Ourense: actos destacados na Feira do Libro para o venres 2

O venres 2 de xuño continúa a Feira do Libro de Ourense (na Rúa do Paseo, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:

20:15 h. Presentación de Os donos das cinsas, de Benigno Yáñez Pérez, Premio Risco de Creación Literaria.
21:00 h. Presentación de Cartas da fronteira, de Xurxo Alonso, XXXII Premio de poesía Cidade de Ourense.

Benigno Yáñez gaña o XVII Premio Vicente Risco de Creación Literaria con Os donos das cinsas

Desderecortada_imagen9971 o Concello de Ourense:
“O gañador do XVII Premio Vicente Risco de Creación Literaria recaeu en Benigno Yáñez Pérez, de Boiro, e xornalista en Vilagarcía de Arousa. A obra é: Os donos das cinsas. Trátase dunha radiografía da actualidade, trama actual situada no rural, consecución do pulso narrativo. Foi escollida por maioría do xurado.
A XVII edición do Premio Risco de creación literaria, é unha convocatoria anual do Concello de Ourense e a Fundación Vicente Risco, co fin de abranguer os diferentes campos da obra, non só de quen foi veciño ilustre desta vila, don Vicente Martínez-Risco e Agüero, senón tamén a do seu fillo, don Antón Martínez-Risco Fernández, veciños que foron desta ilustre cidade.
O xurado desta edición estivo composto por:
– Pablo Fernández Barba, gañador da pasada edición.
– Carlos Rafael Ramos, poeta e activista cultural.
– Llerena Perozo Porteiro, crítica literaria.
– David Cortizo Conde, editor de Urco Editora.
Luís Martínez-Risco Daviña, en representación da Fundación Vicente Risco.”