Celanova: presentación de Bícame, Frank, de Miguel Anxo Fernández

O xoves 18 de xullo, ás 20:30 horas, na Fundación Curros (Rúa Curros Enríquez, 37) de Celanova, preséntase Bícame, Frank, a nova novela de Miguel Anxo Fernández, publicada en Galaxia. No acto participan, xunto ao autor, José Luis Ferro Iglesias, Antonio Piñeiro e Gustavo Adolfo Garrido.

Vigo: actos destacados do xoves 4 na Feira do Libro

O xoves 4 de xullo prosegue a Feira do Libro de Vigo (na Praza de Compostela), cos seguintes actos literarios destacados para este día:

Xoves 4
- 20:00 h. Presentación do libro Bícame, Frank, de Miguel Anxo Fernández, publicado por Editorial Galaxia. Xunto co autor, participarán no acto Carlos Lema e Gustavo Garrido.
- 21:00 h. Cándido Pazó na feira do libro, co seu espectáculo Historias de sempre para xente de agora.

“O legado de Casares: ponte entre a cultura galega e a universal”

“Os catro obxectivos básicos cos que se creou a Fundación Carlos Casares están vixentes e cumpríndose dez anos despois da desaparición do escritor, segundo explica o seu director, Gustavo Adolfo Garrido. Eses catro obxectivos eran e son «estudar e a difundir a obra literaria, custodiar a súa biblioteca; difundir o legado cívico; constituírse como entidade mediadora entre a cultura galega e a universal e, por último, desenvolver todo tipo de actividades tendentes a fortalecer a normalización lingüística e cultural de Galicia». Garrido apunta que a crise obriga a «priorizar» e detalla que nos últimos tres anos os presupostos da fundación pasaron «duns ingresos de preto dos 280.000 euros no 2007 e 2008 a 160.000 no 2011». A situación para a fundación está agravada pola «creba das caixas, a caída do nivel empresarial e os recortes das Administracións; calquera pode facerse unha idea do panorama». Este ano aínda non saben con cantos fondos contarán. O director da fundación apunta que «haberá menos actividades, pero as nucleares da fundación tentaremos mantelas».
En canto á imaxe de Carlos Casares para a sociedade de hoxe, Garrido cre que hai dúas franxas ben marcadas: «As persoas maiores de 40 anos teñen unha idea clara de quen era e as de menos desa idade teñen xa unha noción menos completa. Saben que é un escritor que deu á literatura galega fermosas páxinas, pero descoñecen outras facetas». Garrido considera que «agora», dez anos despois, «cómpre facer un esforzo extra para garantir que se mellore este coñecemento, pola súa memoria». Neste sentido, apunta o director da fundación que se reciben con «agrado» as iniciativas de propoñer a Casares para o Día das Letras Galegas. Significan un cariño inmenso en toda esa xente que está detrás da petición e que non podemos facer máis que apoiar», conclúe.” Vía La Voz de Galicia.