposicións:
- Celso Emilio Ferreiro. Letras Galegas 1989 (IES de Celanova). Elaborada no I.B. Celso Emilio Ferreiro no curso escolar 1988-1989.
- Descubrindo a Xocas (CEIP Xaquín Lourenzo “Xocas” – Bande). Libro feito polo alumnado de Educación Infantil.
- O foxo do lobo das Covateiras (CEIP Xaquín Lourenzo “Xocas” – Bande). Maqueta elaborada a partir do libro de Davide Pérez Os foxos do lobo. A caza do lobo na cultura popular.
- Moais do val do Limia (IES Aquis Querquernis – Bande)
- Os ollos das palabras. Exposición de obra gráfica de Baldo Ramos.
Presentacións:
- Mostra bibliográfica Escritores da comarca Terra de Celanova – Baixa Limia (IES de Celanova). Inauguración da mostra permanente de fondos dos escritores da comarca.
- Vieiros de palabra. Terra de Celanova – Baixa Limia en letras de autor. Presentación do libro conformado por textos orixinais de corenta e cinco autores vivos da comarca, editado pola Librería Conde, de Celanova.
Audiovisuais:
- A miña palabra preferida é… (CEIP Curros Enríquez – Celanova). Vocábulos escollidos polo alumnado, presentes na obra de escritores de Celanova.
- Celanova ten un vento (CPR Sagrado Corazón – Celanova). Vídeo-poema cantado a partir do texto de Celso Emilio Ferreiro.
- A máis fermosa roseira (CEIP Rogelio García Yáñez – Ramirás). Versión de poemas de Lois Antón Pérez e de Xoán Carlos Domínguez Alberte.
- Loa ao porco bravo (CEIP San Marcos – Cartelle). Versión dun poema de Henrique Feixó.
- Letras do val do Limia (IES Aquis Querquernis – Bande).
- Audiovisual sobre os escritores da bisbarra da Baixa Limia.
- Deus che dea ira, que paciencia tes de abondo (IES Lagoa de Antela – Xinzo de Limia). Audiovisual sobre Celso Emilio Ferreiro, elaborado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL).
- Ás veces fáltannos palabras (IES de Tomiño). Versión plurilingüe dun poema de Baldo Ramos, elaborada polo EDLG.
Recitais:
- Recital musicado dos poemas Nai, Soldado e Moraima, de Celso Emilio Ferreiro (IES de Celanova).
- Interpretación musical dos poemas Bande e María Soliña, de Celso Emilio Ferreiro (IES Aquis Querquernis – Bande).
Intervencións:
- Celso Emilio Ferreiro fai cen anos. Palabras de Luís Ferreiro, presidente da Fundación Celso Emilio Ferreiro.
- Escritores da Terra. Terra de escritores. Lectura, a cargo do presidente, Cesáreo Sánchez Iglesias, dun manifesto elaborado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
- A palabra dos nosos escritores. Lectura de textos de autores da comarca de Terra de Celanova – Baixa Limia.
Propostas:
- Proposta do IES de Celanova para pasar a se denominar IES Celso Emilio Ferreiro.