Iolanda Zúñiga e Diego Ameixeiras chegan ao catalán da man de Pulp Books

Desde Sermos Galiza:
«Desde o 2011 a marca Pulp Books -da editorial Rinoceronte- vén ofrecendo obras da nova literatura galega traducidas ao español a través dun catálogo no que viron a luz títulos de Berta Dávila, Carlos Meixide, Jaureguizar, Xurxo Borrazás, Bieito Iglesias, Xavier Alcalá, Francisco Castro, Silvia Bardelás ou as novelas Dime algo sucio de Diego Ameixeiras e Vidas post-it de Iolanda Zúñiga que teñen agora nova edición en catalán.
Con estes dous novos títulos, a editorial afincada en Cangas, ofrece ao público lector catalán dúas obras da nova literatura galega traducidas directamente a súa lingua, nun camiño singular poucas veces transitado. Dime algo sucio de Ameixeiras foi publicada en 2009, despois de que o autor e guionista gañase en 2006 o Premio Xerais con Tres segundos de memoria. O libro de microrrelatos Vidas post-it é o primeiro título de Iolanda Zúñiga que gañaría tamén o Xerais en 2010 con Periferia.
Despois de encetar a súa traxectoria coa tradución de obras ao castelán -que se ofrecen en formato dixital e libro impreso- Pulp Books adéntrase con estes novos títulos na tradución ao catalán como un novo ámbito para a difusión da nova literatura galega. En breve, o selo editorial publicará Dime algo sucio en alemán e italiano e en xaponés A arte do fracaso, de Berta Dávila. Ao catálogo en castelán incorporarán, entre outros, Cemiterio de Elefantes de Fran Alonso

Chuzame! A Facebook A Twitter

Taboleiro do libro galego (VII), por Ramón Nicolás

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Velaquí os libros galegos máis vendidos na última quincena segundo os datos ofrecidos por dezaseis librarías galegas: Casa do Libro de Vigo, Á lus do candil, Librouro, Andel, Couceiro, Pedreira, Cartabón, Aira das Letras, Trama, Torga, O Pontillón, Paz, Libros para Soñar, Sisargas, Lila de Lilith e Livraria Suévia. A todas elas a miña gratitude.”

NARRATIVA
1º-. En vías de extinción, de María Reimóndez, Edicións Xerais e A vitoria do perdedor, de Carlos G. Reigosa, Edicións Xerais.
3º-. Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, Edicións Xerais.
4º-. As voces baixas, de Manuel Rivas, Edicións Xerais.
5º-. As crónicas de Bran, de Xosé Duncan. Contos estraños.

POESÍA
-. Monicreques, de Xosé Daniel Costas Currás, PEN Club.
2º-. Breizh, de Miro Villar, Toxosoutos.
3º-. Carnia haikai, de Elvira Riveiro, A. C. Caldeirón.

ENSAIO-TEATRO
-. Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, Edicións Xerais.
2º-. Tastarabás, de Antón Cortizas, Edicións Xerais.
3º-. Obras completas I, de Roberto Vidal Bolaño, Positivas.
4º-. Estilística da lingua galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato, Edicións Xerais.

INFANTIL-XUVENIL
-. Amor de serea, de Santiago Jaureguizar, Edicións Xerais.
-. Dragal III, de Elena Gallego, Edicións Xerais.
-. Palabras de auga, de Marcos Calveiro, Edicións Xerais.
4º-. Chamádeme Simbad, de Francisco Castro, Galaxia.

ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco, Fol Música.
2º-. María Fumaça, de VV.AA., Galaxia.
3º-. A que sabe a lúa, de Michael Grejniec, Kalandraka.

BANDA DESEÑADA
1º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.
2º-. Nómades, de Xosé Tomás, Galaxia.
3º-. Os días do cometa, Manolo López Poy e Miguel Fernández, Demo Editorial.

