Taboleiro do libro galego (VIII), por Ramón Nicolás

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Velaquí os libros galegos máis vendidos na última quincena segundo os datos ofrecidos por dezaseis librarías galegas: Casa do Libro de Vigo, Á lus do candil, Librouro, Andel, Couceiro, Pedreira, Cartabón, Aira das Letras, Trama, Torga, O Pontillón, Paz, Libros para Soñar, Sisargas, Lila de Lilith e Livraria Suévia. A todas elas a miña gratitude.”

NARRATIVA
1º-. As crónicas de Bran, de Xosé Duncan. Contos estraños.
2º-. Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, Edicións Xerais.
3º-. A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, Edicións Xerais.
4º-. A vitoria do perdedor, de Carlos G. Reigosa, Edicións Xerais.
5º-. As voces baixas, de Manuel Rivas, Edicións Xerais.
6º-. En vías de extinción, de María Reimóndez, Edicións Xerais.

POESÍA
-. Cantares gallegos, Rosalía de Castro, Edicións Xerais (ed. Anxo Angueira).
2º-. Breizh, de Miro Villar, Toxosoutos.
3º-. Monicreques, de Xosé Daniel Costas Currás, PEN Club.

ENSAIO-TEATRO
-. Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, Edicións Xerais.
2º-. Obras completas I e II, de Roberto Vidal Bolaño, Positivas.
3º-. Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, Edicións Xerais.
4º-. Un chapeu negro e un nariz de pallaso, Montse Pena e Gonzalo Enríquez, Galaxia.
-. Tastarabás, de Antón Cortizas, Edicións Xerais.

INFANTIL-XUVENIL
-. O neno can, de Fina Casalderrey e Francisco Castro, Galaxia.
-. A nena á que non deixaban ser feliz, Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, A porta verde.
-. O corazón de Xúpiter, Ledicia Costas, Edicións Xerais.
4º-. Chamádeme Simbad, de Francisco Castro, Galaxia.

ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco, Fol Música.
2º-. A que sabe a lúa, de Michael Grejniec, Kalandraka.
3º-. Imos cazar un oso, de Michael Rosen, Kalandraka.
4º-. Man, o alemán de Camelle, Beatriz Maceda e Laura Veleiro, Galebook.
5º-. Rosa Caramelo, Adela Turín, Kalandraka.

BANDA DESEÑADA
1º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.
2º-. Marcopola, Jacobo Fernández Serrano, Edicións Xerais.
3º-. O pobre tolo, Inacio / Iván Suárez, Demo Editorial.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Taboleiro do libro galego (VI), por Ramón Nicolás

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Incorpóranse, nesta entrega que conforma a listaxe dos libros galegos máis vendidos nos últimos quince días, dúas librarías máis: Lila de Lilith (Compostela) e Livraria Suévia (A Coruña). Benvidas ambas as dúas, que suman o seu concurso ás catorce librarías que o viñan facendo ata agora: Casa do Libro de Vigo, Á lus do candil, Librouro, Andel, Couceiro, Pedreira, Cartabón, Aira das Letras, Trama, Torga, O Pontillón, Paz, Libros para Soñar e Sisargas. A todas elas a miña gratitude.”

NARRATIVA
1º-. As voces baixas, de Manuel Rivas, Edicións Xerais de Galicia.
2º-. Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, Edicións Xerais.
3º-. En vías de extinción, de María Reimóndez, Edicións Xerais.
4º-. O gardián invisible, de Dolores Redondo, Edicións Xerais.
5º-. A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, Edicións Xerais.

POESÍA
1º-. Breizh, de Miro Villar, Toxosoutos.
-. Monicreques, de Xosé Daniel Costas Currás, PEN Club.
3º-. Carnia haikai, de Elvira Riveiro, A. C. Caldeirón.
-. Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, El Patito Editorial.

ENSAIO-TEATRO
1º-. Herdeiros pola forza, de Xurxo Ayán e Manuel Gago, 2.0 editora.
2º-. Obras completas I, de Roberto Vidal Bolaño, Positivas.
3º-. Matriarcas, de Montse Fajardo, Dito & Feito Comunicación.
4º-. Banqueiros, de Francisco Pillado (coord.), Laiovento.

