Carballo: actividades do sábado 25 e domingo 26 na Praza dos Libros

Finaliza a Praza dos Libros, Feira Literaria organizada polo Concello de Carballo, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 horas, terán lugar as seguintes actividades literarias o sábado 25 e domingo 26:

Sábado 25
- 20:30 h. Presentación dos libros Primavera de navallas, de Xurxo Chapela, e Solpor en Waterloo, de Xosé Manuel García, publicados conxuntamente na nova editora Que Queres, coa participación dos autores.

Domingo 26
- 12:00 h. Sinatura de exemplares do libro Follas de Carballo, publicado pola A. C. Lumieira, por parte dos seguintes autores e autora: Xurxo Borrazás, Fernando Cabeza Quiles, Rosalía Fernández Rial, Farruco Graña, Henrique Mariño, Ignacio Silva e Xurxo Chapela.
- 12:30 h. Presentación de Esperando o leiteiro, de Xosé Neira Vilas, publicado en Galaxia. No acto, O’Mighelo tocará varias pezas de acordeón acompañando ao autor.
- 19:30 h. Presentación da película e álbum de banda deseñada Engurras, publicado por El Patito Editorial, coa participación de María Arochena, Gemma Sesar e Suso Villar.
- 20:30 h. Concerto-presentación de Rapoemas, de Aid, publicado en Galaxia. Xunto á autora, participa Francisco Castro.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Carballo: actividades do venres 24 na Praza dos Libros

Dentro da Praza dos Libros, Feira Literaria organizada polo Concello de Carballo, que se desenvolverá até o domingo 26 de agosto no Xardín Municipal, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 horas, terán lugar as seguintes actividades literarias o venres 24:

- 12:30 h. Contacontos de Paula Carballeira e presentación do seu libro O principio, publicado por Kalandraka.
- 19:30 h. Presentación conxunta das obras Patente de corso, de Rafa Villar, e Acuario, de María Canosa, publicadas por Embora. No acto, nenas e nenos recitarán poemas dos libros.
- 20:30 h. Espectáculo poético-musical de presentación de Vinte en escena, de Rosalía Fernández Rial, publicado en Positivas. No acto participan, xunto á autora, Mon Búa, Mon Lendoiro e Chiña.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Carballo: actividades do xoves 23 na Praza dos Libros

Dentro da Praza dos Libros, Feira Literaria organizada polo Concello de Carballo, que se desenvolverá entre o xoves 23 e o domingo 26 de agosto no Xardín Municipal, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 horas, terán lugar as seguintes actividades literarias o xoves 23:

- 13:00 h. Pregón inaugural a cargo de Fernando Cabezas Quiles, coa participación de Mar Eirís e Evencio Ferrero.
- 19:30 h. Presentación conxunta de Outramente…, de Pilar García Negro, e Lingua e variación dialectal, de Xosé Manuel Sánchez Rei, publicados en Laiovento. No acto, coorganizado pola Mesa pola Normalización Lingüística de Bergantiños, participa, xunto aos autores, Xosé Cotelo.
- 20:30 h. Presentación do libro As rapazas de Xan, de Manuel Iglesias Turnes, publicado en Xerais. No acto participan, acompañando ao autor, Pablo Vaamonde, Xosé Turnes e Manuel Bragado.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Carballo: actividades do domingo 28 de agosto na Praza dos Libros

Dentro da Praza dos Libros, Feira Literaria organizada polo Concello de Carballo, que se desenvolve até este domingo 28 de agosto no Xardín Municipal, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 horas, terán lugar as seguintes actividades literarias o no seu último día, domingo 28 de agosto:

- 12:30 h. Presentación de A ciencia no punto de Mira, de Jorge Mira, publicado por Auga Editora. No acto participan, acompañando ao autor, Santi Garrido e José María de la Viña.
- 19:30 h. Presentación da nova serie infantil A familia Caravana, de Pepe Carreiro, publicada en Edicións do Cumio. No acto participan, xunto ao autor, Milagros Lantes e Francisco Villegas.
- 20:00 h. Miguel Sande asinará exemplares do seu libro A vida fóra, publicado en Galaxia.

O programa completo pódese descargar aquí: Praza dos Libros Carballo 2011.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Carballo: actividades do sábado 27 de agosto na Praza dos Libros

Dentro da Praza dos Libros, Feira Literaria organizada polo Concello de Carballo, que se desenvolve entre o xoves 25 e o domingo 28 de agosto no Xardín Municipal, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 horas, terán lugar as seguintes actividades literarias o sábado 27 de agosto:

- 12:30 h. Presentación de Luís Suárez. Fútbol de seda, de Xan Fraga, publicado en Baía Edicións. No acto participan, co autor, Marcos Trigo e Manolete, ex-xogador do Deportivo da Coruña.
- 20:30 h. Presentación de In vino veritas, de Francisco Castro, publicado en Galaxia. No acto o autor estará acompañado por María Canosa.