LECER
-. De roda en roda. Música e danzas do mundo, VV. AA., Galaxia.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Taboleiro do libro galego (V), por Ramón Nicolás

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Continúa a entrega destas listaxes dos libros galegos máis vendidos que, desde agora, recollerá quincenalmente as modificacións que se produzan en todos os xéneros, de as houber.»

NARRATIVA
1º-. As voces baixas, de Manuel Rivas, Edicións Xerais de Galicia.
2º-. Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, Edicións Xerais.
3º-. O gardián invisible, de Dolores Redondo, Edicións Xerais.
4º-. A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, Edicións Xerais.
5º-. A forma das nubes, de María López Sández, Galaxia.

POESÍA
1º-. Breizh, de Miro Villar, Toxosoutos.
2º-. Carnia haikai, de Elvira Riveiro, A. C. Caldeirón.
-. Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, El Patito Editorial.
-. Monicreques, de Xosé Daniel Costas Currás, PEN Club.
-. O meu primeiro Celso Emilio, X. Lastra e outros, Edicións Xerais.

ENSAIO-TEATRO
1-. Obras completas I, de Roberto Vidal Bolaño, Positivas.
2º-. Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, Edicións Xerais.
3º-. Banqueiros, de Francisco Pillado (coord.), Laiovento.

INFANTIL-XUVENIL
1º-. Amor de serea, de Santiago Jaureguizar, Edicións Xerais.
-. Os megatoxos e a cara oculta de Lúa, de Anxo Fariña, Edicións Xerais.

ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. María Fumaça, de VV.AA., Galaxia.
2º-. A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco, Fol Música.
3º-. Bicos de música, de Mamá Cabra, Galaxia.
4º-. Imos cazar un oso, de Michael Rosen, Kalandraka.
5º-. A que sabe a lúa, de Michael Grejniec, Kalandraka.

BANDA DESEÑADA
1º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.
-. Engurras, de Paco Roca, El Patito Editorial.
3º-. Nómades, de Xosé Tomás, Galaxia.

LECER
-. A cociña dos larpeiros, de Benigno Campos, Galaxia.
-. De roda en roda. Música e danzas do mundo, VV. AA., Galaxia.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Taboleiro do libro galego (IV), por Ramón Nicolás

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Continúa a entrega destas listaxes dos libros galegos máis vendidos que, desde agora, recollerá quincenalmente as modificacións que se produzan en todos os xéneros, de as houber.»

NARRATIVA
1º-. As voces baixas, de Manuel Rivas, Edicións Xerais de Galicia.
2º-. O gardián invisible, de Dolores Redondo, Edicións Xerais.
3º-. Os fillos do mar, de Pedro Feijoo, Edicións Xerais.
4º-. A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, Edicións Xerais.
5º-. En vías de extinción, de María Reimóndez, Edicións Xerais.

POESÍA
1º-. Carnia haikai, de Elvira Riveiro, A. C. Caldeirón.
-. Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, El Patito Editorial.
3º-. Breizh, de Miro Villar, Toxosoutos.
-. Vinte en escena, de Rosalía Fernández Rial, Edicións Positivas.
-. Esplendor arcano, de Ramiro Torres, Grupo Surrealista Galego.

ENSAIO-TEATRO
1-. Roberto Vidal Bolaño. Unha vida para o teatro, de Laura Tato, Toxosoutos.
2º-. Matriarcas, de Montse Fajardo.
3º-. Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, Edicións Xerais.
4º-. AGE. A emerxencia da Alternativa Galega de Esquerda, de Manuel Darriba e Daniel Salgado, 2.0 Editora.
5º-. O mar de Arteixo e os seus naufraxios, de Xabier Maceiras, Asociación Cultural Monte da Estrela.

INFANTIL-XUVENIL
1º-. Dragal III, de Elena Gallego, Xerais.
2º-. Amor de serea, de Santiago Jaureguizar, Edicións Xerais.
-. O aroma do liquidámbar, de An Alfaya, Edicións Xerais.
-. O capitán Aspanitas, de Ramón Caride, Xerais.
-. O neno can, de Fina Casalderrey e Francisco Castro, Galaxia.

ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. María Fumaça, de VV.AA., Galaxia.
2º-. O crebanoces, de María Canosa e David Pintor, Pablo Zaera editor.
3º-. Imos cazar un oso, de Michael Rosen, Kalandraka.
4º-. A que sabe a lúa, de Michael Grejniec, Kalandraka.
5º-. Crocodilo, de Antonio Rubio e Óscar Villán, Kalandraka.

BANDA DESEÑADA
1º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.
-. Cousas de mortos, Manel Cráneo, Demo Editorial.
3º-. Nómades, de Xosé Tomás, Galaxia.

LECER
-. A cociña dos larpeiros, de Benigno Campos, Galaxia.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Parlamento das Letras: Santiago Jaureguizar

Entrevista de Armando Requeixo a Santiago Jaureguizar no seu blogue, Criticalia:
“(…) – Armando Requeixo (AR): ¿Que cres que lle falta aínda ás nosas letras e que lle sobra definitivamente?
- Santiago Jaureguizar (SJ): As nosas letras son anómalas. Vivimos nunha xerontocracia filolóxica e atlántica. Non hai país no mundo no que a poesía sexa o xénero raíña. Normalmente, as culturas desenvolvidas (a alemá, a francesa…) son guiadas por pensadores que dan visións xerais e marcan a ruta colectiva. Mesmo culturas individualistas, como a anglosaxoa, están dominadas polos novelistas, porque eles fan unha interpretación de cada vida en singular que axuda aos receptores a sacudirse a perplexidade existencial. Neste país, non; neste país o importante son os nomes das partes do carro, como di Manuel Rodríguez Alonso, e que os Seijas escriban Seixas aínda que despois falen soamente en español.
A cultura galega é unha lección de anatomía rembrandtiana impartida a porta pechada. Ten unha asistencia limitada de doutores que analizan sobre a mesa de disección o cadáver desas mil primaveras que deixamos atrás. O feito de termos expertos en lingua cadrando balances contables é unha singularidade que, ben administrada, poderiamos usar como argumento sólido e único para a emancipación. (…)
- AR: ¿Cal é a túa valoración do noso presente literario?
- SJ: O noso presente literario é un caldo en repouso. Hai un pánico a pisar as bandas rodantes da autoestrada que me indigna. Custa atopar unha proposta que se bote fóra do feminismo, antipatriarcalismo, nacionalismo, anticapitalismo, guerracivilismo… Aburre tanto foco moral sobre os textos. A literatura non é Educación para a Cidadanía, ten que falar de como é a realidade, non de como debería ser. Borrazás deixoume orfo; pero, ben, de cando en vez publica Cid Cabido.»

Chuzame! A Facebook A Twitter

Manuscritos: Santiago Jaureguizar

Desde o blogue Caderno da crítica, de Ramón Nicolás.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Reliquias e paixóns de Agustín Fernández Paz: os seus pasos, por Santiago Jaureguizar