INFANTIL-XUVENIL
-. Dragal III, de Elena Gallego, Edicións Xerais.
-. Os Megatoxos e a cara oculta de Lúa, de Anxo Fariña, Edicións Xerais.
-. Malos tempos para os fantasmas, de Agustín Fernández Paz, Xerais.
4º-. Chamádeme Simbad, de Francisco Castro, Galaxia.
-. O neno can, de Fina Casalderrey e Francisco Castro, Galaxia.

ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. María Fumaça, de VV.AA., Galaxia.
2º-. A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco, Fol Música.
3º-. A que sabe a lúa, de Michael Grejniec, Kalandraka.
4º-. Imos cazar un oso, de Michael Rosen, Kalandraka.
5º-. Bicos de música, de Mamá Cabra, Galaxia.

BANDA DESEÑADA
1º-. Persépole, de Marjane Satrapi (tradución de Eva Carrión del Pozo), Rinoceronte Editora.
2º-. Castelao Titoán, Inacio e Iván Suárez, Demo Editorial.
3º-. Os días do cometa, Manolo López Poy e Miguel Fernández, Demo Editorial.

LECER
-. De roda en roda. Música e danzas do mundo, VV. AA., Galaxia.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Inacio Vilariño e Iván Suárez: “Castelao non é máis coñecido fóra por como está estruturado o Estado español”

Entrevista a Inacio Vilariño e Iván Suárez en Dioivo:
““Tiñamos unha materia prima de primeira calidade que non precisaba de gran elaboración”. Así, con esta metáfora tan axeitada, explica o debuxante Iván Suárez o cerne do seu traballo en Titoán e O pobre tolo, as dúas primeiras entregas da serie de oito volumes que Demo Editorial e a Librería Komic están a preparar arredor da biografía de Castelao. “O estilo que utilizamos está principalmente ao servizo do guión. Necesitabamos contar unha historia complexa de forma sinxela. As imaxes non podían distraer o que para nós era a principal: a propia historia de Castelao. E todo isto para min foi un reto moi grande porque ata o momento o meu rexistro como debuxante fora todo o contrario”, engade. E o resultado é o agardado polos autores: Suárez nos debuxos, e Inacio Vilariño no guión. Unha banda deseñada sen efectismos, sen dramatismos malia a dureza de parte do relato, e sen mitificacións, que escolle distintos aspectos da vida de Castelao para responder a unha pregunta con múltiples respostas posibles: quen era?, e atraer así ao lector cara á propia obra de Castelao. “Porque o obxectivo último é que a xente vaia a el, que lea os seus libros, que saiba máis del”, indica Vilariño. (…)”.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Estrada: centenario da voda de Castelao e Virxinia, roteiro e presentación de Titoán

Chuzame! A Facebook A Twitter

Vinte e seis obras finalistas compiten polos Premios AELG 2012, que chegan á súa XIII edición

Os 417 socios e socias da AELG xa escolleron os finalistas aos premios á mellor obra publicada no 2011 nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística. Nestes dous últimos casos tamén participan na elección os asociados de Gálix e os membros do Colexio de Xornalistas respectivamente.
As obras gañadoras daranse a coñecer na Cea das Letras, un dos actos máis importantes na vida da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que terá lugar o vindeiro 5 de maio en Santiago de Compostela.

Así pois, da conxunción de votos emitidos nunha primeira quenda resultaron finalistas:

Narrativa:
- Extramunde, Xavier Queipo, Xerais.
- Laura no deserto, Antón Riveiro Coello, Galaxia.
- Non hai noite tan longa, Agustín Fernández Paz, Xerais.

Ensaio:
- Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, Carlos Callón, Xerais.
- Rosalía de Castro. Estranxeira na súa patria (a persoa e a obra de onte a hoxe), Francisco Rodríguez, Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
- Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg, Mercedes Queixas Zas, Galaxia.

