Santiago: Congreso Internacional Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada

Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada é un congreso internacional dividido en 5 xornadas e un congreso virtual, organizado polo Consello da Cultura Galega. Contará coa participación de especialistas na obra rosaliana de diferentes xeracións e de dentro e fóra de Galicia que achegarán olladas renovadoras desta autora única.
O congreso presencial estará formado por 5 xornadas (28 de febreiro, 21 de marzo, 25 de abril, 30 de maio e 27 de xuño), once conferencias (cos seus correspondentes retruques), 9 mesas redondas, un recital poético e medio centenar de relatorios de especialistas. Celebrarase no Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar), Santiago de Compostela.
O congreso virtual estará aberta a comunicacións libres, coas mesmas liñas temáticas do congreso presencial.
Os seus obxectivos son:
- Amosar a vixencia da obra de Rosalía no século XXI e alentar o seu aprecio por parte do público galego e non galego de todas as xeracións.
- Acoller e poñer de relevo as novas perspectivas de análise que se foron producindo nas últimas décadas, despois do extraordinario pulo que para os estudos rosalianos supuxo o Congreso Internacional sobre Rosalía de Castro e o seu tempo, que tivo lugar en 1985 e no que tamén participou o Consello da Cultura Galega.
- Estimular novas lecturas críticas da obra rosaliana para propiciar o avance do seu coñecemento.

PROGRAMA

XOVES 28 DE FEBREIRO
ROSALÍA DE CASTRO ANTE OS PROCESOS DE CAMBIO SOCIAL E CULTURAL DO SÉCULO XIX. Coordinadora: María do Cebreiro Rábade.
- 09:30 h. Inauguración do Congreso.
- 10:00 h. A evolución política/intelectual do matrimonio Murguía-Castro, desde os anos sesenta aos anos oitenta do século XIX, Xosé Ramón Barreiro Fernández. Retrucante: Catherine Davies.
- 12:00 h. Mesa redonda: Rosalía ante os discursos científicos e as novidades tecnolóxicas do seu tempo. Moderador: Francisco Díaz-Fierros. Interveñen Mari Lires, Mirta Suquet e Margarita García Candeira.
- 16:00 h. Rosalía de Castro e América, Catherine Davies. Retrucante: Pilar Cagiao.
- 18:00 h. Mesa redonda: Usos e ideas sobre a lingua na obra de Rosalía. Moderador: Henrique Monteagudo. Con Xosé A. Fernández Salgado, Carme Hermida e Goretti Sanmartín Rei.

XOVES 21 DE MARZO
DO PRIVADO AO PÚBLICO: A CONFIGURACIÓN DA ROSALÍA ESCRITORA. Coordinadora: Dolores Vilavedra.
- 10:00 h. Avances na investigación da biografía rosaliana. Por Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda. Retrucante: María do Cebreiro Rábade.
- 12:00 h. Mesa redonda: As imaxes en Rosalía, as imaxes de Rosalía. Moderadora: Marta Pérez Pereiro. Con Helena Miguélez, Arantxa Serantes e Fernando Pereira Bueno.
- 16:00 h. O paradigma autorial de Rosalía de Castro: unha denominación de orixe, por Pilar García Negro. Retrucante: María López Sández.
- 18:00 h. Recital poético.

XOVES 25 DE ABRIL
CARA A UNHA INTERPRETACIÓN GLOBAL DE ROSALÍA: HERMENÉUTICA, FONTES E EDICIÓN. Coordinador: Anxo Angueira.
- 10:00 h. Para unha interpretación integral da obra rosaliana, por Xesús Alonso Montero,. Retrucante: Dolores Vilavedra.
- 12:00 h. Mesa redonda: Editar Rosalía. Moderador: Anxo Angueira. Con Henrique Monteagudo, Aurora López, Ana Rodríguez Fischer e Juan Barja.
- 16:00 h. Mesa redonda: O mundo editorial da época. Moderador: Andrés Pociña. Con Xurxo Martínez González, Santiago Díaz Lage e Carmen Pérez Pais.
- 18:30 h. Gótico e romantismo alemán en Rosalía:
* Rosalía e o Volksgeist; resonancias do romanticismo alemán no contexto galego, por Derek Flitter.
* A cuestión do gótico nas novelas de Rosalía, por César Domínguez.