Desde Xerais:
«El Progreso e Diario de Pontevedra publicaron unha reportaxe de Jaureguizar sobre Agustín Fernández Paz seguindo as pegadas de O rastro que deixamos:
A mocidade en Vilalba non se mide por anos, senón por muíños. O río Madanela rodea a vila nunha aperta que nunca dá pechado, polo que os veciños aproveitaron para ubicar muíños: Os Novos, Os Pasos, O Rañego e Os Freires. Os nenos aproveitaban o lecer do verán para bañárense nos Novos. Logo de cambiarlles a voz, obtiñan o permiso dos maiores para frecuentar Os Freires nas tardes de calor.
Agustín Fernández Paz aprendeu a nadar no río, algo que prepara para a vida, porque se consegues manterte a frote sen axuda do sal mariño tes avanzado grandes pasos na madureza. (…)
Autor de máis de cento e medio de novelas e ensaios comenta divertido que «ás veces» todos estaban na casa lendo, «os pais e os tres fillos». Especialmente lector era o proxenitor de Agustín Fernández Paz, quen «chegaba da carpintería e collía o libro, de xeito que sentaba con el na mesa tendo que escoitar a rifa da miña nai». Tan feroz era a súa paixón pola letra impresa que Fernández Paz aínda conserva «un exemplar de Cien años de soledad con manchas de sangue», porque o pai estaba lendo «no momento que morreu de leucemia». (…)
Dende hai décadas, Agustín Fernández Paz organiza a súa sesión de cinema na casa de Vigo para as dez da noite. Ese rito correspóndese cunha paixón prendeu nel na infancia, cando empezou a frecuentar as salas da Vilalba natal e quedou fascinado pola sétima arte. Paseando agora pola vila, párase diante dun edificio con grandes cartelóns, coma aqueles que anunciaban as grandes producións do cinema clásico, aínda que agora soamente se laie: «É ridículo mirar este cine», asegura ollando un edificio de nova fábrica e de varios andares no que se convida a facerse coas últimas ofertas e oportunidades en pisos. O escritor explica que alí estaba o Cine Vilalbés. (…)».

Chuzame! A Facebook A Twitter

Vigo: obradoiro sobre xornalismo As persoas elegantes usan Polaroids, impartido por Santiago Jaureguízar

«Vivimos inmersos en ámbitos informativos en cada minuto das nosas vidas. As noticias, dende as máis íntimas ás máis afastadas, determinan as nosas vidas. O obradoiro As persoas elegantes usan polaroids, que impartirá Santiago Jaureguizar e ao que se pode asistir de balde, axudaranos a comprender os mecanismos que usan os profesionais para conformar e transmitir as noticias. O curso vai dirixido a calquera persoa interesada na comunicación sen precisar de experiencia ou formación previas. Pode atraer especialmente a estudantes, tanto de Xornalismo como de Comunicación Audiovisual, e mesmo de Arte, filoloxías, Historia, Filosofía, etc. O enfoque evitará o academicismo e será práctico, partindo de exemplos dos mestres para traballar dende o primeiro con simulacións e análises. Jaureguizar achegará a experiencia de levar 20 anos como profesional de medios de comunicación e 16 impartindo obradoiros de periodismo e literatura. A participación neste curso, promovido por El Corte Inglés e Xestión Literaria, está limitada a 20 prazas.
Para apuntarse, pode facer no teléfono 986.41.51.11 (Departamento de Relacións Externas de El Corte Inglés de Vigo), ou no correo electrónico secretariadireccionvigo@elcorteingles.es»

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xosé Ramón Barreiro: «Hai lendas falsas sobre Murguía, como que maltrataba a Rosalía ou que tiña priapismo»

Entrevista de Santiago Jaureguízar a Xosé Ramón Barreiro en El Progreso:
«(…) – El Progreso (EP): Son consciente de que vostede non usa Twitter, pero hai uns días lía a varios usuarios recoñecendo que descubriran a importancia de Murguía grazas ao seu estudo.
- Xosé Ramón Barreiro (XRB): Murguía foi unha figura excelsa, non o digo porque o estudase, que o achegamento sempre aumenta o entusiasmo. Antes de comezar a facelo xa o tiña como o intelectual máis grande do século XIX. Era un escritor e un periodista extraordinario, e un gran traballador, que dignificou todo o que se refire a Galicia.
- EP: Por que unha biografía tan voluminosa?
- XRB: El quedara escurecido pola inxente figura da súa muller. Precisamente, a ausencia dunha biografía provocou que fosen aparecendo biografías coa intención de perseguir ao personaxe.
- EP: A que atribúe esa persecución?
- XRB: Uns, de Madrid, porque non participan do seu galeguismo. Outros, aquí, porque teñen unha concepción tan pechada do nacionalismo que non o valoran polo feito de que as súas obras están escritas en castelán ou por esa lenda de que as relacións con Rosalía non eran boas. Eu non intentei facer un panexírico. (…)»

Chuzame! A Facebook A Twitter

IX Curso de Formación Continua: Narrativas xuvenís no século XXI (2000-2010). Tendencias e correntes

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega colabora, mediante o patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, coa Universidade de Santiago neste curso de postgrao.