Poesía:
- balea2, Estevo Creus, Positivas.
- Leopardo son, Pilar Pallarés, Espiral Maior.
- Todas as mulleres que fun, Andrea Nunes Brións, Corsárias.

Teatro:
- A función do tequila, Manuel Guede, Deputación da Coruña.
- Chegamos despois a unha terra gris, Raúl Dans, Xerais.
- Fábula galénica, Inácio Vilariño, Baía.

Mellor traxectoria de Xornalismo Cultural en 2011:
- Anxo Tarrío.
- Bieito Iglesias.
- Iago Martínez.
- Ramón Chao Rego.
- Santiago Jaureguizar.

Literatura Infanto-Xuvenil:
- Fantasmas de luz, Agustín Fernández Paz, Xerais.
- Noutra dimensión, Marica Campo, Galaxia.
- O meu gato é un poeta, Fran Alonso, Xerais.

Tradución:
- Os trobadores de Occitania, Darío Xohán Cabana, Edicións da Curuxa.
- Sonetos de Shakespeare, Ramón Gutiérrez Izquierdo, Xerais.
- Versos escollidos (de Wisława Szymborska), Lucía Caeiro, Positivas.

Mellor Blog Literario:
- As crebas, Miro Villar.
- Caderno da crítica, Ramón Nicolás.
- Criticalia, Armando Requeixo.

Na segunda fase, xa en andamento, os asociados e asociadas decidirán as obras gañadoras.

Alén destas categorías, os Premios AELG constan doutros dous galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG: o premio para a Institución que se caracterizase pola súa contribución á divulgación da literatura galega, que este ano será para os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino e Servizos de Normalización Lingüística dos concellos; e mais o Premio AELG 2012 Escritor Galego Universal, outorgado pola Asemblea ao escritor José Luis Sampedro, galardón que o distingue como autor que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana; a AELG agarda contar coa súa presenza na Cea das Letras.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Pontevedra: actos literarios no Culturgal para o sábado 3 de decembro

A Feira das Industrias Culturais, Culturgal 2011, continúa sábado 3 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 16:30 a 21:30 h., e entrada libre até completar capacidade. Deixamos aquí o programa: Culturgal 2011, dentro dos que destacamos os seguintes actos literarios para este día:

Sábado 3:
- 12:00 h. Presentación de Onde mercan os larpeiros, de Tomás Alonso e Víctor López, publicado en Galaxia. No Salón.
- 12:30 h. 2.0 Editora. Presentación do proxecto editorial. No Salón.
- 13:00 h. María Solar e Xosé Tomás: Vou ter un irmán!!!, publicado en Galaxia. No Cuarto dos Nenos.
- 13:30 h. Colección de libros Cociña infantil e familiar, de Ouvirmos. No Salón.
- 13:30 h. Entrevista a Inacio Vilariño e sinatura do seu libro Fábula Galénica, publicado en Baía Edicións.
- 14:00 h. Elena Gallego: Dragal I e Dragal II, novelas xuvenís publicadas en Xerais. No Salón.
- 16:30 h. Berrobambán: Contatrás. No Cuarto dos Nenos.
- 17:00 h. Colectivo da Porta Verde do Sétimo Andar: Q de Vian. Cadernos. No Salón.
- 17:30 h. Xosé Tomás: Nómades. A emigración a través das mulleres, publicado en Galaxia. No Salón.
- 18:00 h. Café con: Manuel Rivas.
- 18:00 h. Guía das libélulas de Galicia, publicada en Baía Edicións. No Salón.
- 18:30 h. Fernando Neira: Berrogüetto: O pulso da terra. Un libro sobre a eclosión do folque galego, publicado en Galaxia. No Patio.
- 18:30 h. Anxo Fariña: A chave da Atlántida. No Cuarto dos Nenos.
- 19:00 h. Café con: Domingo Villar.
- 19:00 h. Conversa de Manuel Jabois con Manuel Rivas e José Luis Cuerda. No Salón.
- 20:00 h. Conversa de Manuel Jabois con Domingo Villar e novos autores de novela negra: Xosé Manuel García López e Francisco Varela Losada. No Salón.
- 20:00 h. Happening multidisciplinar. Vídeo, son, palabras, expresión corporal. No Faiado.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Actos literarios no Culturgal 2011

