Vigo: presentación de Todo ser humano é un río, de Manuel Veiga

OManuel Veiga xoves 27 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12), de Vigo, terá lugar a presentación da novela Todo ser humano é un río, de Manuel Veiga Taboada, publicado por Xerais. No acto participan xunto ao autor Antonio García Teijeiro e Manuel Bragado.

Presentación en Librouro d´A ira dos mansos de Manuel Esteban, por Manuel Bragado

Desdemanuel-esteban Brétemas, de Manuel Bragado:
“Vai ser moi difícil esquecer o sucedido no serán do venres 7 en Librouro onde presentamos A ira dos mansos, a novela de Manuel Esteban gañadora do Premio Xerais deste ano. Máis dun cento de persoas desbordaron a libraría viguesa seguindo as intervencións da xornalista viguesa Marta Gómez González, membro do xurado que outorgou o premio, e do autor na súa primeira presentación. Un serán moi emocionante que aventura unha recepción entusiasta desta novela negra viguesa de profundo carácter social e ético. (…)
Comezou Manuel Esteban confesando que non era amigo de referencias persoais, aínda que eran inevitables para falar d’ A ira dos mansos. Relatou as circunstancias do nacemento hai trece anos do seu fillo Antón con síndrome de Down e como a partir de entón nunca deixou por sentado o que sucedería no futuro, «desa ferida interior naceron os meus primeiros textos narrativos». A seguir leu un deles (que se recolle no vídeo desta anotación, gravado por Librouro) e explicou que a orixe do título da novela estaba nunha frase emblemática de José Saramago «deféndenos señor da ira dos mansos».
Manuel Esteban xustificou a súa elección da novela negra para expresar a súa intencionalidade tanto por ser lector do xénero dende a súa mocidade como pola ambigüidade moral que permiten as súas convencións. «Quixen ofrecer un policía filósofo, misántropo, visceral, que levase ao lombo un fato de prexuízos, mais que fose capaz de mudalos. Esta historia vai de cambiar. Tiven presente unha frase de Eduardo Galeano: “Somos o que facemos para cambiar o que somos”». Rematou Esteban expresando que o personaxe de Pedro é a razón deste libro, «a voz de todos os mansos do mundo».”

Vigo: presentación de A ira dos mansos, de Manuel Esteban

O manuel-esteban-a-ira-dos-mansosvenres 7 de outubro, ás 20:00 horas, na Librería Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12), en Vigo, terá lugar a presentación do libro A ira dos mansos, de Manuel Esteban, Premio Xerais de Novela, 2016. No acto participan, xunto ao autor, Marta Gómez González e Manuel Bragado.

Vigo: presentación de Poemar o mar, de Antonio García Teijeiro

OAntonio García Teijeiro venres 29 de abril, ás 20:00 horas, na Librería Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12), de Vigo, terá lugar a presentación do libro Poemar o mar, de Antonio García Teijeiro, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Ramón Nicolás e Helena Pérez.

Vigo: presentación de Os fillos da fame, de Ismael Ramos

OIsmael Ramos Os fillos da fame venres 15 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12), en Vigo, preséntase Os fillos da fame, de Ismael Ramos, publicado por Xerais. No acto intervirán, xunto ao autor, Malores Villanueva e Fran Alonso.