Pontevedra: actividades do sábado 25 e domingo 26 na Feira do Libro

O sábado 25 e domingo 26 de maio finaliza a Feira do Libro de Pontevedra (no Paseo de Odriozola, de 11:00 a 14:30 horas e de 17:00 a 21:30 h.), cos seguintes actos literarios destacados:

Sábado 25
- 12:30 h. Pedro Feijoo asinará exemplares do seu libro Os fillos do mar.
- 18:30 h. María Reimóndez asinará exemplares do seu libro En vías de extinción, publicada por Xerais, na caseta da Libraría Paz.
- 19:00 h. Elena Gallego Abad na Feira do Libro. Sinatura encontro cos lectores da triloxía Dragal, (a serie do dragón galego), publicada por Xerais.
- 19:00 h. Presentación do libro Feminismos de Olga Castro e María Reimóndez, publicado por Xerais. Participan no acto Manuel Bragado, director xeral da editorial e a autora do libro.
- 20:00 h. A escritora Valentina Formoso, presenta o seu libro Do estigma á estima, publicado por Xerais.
- 20:00 h. Kiko da Silva asinará exemplares dos seus libros na caseta de libraría Seijas.

Domingo 26
- 12:00 h. Alberte B. Casal asinará exemplares do seu libro Arcadia. Os gardiáns do secreto, publicado por Círculo Rojo Editorial, na caseta da libraría D-Lectum.
- 13:00 h. Contos para quitar os medos. Contacontos a cargo de Paula Carballeira.
- 18:00 h. Actuación de Susa Herrera, coas cancións dos seus libros para nenos. Ao remate do acto, asinará exemplares dos seus libros Cabárceno, Animais encantadores e Todos os animais ao caixón, na caseta de Libraría Seijas.
- 19:00 h. Tomás Gómez Ahola asinará exemplares do seu libro Galiza Mutante, poder nuclear, publoicado por Urco Editora, na caseta da Libraría Paz
- 19:00 h. Presentación do libro Nair, de José Estévez López, publicado pola editorial Redelibros. O autor falará deste libro e de Fugaz coincidencia, de mesma colección.
- 19:30 h. Presentación do poemario Viaxe sen cancelas, de Xesús Bermúdez Tellado, publicado pola editorial Redelibros.
- 20:00 h. Presentación do libro Nada se esquece, de Puri Ameixide publicado pola editorial Redelibros
- A partir das 19:00 horas, os autores asinarán exemplares dos seus libros na caseta da Libraría Cartabón.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Dumbría: Unha Semana para amar o Libro

Desde Que pasa na Costa:
«(…) O CEIP Santa Eulalia de Dumbría organiza a IV Semana do Libro, onde seis poetas pasarán polo centro dumbriés para compartir experiencias e desenvolver diferentes talleres literarios.
- O luns 15 abrirá a Semana Xosé Henrique Rivadulla “Corcón” cos de 5º curso.
- O martes 16 será Paula Carballeira os que faga vibrar cos seus contos aos de Infantil e 1º ciclo.
- O mércores tócalle o turno a María Lado cos de 2º ciclo.
- Xurxo Souto estará o xoves 18 cos de 6º curso, e
- O venres 19 tócalle o turno pola mañá a Suso Bahamonde cos de 2º ciclo, e a Rocío Leira cos de 1º curso. (…)»

Chuzame! A Facebook A Twitter

Convocado o I Concurso de Microrrelatos OZOCOGZ

O I Concurso de Microrrelatos OZOCOGZ está promovido por esta entidade, coa colaboración de Libraría Escolma do Carballiño, Libraría Aira das Letras de Allariz, Livraria Suévia da Coruña, Marta Dacosta, Paula Carballeira e David Otero. O prazo para participar remata o 25 de abril de 2013, realizándose desde o seu perfil de facebook.
As bases completas pódense consultar aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Parlamento das Letras: Paula Carballeira

Entrevista de Armando Requeixo a Paula Carballeira no seu blogue, Criticalia:
«(…) – Armando Requeixo (AR): ¿Que cres que lle falta aínda ás nosas letras e que lle sobra definitivamente?
- Paula Carballeira (PC): Eu creo que as nosas letras aínda son novas e que lles falta tempo para asentarse entre as letras doutros países con igual consideración. Fáltalles coñecemento e recoñecemento entre @s lector@s. Creo que lles sobran as miradas nostálxicas ao pasado e que debería haber máis miradas ao presente e ao futuro. (…)
- AR: ¿Cal é a túa valoración do noso presente literario?
- PC: Penso que o noso presente literario é moi valioso. Temos diversidade, temos calidade e temos autores novos e autoras novas que achegan a súa maneira de ver as cousas, o que é moi necesario para ter unha literatura viva. Coido que imos ter que traballar cada vez máis para que toda esa calidade e diversidade chegue aos lectores e ás lectoras, da mesma maneira na que creo que temos que ir eliminando a barreira autor/a – lector/a e fomentar encontros e debates onde intercambiar ideas e unirnos na construción dunha cultura forte. (…)».

Chuzame! A Facebook A Twitter

Vila Nova de Cerveira: presentación da colección DiVersos de Positivas

O sábado 22 de setembro, ás 18:00 horas locais, na Livraria Porta XIII de Vila Nova de Cerveira, terá lugar a presentación conxunta da colección DiVersos de Edicións Positivas. No acto participarán Paula Carballeira, Estevo Creus, Rosalía Fernández Rial, Alfredo Ferreiro, Serxio Iglesias, Samuel L. París e o editor Paco Macías, acompañados pola música do grupo De outra margem.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Carballo: actividades do venres 24 na Praza dos Libros

Dentro da Praza dos Libros, Feira Literaria organizada polo Concello de Carballo, que se desenvolverá até o domingo 26 de agosto no Xardín Municipal, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 horas, terán lugar as seguintes actividades literarias o venres 24:

- 12:30 h. Contacontos de Paula Carballeira e presentación do seu libro O principio, publicado por Kalandraka.
- 19:30 h. Presentación conxunta das obras Patente de corso, de Rafa Villar, e Acuario, de María Canosa, publicadas por Embora. No acto, nenas e nenos recitarán poemas dos libros.
- 20:30 h. Espectáculo poético-musical de presentación de Vinte en escena, de Rosalía Fernández Rial, publicado en Positivas. No acto participan, xunto á autora, Mon Búa, Mon Lendoiro e Chiña.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Coruña: actividades destacadas do xoves 2 na Feira do Libro

Continúa a XLI Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns da Méndez Núñez), aberta até o venres 10 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas. As actividades máis destacadas do xoves 2 de agosto son:

- 18:00 h.: Antonio Piñeiro asinará exemplares da súa novela As fiandeiras, publicado en Galaxia. Paula Carballeira fará o propio co seu libro O principio, publicado en Kalandraka. Posteriormente levará a cabo unha sesión de contacontos.
- 19:00 h.: Presentación do libro Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de implantación, de Carlos Arias e Mariña Pérez Rei, publicado pola editorial Bubela. Xunto cos autores do libro, participarán no acto Yolanda Castaño, Eva Veiga e Francisco X. Fernández Naval.
- 20:00 h.: Conversa de dous músicos de Berrogüetto con Francisco Castro arredor da súa biografía musical Berrogüetto. O pulso da terra, publicado en Galaxia.
- 21:00 h.: Presentación da tradución de Illuminations/Iluminacións, de Arthur Rimbaud, obra de Xoán Abeleira. No acto participan, xunto ao tradutor, François Davo e Manuel Rivas.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ribadavia: Xornada de Crítica e Teatro, o xoves 26 de xullo

En Ribadavia reuniranse os nomes máis sobranceiros da crítica teatral nos nosos medios de comunicación e debaterán cos artistas escénicos sobre aspectos vencellados aos xéneros, á actividade profesional, á relación cos medios de comunicación ou, en definitiva, o propio exercicio da crítica.
No marco da Xornada de Crítica organizada pola Sección de Crítica da AELG, quixemos nesta ocasión atender a crítica teatral a través da reunión de críticxs e artistas das artes escénicas. Así, tratarase de reflexionar sobre a presenza e ausencia da crítica nun ámbito artístico heteroxéneo e dinámico, onde se reflicten coma en ningún outro espazo cultural as particularidades dun contexto emerxente como é o galego.

- Coordinada por Inma López Silva e Roberto Pascual.
- Lugar: Ribadavia (Mostra Internacional de Teatro) Salón de actos do Concello. Praza Maior.
- Data: Xoves, 26 de xullo de 2012.
- Hora: 10:00 h.

Apertura da sesión: Presentación da xornada e estado da cuestión, por Roberto Pascual e Inma López Silva.

O gran ausente da crítica: teatro para a infancia e a mocidade

- Montse Pena Presas (Investigadora USC).
- Paula Carballeira (Escritora, actriz).
- Gonzalo Guerreiro (Elefante Elegante).
- Modera: Blanca-Ana Roig (Profesora USC).

Teatro e literatura dramática ante a crítica

- Dolores Vilavedra (Profesora USC).
- Santiago Cortegoso (Actor, director e dramaturgo).
- Francisco Pillado (Editor).
- Modera: Roi Vidal Ponte (Director de escena).

A crítica teatral nos medios de comunicación

- Mónica Caamaño (Plataforma das Artes Escénicas).
- Comba Campoy (Xornalista).
- Ana Romaní (Radio Galega).
- Camilo Franco (La Voz de Galicia).
- Manuel Xestoso (Revista Galega de Teatro).
- Modera: Inma López Silva (Revista Tempos Novos).

- 13:30 h. Clausura e acto de entrega do Premio de Honra Abrente a Francisco Pillado Maior.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Pontevedra acolle Sete falares, encontro de contadores de historias, entre o 8 e o 10 de xuño

«Rosana Mont’Alverne, de Brasil, Tim Bowley do Reino Unido, Clara Haddad de Portugal e os galegos Pavis-Pavós, Cándido Pazó, Fina Casalderrey, Charo Pita, Paula Carballeira e Andrea Bayer. Estes son os participantes en Sete falares, o encontro internacional de contadores de historias que se celebra en Pontevedra entre os días 8 e 10 de xuño. Os narradores participantes amosarán as súas habilidades en diferentes lugares da cidade como Centro de Interpretación das Torres Arcebispais, a Casa das Campás e mesmo nun barco durante un percurso pola Ría.» Vía Cultura Galega.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Santiago: O exprés literario

Chuzame! A Facebook A Twitter