A Feira das Industrias Culturais, Culturgal 2011, celébrase do venres 2 ao domingo 4 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 16:30 a 21:30 h., e entrada libre até completar capacidade. Deixamos aquí o programa: Culturgal 2011, dentro dos que destacamos os seguintes actos literarios:

Venres 2:
- 13:30 h. A Compañía Traspediante presenta o espectáculo de animación e danza Baleadas, baseado no libro de Estevo Creus, Balea2.
- 16:30 h. Xan Eguía: A lenda de Cuaima e Mohan.
- 18:00 h. Café con: Xulia Alonso.
- 19:00 h. Conversa de Ana Romaní con Antonio Piñeiro. No Salón.
- 19:30 h. Conversa de Ana Romaní co Colectivo Polaqia (Brais Rodríguez e Sergio Covelo). No Salón.
- 19:30 h. Presentación de A caza do ghazafello, libro musical. No Cuarto dos Nenos.
- 20:00 h. Conversa entre Ana Romaní e Xulia Alonso. No Salón.
- 20:30 h. Das Kapital. Poesía e vangarda, expresión máxima dos adentros. No Patio.
- 21:00 h. Federico Cocho: Guerra civil. O que pasou en Galicia e en España. No Salón.
- A partir das 21:00 h. Poetas da Hostia. Vendo a miña alma, poxa de poeta. No Pequeno Karma.

Sábado 3:
- 12:00 h. Onde mercan os larpeiros. No Salón.
- 12:30 h. 2.0 Editora. Presentación do proxecto editorial. No Salón.
- 13:00 h. María Solar e Xosé Tomás: Vou ter un irmán. No Cuarto dos Nenos.
- 13:30 h. Colección de libros Cociña infantil e familiar, de Ouvirmos. No Salón.
- 13:30 h. Entrevista a Inacio Vilariño e sinatura do seu libro Fábula Galénica.
- 14:00 h. Elena Gallego: Dragal I e Dragal II, novelas xuvenís. No Salón.
- 16:30 h. Berrobambán: Contatrás. No Cuarto dos Nenos.
- 17:00 h. Colectivo da Porta Verde: Q de Vian. Cadernos. No Salón.
- 17:30 h. Xosé Tomás: Nómades. A emigración a través das mulleres. No Salón.
- 18:00 h. Café con: Manuel Rivas.
- 18:00 h. Guía de libélulas de Galicia. No Salón.
- 18:30 h. Fernando Neira: Berrogüetto: O pulso da terra. Un libro sobre a eclosión do folque galego. No Patio.
- 18:30 h. Anxo Fariña: A chave da Atlántida. No Cuarto dos Nenos.
- 19:00 h. Café con: Domingo Villar.
- 19:00 h. Conversa de Manuel Jabois con Manuel Rivas e José Luis Cuerda. No Salón.
- 20:00 h. Conversa de Manuel Jabois con Domingo Villar e novos autores de novela negra: Xosé Manuel García López e Francisco Varela Losada. No Salón.
- 20:00 h. Happening multidisciplinar. Vídeo, son, palabras, expresión corporal. No Faiado.

Domingo 4:
- 11:30 h. Guía didáctica de instrumentos musicais. No Salón.
- 12:00 h. Conversa de Xesús Fraga con Mario Regueira e Jacobo Fernández Serrano. No Salón.
- 12:00 h. Mamá Cabra: Xa me tardan eses magos. No Auditorio do Pazo.
- 12:30 h. Conversa de Xesús Fraga con Antón Riveiro Coello. No Salón.
- 13:00 h. Conversa de Xesús Fraga con María Xosé Queizán. No Salón.
- 14:00 h. Pere Tobaruela: Poñente. A relación novelada de Galicia e Cataluña. No Salón.
- 16:30 h. Café con: María Xosé Queizán.
- 16:30 h. Fran Alonso: Ninguén. A tecnoloxía e as relacións persoais. No Salón.
- 17:00 Presentación de A praza é nosa (Editora 2.0), unha ollada sobre o 15-M coordinada por Marcos Pérez Pena. No Salón.
- 18:00 h. Conversa de Teresa Cuíñas con Emilio Alonso e Víctor de las Heras sobre os seus libros sobre a movida viguesa dos anos 80. No Salón.
- 18:30 h. Fran Alonso e Xurxo Souto: O meu gato é un poeta. No Cuarto dos Nenos.
- 19:00 h. Conversa de Teresa Cuíñas con Carlos Callón. No Salón.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Coruña: actividades do xoves 4 na Feira do Libro