Aquelas persoas interesadas en matricularse poden enviar cuberta e escaneada a folla de preinscrición a algún destes correos electrónicos: marta.neirarodriguez@ceu.es ou blanca.roig@usc.es acompañada dun escaneo do documento de identidade, no máis breve prazo posíbel.
O presente curso ten como finalidade formar e informar o alumnado participante dunha temática, as Literaturas Infantís e Xuvenís dos ámbitos lingüísticos ibéricos, xeralmente excluída dos planos de estudo das licenciaturas, diplomaturas e graos e, con todo, dunha transcendencia fundamental en ámbitos básicos como a formación lectora e a expresión escrita no mundo das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC). Tenta analizar estas literaturas dende un enfoque comparativo para dar a coñecer que axentes literarios se presentan máis débiles en cada ámbito lingüístico. Nesta edición, o tema específico a tratar é NARRATIVAS XUVENÍS NO SÉCULO XXI (2000-2010). TENDENCIAS E CORRENTES.

- Directora: Blanca-Ana Roig Rechou, da Universidade de Santiago de Compostela.
- Coordinación e Secretaría: Marta Neira Rodríguez, da Universidade de Vigo, e Isabel Soto López, da Universidade de Santiago de Compostela.
- Carga lectiva e número de prazas: 60 horas (2 créditos de libre configuración, non acumulativos) para licenciaturas e diplomaturas. Número de prazas: 125.
- Datas de realización:
* Parte virtual: Do 28 de xuño ao 31 de xullo de 2012.
* Parte presencial: Do 4 ao 7 de setembro de 2012.
- Lugar:
* Parte virtual: Inauguración: 28 xuño de 2012, de 9:00-14:30 e 16:00 a 20:30 h. Facultade de Filoloxía (Campus Norte). Salón de Graos.
* Parte presencial: Biblioteca NovaCaixaGalicia, Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16. 15701. Santiago de Compostela
- Requisitos de acceso: Profesionais do ensino, alumnado das facultades de Ciencias da Educación, da Comunicación, Xornalismo, Audiovisual, Publicidade), Maxisterio, Xeografía e Historia, Humanidades, Filoloxías, Tradución e Interpretación, profesionais de bibliotecas e calquera persoa interesada.
- Matrícula:
* Preinscrición: Ata o 30 de marzo de 2012.
* Formalización: Do 16 de abril ao 15 de xuño de 2012.
- Prezo e prazo de pagamento: 90 euros, nun único prazo para matrícula.
- Información:
* Biblioteca NovaCaixaGalicia. Telf. 981 59 34 67. Correo: bibliofundacion@caixagalicia.es
* Universidade de Vigo. Marta Neira Rodríguez. Correo: marta.neirarodriguez@ceu.es
* Universidade de Santiago. Blanca Roig. Correo: blanca.roig@usc.es ou na páxina do Centro de Posgrao.
* Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Correo: oficina@aelg.org
- Organizan:
* Universidade de Santiago de Compostela.
* Departamento de Filoloxía Galega.
* Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
- Colaboran:
* Centro Ramón Piñeiro para Investigación en Humanidades (CRPIH).
* Biblioteca NovaCaixaGalicia.
* Edicións Xerais de Galicia.
* Rede temática As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano.
* Asociacións: ANILIJ e ELOS.
* Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes(CIPPCE)-USC.

