Entrega do Pedrón de Honra a Andrés Pociña e Aurora López

Na entrega do Premio Pedrón de Honra a Aurora López e Andrés Pociña:
«(…) Por outra parte, Andrés Pociña destacou da súa muller, a premiada Aurora López, os traballos de recuperación de escritoras medievais e clásicas «maltratadas polos estudos académicos» e tamén doutras actuais e puxo de relevo os seus traballos na Universidade de Granada a favor da igualdade. Aurora López, pola súa banda, reivindicou a lingua galega e a Rosalía, que a mantiveron vencellada a Galicia 35 anos despois de chegar a Granada e criticou ó Goberno galego por todo o empeño que está poñendo en «salvar ó castelán» porque di que está en perigo.
De Andrés Pociña e Aurora López a Fundación destacou obras como Rosalía de Castro, Documentación biográfica e bibliográfica crítica (1937-1990), unha edición crítica de Cantares Gallegos, Rosalía de Castro. Estudos sobre a vida e a obra ou Conversas con Maruxa Villanueva.
Tamén considera importantes as súas achegas e publicacións en distintos diarios e revistas que inciden nos debates públicos sobre a identidade galega e a súa incidencia importante no mundo cultural europeo. López é profesora titular de Filoloxía latina e Pociña, catedrático da mesma materia na Universidade de Granada.» Vía Galicia Hoxe.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Andrés Pociña e Aurora López galardoados co Premio Pedrón de Honra

«A Fundación Pedrón de Ouro otorgou o premio homónimo á sindicalista galega, Lidia Senra, na edición deste ano pola súa traxectoria a favor da defensa e promoción da cutura galega. Pero nesta 48 edición tamén foron designados como Pedrón de Honra aos profesores da Universidade de Granada Andrés Pociña e Aurora López, polas súas iniciativas en favor da lingua e cultura galegas, sobre todo no que a traballos sobre obra e pensamento de Rosalía de Castro se refire. En concreto, a fundación valorou os traballos de López e Pociña titulados Rosalía de Castro. Documentación biográfica e bibliográfica crítica así como Rosalía de Castro. Estudios sobre a vida e a obra, ademais das diversas achegas a través de distintos xornais e revistas. Pociña é tamén autor dunha célebre tradución de poesía grega ao galego. (…)
Desde a Fundación Pedrón de Ouro explican que o Premio Pedrón de Ouro concédese a unha «personalidade ou entidade viva e residente en Galicia que máis destacou na defensa e promoción das diversas facetas da cultura nacional ao longo do ano ou nunha traxectoria vital». Pola súa banda, o Premio Pedrón de Honra entrégase a residentes foráneos «que destacasen coas súas achegas ao engrandecimiento da nación e da cultura». Vía Galiciaé e Galicia Hoxe.

Chuzame! A Facebook A Twitter