Feira do Libro da Coruña: actividades literarias destacadas do luns 7

O luns 7 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:

12:00 h. Presentación do monográfico Aprendendo con videoxogos da Revista Galega de Educación. Participan Silvia López e Jesús Rodríguez.
13:00 h. Presentación de A invención dun deus. Xesús de Nazaret I. De predicador a Mesías, de Xulio López Valcárcel, publicado por Laiovento. Participan no acto, xunto ao autor, Carlos Ramos e Xavier Alcalá.
18:00 h. María Xosé Lamas asina exemplares de Sonetos preposicionais, publicado por Alvarellos.
18:30 h. Presentación de No seu despregar, publicado por Apiario. Acompañando á editora Dores Tembrás estarán *s poetas Ismael Ramos, Rosalía Fernández Rial e Celia Parra. Terá lugar unha conversa e o recitado de poemas.
19:45 h. Presentación de Blues para Moraima, de Miguel Anxo Fernández, publicada por Galaxia. No acto participan, xunto ao autor, Ángel de la Cruz e Carlos Lema.
20:15 h. Sinatura de Vanesa Santiago, autora de A vida sinxela de Marcelo Firmamento, na caseta da Editorial Galaxia.
21:15 h. Presentación da revista Olga. Participan Lidia López Teixeiro, Rafa Yáñez, Manuel Pereira Valcárcel e Vicente Araguas.

Aveiro: presentación de Fisterras, antoloxía de poesía galega e portuguesa

O Fisterrassábado 9 de maio, ás 18:00 horas, no Café Biscoito (Rua Dom Jorge Lencastre, 7), de Aveiro (Portugal), preséntanse as antoloxías Fisterras, de poesía galega e portuguesa, coordinada por Xavier Frías Conde e Rafa Yáñez, e Mare Omnium, bilingüe catalán-portugués, editadas por Lastura.