Estas son as actividades máis destacadas previstas para o xoves 4 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro da Coruña, ubicada, como cada ano, nos Xardíns de Méndez Núñez, e que permanecerá aberta até o 10 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 h., e de 18:00 a 22:00 horas:

- 18:30 h. Presentación da obra gañadora no Premio Barriga Verde 2010, para textos dirixidos para monicreques (modalidade infantil), titulada Fábula galénica, obra de Inacio, escritor, director e fundador da compañía de monicreques Fantoches Baj, que, ao tempo, fará unha lectura narrada da súa obra para os máis pequenos.
- 19:00 h. Carlos Vázquez Padín asinará exemplares do seu libro Galeguismo e liberdade. Propostas para o século XXI, publicado por 2.0 Editora, na colección Supertextos.
- 19:30 h. Presentación da novela Noah Barleywater escapa da casa, de John Boyne, publicada por Faktoría K. Participará no acto o tradutor do libro, Carlos Acevedo, e un representante da editorial.
- 20:30 h. Galaxia presenta o libro Cociñando ao pé da letra. Participarán no acto Yolanda Castaño, Andrea Costas, coordinadoras do mesmo, Víctor F. Freixanes, en representación da editorial, e dous escritores que cociñan no libro: Xabier P. DoCampo e Lucía Aldao.
- 21:00 h. Miguel Sande asinará exemplares do seu libro A vida fóra, publicado en Galaxia.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Santiago: actividades do luns 2 na Feira do Libro

Continúa a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda) até o vindeiro domingo 8 de maio, con horarios de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., salvo no fin de semana, en que estará aberta de 11:30 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:30 h.
As actividades deste luns 2 son as seguintes:
- 18:00 h. Actividades para nenos. Contacontos a cargo de Brétema Animación.
- 19:00 h. Baía Edicións, presenta as obras gañadoras do Premio Barriga Verde 2010, nas modalidades infantil e adulto: Fábula galénica, de Inacio Vilariño e Pedra sobre pedra, de Xosé A. Neira Cruz. Xunto cos autores, intervirán Jorge Rei, da Asociación Barriga Verde e Belén López Vázquez, directora de Baía Edicións.
- 19:30 h. A poeta Eva Veiga asinará exemplares do libro A frecha azul do teixo, publicado por Edicións Espiral Maior.
- 20:00 h. O escritor Estevo Creus fará a presentación do seu libro de poemas visuais O libro dos cans, publicado por Franouren Edicións. Xunto co autor, participará no acto Manuel Ángel García, director da editorial.

- 21:15 h. Sorteo dun lote de libros.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Santiago: presentación de Abelcebú, de Carlos Negro

O martes 21 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase Abelcebú, de Carlos Negro, publicado por Edicións Positivas. O acto, segundo comentan, consiste na aparición “Por segunda vez en Compostela, en vivo e en directo, baixo apariencia carnal, o Demo en persoa, o noso adorado e pecadento Abelcebú. Exercerán de acólitos, nesta extravagante cerimonia, os seguintes elementos: Paco Macías (proveedor de surtidos Cuétara, Carlos Negro (amanuense trapalleiro) e Inacio Vilariño (mestre en augardentes). Haberá exorcismos literarios, tómbola malévola e, por suposto, gran queimada”, e advirten que a “Libraría Couceiro non se fai responsábel dos danos morais que poida padecer o público asistente a este evento. Rógase leven extintores, por se ascaso.”

Chuzame! A Facebook A Twitter