Ponteceso: convocatoria para participar en recital de poesía contra a mina de Corcoesto

Estase organizando un recital de poesía contra a contaminante mina de Corcoesto (Cabana de Bergantiños) que se baralla para o día 11 de Agosto. Contaremos coa presenza musical do amigo Serxio Moreira ao piano e buscamos un ou varios pintores que se animen a facer un cadro en directo.
De momento a nómina de autores é a seguinte: Paco Souto, Xosé Lois Cabanas, Miguel Mato e Óscar de Souto. Así que velaí, se podedes e queredes participar no recital, quedades convidados.
Será en Ponteceso, probabelmente na casa dos veciños do Couto. Podes comunicar o teu interese en participar no correo electrónico: pacosouto@hotmail.com. Sería fantástico que fixerades un poema ad hoc.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ribadeo: presentación de Átonos, de Rosalía Fernández Rial

O venres 25 de novembro, ás 20:30 horas, na Casa das Letras de Ribadeo, preséntase o poemario Átonos, de Rosalía Fernández Rial. No acto estará acompañada con música de fondo do piano de Serxio Moreira, mentres recita os seus propios versos.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Coruña: presentación de Átonos, de Rosalía Fernández Rial

O venres 18 de novembro, ás 20:00 horas, no salón de actos da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase o poemario Átonos, de Rosalía Fernández Rial. No acto estará acompañada polo músico Serxio Moreira.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Malpica: exposición de Paco Souto e Serxio Moreira

paco-souto
O sábado 13 de xuño ás nove da noite, inauguración da exposición de poesía e pintura Lugar de incendios, de Paco Souto e Serxio Moreira, seguida dun recital, no Centro Cívico do Concello de Malpica. A exposición permanecerá aberta até o 30 de xuño.

Chuzame! A Facebook A Twitter