Lugo: actividades destacadas do sábado 18 e domingo 19 na Feira do Libro

Finaliza a andaina deste ano a Feira do Libro de Lugo (na Praza Maior, de 11:30 a 14:30 horas e de 17:30 a 21:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados nestes dous días:

Sábado 18
- 13:30 h. Encontro de literatura fantástica con Contos Estraños e Urco Editora, coa presentación das obras O mundo secreto de Basilius Hoffman, de Fernando M. Cimadevila, Galiza mutante: Poder Nuclear, de Tomás González Ahola e As crónicas de Bran. A revolta dos mestres, de Xosé Duncan.
- 18:00 h. Contacontos: O Cullarapo Croque, de Miguel Ángel Alonso Diz, actividade organizada por por Nova Galicia Edicións.
- 19:00 h. As marionetas do mundo e os mundos de Barriga Verde. Charla coloquio sobre os títeres galegos realizada por Comba Campoy, investigadora sobre a tradición de títeres galegos e Anxo García, titiriteiro e recuperador do espectáculo de Barriga Verde.
- 20:00 h. Presentación do DVD – libro Morreu o demo, acabouse a peseta, publicados pola Asociación Cultural Morreu o Demo.

Domingo 19
- 19:00 h. Presentación do libro de poemas Viaxe sen cancelas, de Xesús Bermúdez Tellado, publicado pola editorial Redelibros.
- 19:45 h. Presentación do libro Nada se esquece, de Puri Ameixide, publicado pola editorial Redelibros.
A partires das 19:00 horas, os dous autores e José Estévez López, autor dos libros Fugaz coincidencia e Nair, asinarán exemplares dos seus libros na caseta da Libraría Cartabón.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ferrol: actividades destacadas do sábado 20 e domingo 21 de abril na Feira do Libro

O sábado 20 e domingo 21 de abril prosegue a Feira do Libro de Ferrol (na Praza da Constitución, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 17:00 a 21:00 horas), cos seguintes actos literarios destacados:

Sábado 20:
- 12:30 h. Presentación do libro Enredando nos antropónimos, de Xulia Marqués, con ilustracións de Sandra García Gutiérrez, editado por Galebook. Participarán no acto as autoras.
- 18:00 h. A compañía Maquinarias Teatro representará a obra de teatro Touporroutou, adaptación da peza de teatro infantil de Roberto Vidal Bolaño.
- 18:00 h.: Antonio Seijas autor de Cartas de inverno. Novela gráfica, asinará exemplares na Caseta da librería Espacio Lector Nobel.

Domingo 21:
- 12:00 h. Presentación do libro de teatro infantil O mistério da escada interior, de Adela Figueroa Panisse, con ilustracións de Celsa Sánchez Vázquez, publicado por Edicións do Castro.
- 19:30 h. O escritor Xesús Bermúdez Tellado presenta o seu poemario Viaxe sen cancelas publicado pola editorial Redelibros. Ao remate do acto, o autor dos libros asinará exemplares dos mesmos.

Chuzame! A Facebook A Twitter

De feira en feira, quedada redelibreira

Desde Redelibros:
“Boas, redelibreiras e redelibreiros! Un ano máis, comezan as feiras do libro na nosa terra. E, un ano máis, Redelibros e os Autores Independentes estaremos percorrendo a xeografía galega. Desta volta cunha caseta que compartiremos coa libraría Cartabón e que, xa a veredes, non deixará a ninguén indiferente. Este ano queremos que sexa especial. Queremos coñecervos, queremos verbos as caras. Por iso, en cada feira estableceremos unha data para facer unha quedada redelibreira. E queremos pedirvos algo máis: que vos parece se nos facemos unhas fotos?
Se queredes saber de que vai todo isto, pasádevos polo noso blog e contámosvolo con detalle.
E, por certo, a primeira quedada redelibreira das feiras será o domingo 21 de abril ás 18:30 horas en Ferrol. Ese mesmo día, as 19:30 horas, Xesús Bermúdez Tellado presentará o seu poemario Viaxe sen cancelas, editado por Redelibros.”

Chuzame! A Facebook A Twitter

Taboleiro do libro galego (II), por Ramón Nicolás

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Nesta segunda entrega do taboleiro do libro galego non se observan grandes mudanzas respecto dos títulos que maior aceptación tiveron nas librarías galegas consultadas a anterior semana, ás que desde agora se suma tamén a libraría Andel. Por este motivo a periodicidade da sección pasará  a ter, desde agora, un carácter quincenal. Grazas, de novo, a todas as librarías colaboradoras polo seu entusiasmo neste proxecto. Velaquí, así pois, os resultados desta última semana.

NARRATIVA
1º-. As voces baixas, de Manuel Rivas, Edicións Xerais de Galicia.
2º-. A noite branca, de F. X. Fernández Naval, Edicións Xerais de Galicia.
3º-. Viagem ao Curdistán para apanhar estrelas, de Séchu Sende, autoedición.
4º-. Podería falar de nubes, de Francisco Castiñeira, Redelibros.
5º-. O mundo secreto de Basilius Hoffman: un faro na escuridade, de Fernando M. Cimadevila, Urco Editora.

POESÍA
1º-. Emily on the road, de Ramón Blanco, Acha Escrava.
2º-. Monicreques, de Xosé Costas Currás, PEN Clube.
3º-. Breizh, de Miro Villar, Toxosoutos.
4º-.
O meu primeiro Celso Emilio, X. Lastra e outros, Edicións Xerais.
5º-. Esplendor arcano, de Ramiro Torres, Grupo Surrealista Galego.

ENSAIO-TEATRO
1º-. AGE. A emerxencia da Alternativa Galega de Esquerda, de Manuel Darriba e Daniel Salgado, 2.0 Editora.
2º-. Banqueiros, de Francisco Pillado Maior (coord.), Laiovento.
3º-. Dez obras na vida de Roberto Vidal Bolaño, de Camilo Franco, Biblos.
4º-. O labirinto da saudade, de Luís G. Soto, Laiovento.
5º-. Falemos de ourensanía, de  J. M. Baltar, Auga Editora.

INFANTIL-XUVENIL
1º-. Dragal III, de Helena Gallego, Xerais.
2º-. Malos tempos para os fantasmas, de Agustín Fernández Paz, Xerais.
3º-. Cidades, de Fran Alonso, Edicións Xerais.

ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. María Fumaça, de VV.AA., Galaxia.
2º-. Bicos de música, de Mamá Cabra, Galaxia.
3º-. O soño de Matías, de Leo Lioni, Kalandraka.

BANDA DESEÑADA
1º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.
2º-. Cousas de mortos, Manel Cráneo, Demo Editorial.
3º-. Cartas de inverno. Novela gráfica, de Antonio Seijas e Agustín Fernández Paz, Edicións Xerais.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Redelibros: Os máis destacados de 2012

Desde Redelibros:
“Un ano máis, tras votación popular, toca facer a solemne proclamación dos que son, para todos vos, os máis destacados deste 2012. Grazas a tod@s por participar e parabéns aos seleccionados, de seguro teñen méritos dabondo!
- Editorial galega: Contos Estraños Editora.
- Obra literaria en galego: Os abismos da noite eterna I. O morador da fenda, de Roberto A. Rodrigues.
- Libro infantil e xuvenil en galego: O mundo secreto de Basilius Hoffman. Un faro na escuridade, de Fernando M. Cimadevila.
- Obra non literaria en galego: Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás.
- Banda deseñada en galego: Ardalén, de Miguelanxo Prado.
- Banda deseñada en castelán: El héroe 2, de David Rubín.
- Autor en galego: Agustín Fernández Paz.
- Autor en castelán: Miguel Otero Furelos.
- Ilustrador: Iván Valladares.
- Tradutor: Tomás González Ahola.
- Libro mellor editado: Abecedario das mantenzas, de Fausto Galdo (Xerais).
- Mellor proxecto ou evento cultural: Contos Estraños.
- Libraría: Cartabón (Vigo).
- Blog: Criticalia, de Armando Requeixo.
- Crítico máis destacado: Armando Requeixo.”

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Coruña: presentación de Podería falar de nubes, de Francisco Castiñeira

Chuzame! A Facebook A Twitter

Booktrailer de Podería falar de nubes, de Francisco Castiñeira

Chuzame! A Facebook A Twitter

Vigo: presentación de Podería falar de nubes, de Francisco Castiñeira

O xoves 20 de decembro, ás 20:30 horas, na Libraría Cartabón (Rúa Urzaiz, 125) de Vigo, preséntase o novo libro de relatos de Francisco Castiñeira, Podería falar de nubes, publicado por Redelibros. No acto, xunto ao autor, participan Fran Zabaleta e María Lado.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Santiago: presentación do libro Tempos dixitais

Chuzame! A Facebook A Twitter

Pontevedra: actos literarios no Culturgal para o domingo 2 de decembro

A Feira das Industrias Culturais, Culturgal 2012, remata esta edición no Pazo da Cultura de Pontevedra, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 16:30 a 21:30 h., e con entrada libre até completar capacidade. Deixamos aquí o programa: Culturgal 2012, dentro dos que destacamos os seguintes actos literarios para este día:

Domingo, 2 de decembro
- 12:00 h. Redelibros: novos camiños para a edición. NO SALÓN.
- 12:00 h. Cine e literatura: A Esmorga de Blanco Amor na gran pantalla. NO GARAXE.
- 12:30 h. Eloy Varela e Fina Casalderrey: Dúas letras. A curta que arrasa nos festivais galegos, publicada en Galaxia. NO GARAXE.
- 13:00 h. Conversa de María Solar con José Domingo, Xavier Alcalá e dos lectores/as de Espazo Lectura con Agustín Fernández Paz. NO SALÓN.
- 13:00 h. Mesa redonda: O teatro para nenos e nenas en Galicia. Organizada por Escena Galega. NO ESTUDIO.
- 16:30 h. Camilo Franco: Dez obras na vida de Vidal Bolaño. NO SALÓN.
- 17:00 h. Francisco Pillado (coord.): Banqueiros, publicado en Laiovento. O teatro tamén ten algo que dicir ante a imposición da crise. NO SALÓN.
- 17:30 h. A máquina do tempo. Un disco-libro ilustrado que fala da memoria. NO PATIO.
- 17:30 h. Manuel Rivas: As voces baixas. Lectura dun fragmento. Participa, xunto ao autor, Manuel Bragado. NO SALÓN.
- 18:00 h. Presentación da Obra completa de Roberto Vidal Bolaño, publicada por Positivas, e da Asociación Roberto Vidal Bolaño. NO SALÓN.
- 18:00 h. Sinatura no stand de Xerais da triloxía Dragal, de Elena Gallego.
- 18:30 h. Presentación a xeito de recital do libro Monicreques, de Xosé Daniel Costas Currás, acompañado por Ledicia Costas.
- 19:00 h. Conversa de Belén López con Manuel Lourenzo, Teresa González Costa, Teresa Moure e María Reimóndez, sobre Escrita teatral. NO SALÓN.

Chuzame! A Facebook A Twitter