Compostela: Noite de Música e Palabra Solidaria Implícate 2018

Vídeo da I Gala do Libro Galego

O GalaDoLibroGalego201614 de maio de 2016 tivo lugar a I Gala do Libro Galego, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, organizada pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia. Aquí pode verse o vídeo desta actividade.

Santiago: representación de Pisados, de Gustavo Pernas, por Áncora Produccións

O mércores 16 e o xoves 17 de febreiro, a partir das 21:00 h., no Teatro Principal de Santiago, terá lugar a representación de Pisados, por Áncora Produccións, sobre un texto de Gustavo Pernas, cunha duración aproximada de 75 minutos. Nesta obra trátanse temas tan actuais como: as linguas pisadas, a marxinación, a crise, a emigración, o maltrato, a intolerancia, o totalitarismo, o amor, a solidariedade… a través da personaxe de Botamán de Melide, que nos vai descubrindo os seus segredos e nos convida a espertar os nosos sentidos atrofiados polas falsas expectativas dunha sociedade xorda. Recuperamos a personaxe do green man moi presente no mundo celta para o noso teatro, con este texto cheo de lecturas con arrecendos cunqueiráns e valleinclanescos. Unha dramaturxia actual para un público de hoxe.