Programa parte virtual:
1. As Literaturas Infantís e Xuvenís no marco ibérico. Bibliografía básica.
2. Narrativas xuvenís no século XXI (2000-2010). Tendencias e correntes.
2.1. Estudos teóricos.
2.2. Selección de obras para o mediador.
2.3. Comentarios de narrativas xuvenís.
3. Ferramentas de comunicación: foros, charlas e correo electrónico co alumnado e profesorado.
4. AVALIACIÓN a partir dun comentario sobre o material proporcionado (entregarase ao recoller o material do curso presencial).

Programa parte presencial:
Martes 4 de setembro:
- 09:00-10:00 h. Recollida de material.
- 10:00-11:00 h. Inauguración: Directora do curso e Director da Biblioteca NovaCaixaGalicia.
- 11:00-12:00 h. Informe sobre docencia e investigación 2011-2012 na LIX a partir dos Informes de Literatura (CRPIH): Carmen Ferreira Boo e Mar Fernández Vázquez (AELG/USC).
- 12:00-12:30 h. Pausa.
- 12:30-14:30 h. Os inicios da Literatura Xuvenil: Xosé Neira Vilas. Conversa con Blanca-Ana Roig (AELG/USC).
- 16:00-18:00 h. A ficción científica: Ramón Caride e Anxo Fariña. Conversa con Isabel Mociño (AELG/USC).
- 18:00-18:30 h. Pausa.
- 18:30-20:30 h. Misterio e humor: Santiago Jaureguizar e Pepe Carballude. Conversa con Eulalia Agrelo (AELG/USC).

Mércores 5 de setembro
- 09:00-10:30 h. A tradución das narrativas xuvenís ao galego. Pilar Bendoiro (USC).
- 10:30-12:00 h. Técnicas tradutolóxicas nas narrativas xuvenís. Lourdes Lorenzo (UVigo).
- 12:00-12:30 h. Pausa.
- 12:30-14:30 h. Novela histórica e Guerra Civil: An Alfaya e Francisco Castro. Conversa con Marta Neira (AELG/UVigo.CEU).
- 16:00-18:30 h. Novas formas literarias: Rosa Aneiros e Marcos Calveiro. Conversa con Vanessa Ferreira da Silva (USC).
- 18:30-19:00 h. Pausa.
- 19:00-20:30 h. A construción literaria nas obras de Marilar Aleixandre e António Mota. Conversa con Ana Margarida Ramos (Universidade de Aveiro).

Xoves 6 de setembro
- 09:00-11:30 h. A ilustración destinada ao público xuvenil no proxecto de El Patito Editorial. Fausto Isorna e Gemma Sesar (El Patito Editorial).
- 11:30-12:00 h. Pausa.
- 12:00-14:30 h. A fotografía como ilustración para as narrativas xuvenís. José Mª Mesías (UdC).
- 16:00-17:45 h. Informes dos investigadores da Rede sobre a LX nos ámbitos castelán, catalán, galego, portugués, vasco e no ámbito iberoamericano. Conversa con Isabel Soto (AELG/USC) e Blanca-Ana Roig (AELG/USC).
- 17:45-18:15 h. Os novos portais da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes de autores de LIX: Agustín Fernández Paz (Galicia) e Ema Wolf (Arxentina). Ramón Llorens (Universitat d’Alacant).
- 18:15-18:30 h. Pausa.
- 18:30-20:30 h. Obradoiro de creación literaria. AELG.

Venres 7 de setembro
- 09:00-11:00 h. Contos do demo. Espectáculo de narración oral. Inacio.
- 11:00-12:00 h. Presentación do libro A narrativa xuvenil a debate (2000-2011). Manuel Bragado, Blanca-Ana Roig e Alexia Dotras.
- 12:00-12:30 h. Pausa.
- 12:30-13:30 h. Clausura.
- 13:30-14:30 h. Entrega de certificados de participación. Reitor ou representación, Director do Departamento de Filoloxía Galega, Presidente da AELG, Directora do curso.

Chuzame! A Facebook A Twitter