XOVES 30 DE MAIO
ROSALÍA NO CONTEXTO INTERNACIONAL: PARALELISMOS E INFLUENCIAS; DIFUSIÓN E ACTUALIDADE. Coordinadora: Rosario Álvarez.
- 10:00 h. Modelos estéticos da obra rosaliana no contexto europeo, por Javier Gómez-Montero. Retrucante: Arturo Leyte.
- 12:00 h. Mesa redonda: Rosalía e o canon literario do seu tempo. Moderadora: Olivia Rodríguez González. Con María Xesús Lama López, José Manuel González Herrán e Fernando Cabo Aseguinolaza.
- 16:00 h. Flavio e mailo Cabaleiro vestidos de inglés, por Kathleen N. March. Retrucante: María Teresa Caneda Cabrera.
- 18:00 h. Mesa redonda: A proxección exterior da obra rosaliana. Moderador: Javier Gómez-Montero. Con Olga Castro, Jonathan Dunne e Áurea Fernández Rodríguez.

XOVES 27 DE XUÑO
ROSALÍA Á LUZ DOS NOVOS PARADIGMAS CRÍTICOS. Coordinadoras: Helena González e Dolores Vilavedra.
- 10:00 h. A obra de Rosalía: como convencer os galegos de que o somos, por Francisco Rodríguez. Retrucante: Helena González.
- 12:00 h. Mesa redonda: Rosalía á luz do pensamento feminista. Moderadora: Margarita Ledo. Con Carmen Blanco, María Reimóndez e María Xesús Nogueira.
- 16:00 h. Rosalía e os emigrantes galegos, 1880-1970: da polisemia do mito na diáspora, por Xosé M. Núñez Seixas. Retrucante: Afonso Vázquez-Monxardín.
- 18:00 h. Mesa redonda: Cantares gallegos, novas perspectivas de análise. Moderador: Anxo Angueira. Con María López Sández, Helena González e Álex Alonso.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Os Premios da Crítica Galicia 2012 ditaminaranse o sábado 17 de novembro

O ditame dos xurados desta 35ª edición dos Premios da Crítica Galicia será coñecido o sábado 17 de novembro de 2012 no decurso dunha cea que se celebrará en Vigo, no Hotel Os Escudos, a partir das 20:30 horas. A xunta directiva da Fundación Premios da Crítica Galicia nomeou xa os membros dos xurados de cada unha das modalidades, Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais, Artes Plásticas e Visuais e Artes Escénicas e Audiovisuais.
O xurado da modalidade Creación Literaria está composto por Ana Romaní (escritora, gañadora da edición 2011 de Creación Literaria), Fina Casalderrey (escritora, Premio Nacional de Literatura Infantil), Olivia Rodríguez González (profesora da UDC, Sección de Crítica da AELG), Xavier Lama (escritor e xornalista), Isabel Mociño González (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, profesora da UDV), Luciano Rodríguez (profesor da UDC), e Blanca-Ana Roig Rechou (secretaría, Fundación Premios da Crítica Galicia).

Chuzame! A Facebook A Twitter

Publicación da web do grupo de investigación Poxeirga

“O grupo de investigación Poxeirga acaba de publicar a súa web. Vencellado a ese grupo está o proxecto Us and Them: Discourses on Foreignness by Irish and Galician Women Writers (1980-2007), cuxa I.P. é a profesora Manuela Palacios, e que conta con financiamento do Ministerio de Ciencia e Innovación (FFI2009-08475/FILO). Como antecedentes podemos citar aqueloutro proxecto así mesmo financiado, Poetas irlandesas e galegas contemporáneas (1980-2004), xa dirixido por Manuela Palacios. O obxectivo deste proxecto, tal como se explica na web, é, partindo dos vencellos socioculturais entre Irlanda e Galicia e da emerxencia sen precedentes de tantas mulleres escritoras nun e noutro lugar desde os 80, explorar o xeito no que a literatura contemporánea de autoría feminina configura a estranxeiría e produce unha crítica social da diferenza cultural. Ademais de Manuela Palacios forman parte do proxecto Laura Lojo, María Dolores Gómez Penas, María Xesús Nogueira, Burghard Baltrusch, Olivia Rodríguez González, Luz Mar González Arias, María Xesús Lama, José Francisco Fernández Sánchez, Helena Miguélez Carballeira e Borbála Faragó.” Vía Poesía Galega.

Chuzame! A Facebook A Twitter