O programa completo pódese descargar aquí: Praza dos Libros Carballo 2011.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Carballo: actividades literarias do venres 26 de agosto na Praza dos Libros

Dentro da Praza dos Libros, Feira Literaria organizada polo Concello de Carballo, que se desenvolve entre o xoves 25 e o domingo 28 de agosto no Xardín Municipal, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 horas, terán lugar as seguintes actividades literarias o venres 26 de agosto:

- 19:30 h. Presentación de Penúltimo dietario, de Xosé Neira Vilas, publicado en Xerais. Participan Silvana Castro, Manuel Bragado e o propio autor.
- 20:15 h. Sinatura das súas obras por parte de Xosé Neira Vilas.
- 20:30 h. Conversa con Ignacio Silva, autor de Cara B, e Rosalía Fernández Rial, autora de Átonos.

O programa completo pódese descargar aquí: Praza dos Libros Carballo 2011.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Carballo: actividades do xoves 25 de agosto na Praza dos Libros

Dentro da Praza dos Libros, Feira Literaria organizada polo Concello de Carballo, que se desenvolverá entre o xoves 25 e o domingo 28 de agosto no Xardín Municipal, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 horas, terán lugar as seguintes actividades literarias o xoves 25 de agosto:

- 13:00 h. Pregón a cargo de Rosalía Fernández Rial, coa participación de Mar Eirís e Evencio Ferrero.
- 19:30 h. Presentación do libro de relatos Madeira de mulher, de Adela Figueroa, publicado en Edicións do Castro. No acto estará acompañada por Celsa Sánchez, Paco Graña e a música de O Mighelo.
- 20:30 h. Presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto participan, acompañando ao autor, Xosé Regueira, Manuel Bragado e Luz Cures.

O programa completo pódese descargar aquí: Praza dos Libros Carballo 2011.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Carballo: Praza dos libros actos do 27 de agosto

Dentro das actividades da Praza dos libros de Carballo, este venres 27 de agosto, desenvólvense as seguintes actividades:
19:30 h. Sinaturas de: En clave de sol, publicado por Lumieira, por parte de Rosalía Fernández e Mon Lendoiro; as obras de Alberto Varela Ferreiro (as primeiras 60 persoas que se achegaren a asinar un libro deste autor, serán agasalladas coa súa obra 1809. A rebelión Neria; e de O náufrago, publicado por Sotelo Blanco, por parte do seu autor, Xosé Antonio Pet Posse.
20:30 h. Presentación de Covalladas. Prosa vertical, de Xurxo Borrazás, publicado en Galaxia, na que participan Belén Puñal e o propio autor.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Carballo: Praza dos libros, actividades do sábado 28 e domingo 29

Dentro das actividades da Praza dos libros de Carballo, o sábado 28 de agosto, ás 20:30 h., A lingua que queremos, presentación conxunta dos libros Lingua e futuro, coordinado por Goretti Sanmartín, publicado en Laiovento, Lingua de calidade, de Xosé Ramón Freixeiro Mato, publicado en Xerais, e Estudos xurídicos sobre o decreto para o plurilingüismo, coordinado por  Luís Villares, publicado en Laiovento. No acto participan os autores acompañados por Silvana Castro.
O domingo 29 de agosto, derradeiro día da feira, ás 18:00 h., preséntase o libro Galiza en Suíza. 50 anos de presenza galega en Suíza, publicado pola CIG, coordinado por Xurxo Martínez Crespo, que participará no acto acompañado por Marianne Hellfer.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Carballo: Praza dos libros, actos do xoves 26 de agosto

Do xoves 26 de agosto ao domingo 29 desenvólvese no Xardín Municipal outra edición da Praza dos libros, feira literaria que se vai consolidando como un dos máis orixinais espazos culturais ano tras ano, organizada polo Concello de Carballo. Estará aberta de 10:30 a 14:30 h., ás mañás, e de 17:30 a 21:30 h., polas tardes.
Os actos máis relevantes do primeiro día, xoves 26, son:
Ás 13:00 h., inauguración e pregón a cargo de Yolanda Castaño.
Ás 19:00 h., contacontos en verso para nenos/as, a cargo da mesma autora, a partir das aventuras do verme punki Punver (Galaxia).
E ás 20:30 h., Teresa Moure presenta A intervención, publicado en Xerais, cunha videoinstalación da súa autoría, acompañada polo libreiro Antón Pedreira.

O programa completo da feira pódese descargar aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter