Cee: presentación de Universo Pitágoras, de Rocío Leira

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Coruña: coloquio A escrita galega, ¿unha literatura invisible?

O sábado 23 de marzo, ás 20:00 horas, no Auditorio do Centro Ágora, enmarcado no programa de CoruñaMayúscula, terá lugar un coloquio baixo o título A escrita galega, ¿unha literatura invisible?, con Luís G. Tosar, Ramón Nicolás e Tucho Calvo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Pobra do Caramiñal: presentación de Sete de Biblos

Chuzame! A Facebook A Twitter

Santiago: presentación de Paxaro de mar e vento, de Tucho Calvo e Xosé Cobas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Libros finalistas dos Premios da Edición 2012

Desde a Asociación Galega de Editores:
“O vindeiro 15 de marzo a cidade de Vigo acollerá a VIII Noite da Edición 2012, que se celebrará no restaurante Mar de Vigo. Os Premios da Edición, convocados pola Asociación Galega de Editores, pretenden recoñecer e distinguir a excelencia do traballo editorial realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2012 en Galicia. As distincións, sen dotación económica, distribúense en dez categorías diferenciadas, que premiarán distintos aspectos da produción literaria.
As candidaturas foron presentadas polos membros asociados da AGE, ata un máximo de tres por categoría, tralo que pasaron unha primeira fase de votación realizada polos socios, na que deberon votar a un máximo de dúas obras por categoría agás as obras editadas por eles.
As obras finalistas están xa na fase do Xurado, composto por cinco profesionais do ámbito do libro e os medios. O fallo será dado a coñecer na mesma velada de entrega, o 15 de Marzo en Vigo.

FINALISTAS

PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE FICCIÓN 2012
- Outono aquí, de Mario Regueira, editado por Sotelo Blanco.
- Morgana en Esmelle, Begoña Caamaño, editado por Galaxia.
- As voces baixas, de Manuel Rivas, editado por Xerais.

PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE POESÍA OU TEATRO NO ANO 2012
- Ruído de fondo, de Daniel Salgado, editado por Xerais.
- Tigres de ternura, de Claudio Rodríguez Fer, editado por Toxosoutos.
- O silencio, de Mario Regueira, editado por Xerais.
- Breizh, de Miro Villar, editado por Toxosoutos.
- Os ángulos da brasa, de Manuel Álvarez Torneiro, editado por Kalandraka.
- Fase de trema, de Lorena Souto, editado por Espiral Maior.

PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE NON FICCIÓN NO ANO 2012
- Os señores da mentira, de José Carlos Bermejo Barrera, editado por Lóstrego.
- Herdeiros pola forza, de Manuel Gago e Xurxo Ayán, editado por 2.0 Editora.
- Compendio de herbas máxicas, de Montse Rubio, editado por Baía Edicións.
- O carballo, de Calros Silvar, editado por Baía Edicións.
- Como falar e escribir en galego correctamente e con fluidez, de Carlos Callón, editado por Xerais.
- O rastro que deixamos, de Agustín Fernández Paz.

PREMIO LOIS TOBÍO Á TRADUCIÓN NO ANO 2012
- Diario de inverno, traducido por Eva Almazán, editado por Galaxia.
- Miguel Strogoff, traducido por Ánxela Gracián, editado por Baía Edicións.
- Alén da fronteira. Sete poetas vascos, traducido por Isaac Xubín, editado por Kalandraka Editora.

PREMIO ISAAC DÍAZ PARDO AO LIBRO ILUSTRADO DO ANO 2012
- Paxaro de mar e vento, ilustrado por Xosé Cobas, editado por Biblos.
- Compendio de herbas máxicas, ilustrado por Montse Rubio, editado por Baía Edicións.
- Almanaque musical, ilustrado por David Pintor, editado por Kalandraka Editora.
- O carballo, ilustrado por Calros Silvar, editado por Baía Edicións.
- Oso atrapabolboretas, de Susanna Isern & Marjorie Pourche, editado por OQO Editora
- Verdedades, ilustrado por Xosé Tomás, editado por Biblos.
- Cartas de inverno, ilustrado por Antonio Seixas, editado por Xerais.

PREMIO NEIRA VILAS AO MELLOR LIBRO INFANTIL E XUVENIL DO ANO 2012
- Paxaro de mar e vento, de Tucho Calvo, editado por Biblos.
- O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas, editado por Xerais.
- A verdadeira historia da mosca da tele, de María Solar, editado por Galaxia.
- Titiricircus, de Miguel Borines, Tatán, Tanxarina, editado por Kalandraka Editora
- Carabuñas, de Charlotte Pardi, e editado por OQO Editora.
- María Fumaça, de Uxía Senlle, editado por Galaxia.
- A punta de pistola, de Fran Alonso, editado por Xerais.
- Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, editado por Xerais.

PREMIO XOSEFA IGLESIAS VILLAVERDE AO MELLOR LIBRO EDUCATIVO DO ANO 2012
- Peixes. Cociña infantil, de varios autores, editado por Ouvirmos.
- Inventario ilustrado de animais, de Virginie Aalakjidi, editado por Kalandraka.
- Rosa caramelo, de Adela Turín, editado por Kalandraka.
- O carballo, de Carlos Silvar, editado por Baía Edicións.

PREMIO ROSALÍA DE CASTRO Á INICIATIVA EDITORIAL DO ANO 2012
- Colección Xornalistas, de 2.0 Editora; OQO Filmes, de OQO Editora, Galaxia Tales, de Editorial Galaxia; e John Balan, un yanqui en la Corte de Breogán, de Teófilo Edicións.

PREMIO XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ AO AUTOR/AUTORA OU COLECTIVO DE AUTORES EN LINGUA GALEGA NO 2012
- Manuel Gago, Xornalistas de Galicia (VVAA), Fina Casalderrey e Marcos Calveiro.”

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Coruña: presentación do DVD Deconstruíndo a Valentín Paz-Andrade

O xoves 21 de febreiro, ás 20:00 horas, na Librería Arenas (Cantón Pequeno, 25) da Coruña, preséntase o DVD Deconstruíndo a Valentín Paz-Andrade. No acto intervirán Tucho Calvo, José María Paz Gago e Gonzalo E. Veloso, director do documental.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Coruña: presentación de Verdedades, de Yolanda Castaño

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Coruña: presentación de Paxaro de mar e vento, de Tucho Calvo

O martes 18 de decembro, ás 20:00 horas, na Biblioteca Pública Miguel González Garcés (Rúa González Garcés) da Coruña, terá lugar a presentación do libro de Tucho Calvo e Xosé Cobas Paxaro de mar e vento, publicado por Biblos Clube. Logo da presentación, inaugurarase a exposición dos orixinais realizados por Xosé Cobas para ilustralo. O acto contará coa presenza e intervención de autor e ilustrador, xunto a Laura Garcés. A exposición permanecerá aberta ata o 26 de xaneiro de 2013 no horario de apertura ao público: de luns a venres, de 8:30 a 20:30 h. e sábados de 10:00 a 14:00 h.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Pontevedra: Congreso Valentín Paz Andrade

Do 13 ao 15 de decembro, no Pazo de Congresos de Pontevedra (Rúa Alexandre Bóveda, s/n.), terá lugar o Congreso Valentín Paz Andrade, organizado pola Real Academia Galega, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra.
O comité organizador está formado por Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luís Axeitos Agrelo, Manuel González González, Euloxio Rodríguez Ruibal e Francisco Fernández Rei.
A inscrición é gratuíta. Para formalizala cómpre enviar un correo electrónico a secretaria@realacademiagalega.org en que figuren os seguintes datos: nome, apelidos, DNI, enderezo postal completo, correo electrónico e teléfono. Admitirase un número máximo de 100 solicitudes por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase un diploma de asistencia aos inscritos que acrediten ter participado en todas as sesións (15 horas computables por créditos ECTS pola Universidade de Vigo).
O programa é o seguinte:

Xoves 13 de decembro
10:00 h. – 10:30 h. Inauguración.
10:30 h. – 11:15 h. Conferencia inaugural. Ramón Villares: Paz Andrade na luz e na sombra
11:45 h. – 12:15 h. Tucho Calvo: Unha mirada de futuro no século XX.
12:15 h. – 12:45 h. Luís Cochón: Valentín, sempre ao seu aire.
12:45 h. – 13:15 h. Emilia García López: Aparición dun inédito: Diarios de viaje.
13:15 h. – 13:45 h. Coloquio.
16:30 h. – 17:00 h. Charo Portela: Valentín Paz Andrade, con Pontevedra ao fondo.
17:00 h. – 17:30 h. Xan Carballa: Os vellos galeguistas nunca morren.
18:00 h. – 18:30 h. Miguel Anxo Seixas: Castelao á luz de Paz Andrade.
18:30 h. – 19:00 h. Manuel Rivas: Paz Andrade: contra o cinismo.
19:00 h. – 19:30 h. Luís Bará: Historia de dúas cidades: Valentín Paz Andrade e o xornalismo pontevedrés e vigués de preguerra.
19:30 h. – 20:00 h. Coloquio.

Venres 14 de decembro
10:00 h. – 10:30 h. Gregorio Ferreiro Fente: A oración da montaña: Valentín Paz Andrade, poeta na Guerra Civil.
10:30 h. – 11:00 h. Ana Acuña: Valentín Paz Andrade e a escola lírica pontevedresa.
11:00 h. – 11:30 h. Xesús Alonso Montero: O poema «Na onde até Rianxo…»: dous antecedentes e uns escolios quizais pertinentes.
11:30 h. – 12:00 h. Luís González Tosar: América, estrela virxe. Achega á presenza de autores iberoamericanos na poesía de V. P. A.
12:30 h. – 13:00 h. Xosé Henrique Monteagudo Romero: A lingua e as ideas lingüísticas de Valentín Paz Andrade.
13:00 h. – 13:30 h. Coloquio.
16:30 h. – 17:00 h. Camilo Nogueira Román: …os anceios mariñeiros de Galiza.
17:00 h. – 17:30 h. Xavier Vence: A persistente marxinación de Galiza e a tarefa económica de Valentín Paz Andrade.
17:30 h. – 18:00 h. Xosé Manuel Beiras Torrado: A Galicia como tarefa en Valentín Paz Andrade.
18:15 h. – 18:45 h. Carlos Ramos Aguirre: Paz Andrade ou a racionalidade disidente: por unha idea activa de Galicia.
18:45 h. – 19:15 h. Xusto Beramendi: Paz Andrade no nacionalismo galego de entreguerras.
19:15 h. – 19:30 h. Coloquio.

Sábado 15 de decembro
10:00 h. – 10:30 h. Xosé Luís Axeitos: A Galicia do Galicia.
10:30 h. – 11:00 h. Carlos Paulo Martínez Pereiro: Valentín Paz Andrade, Guimarães Rosa e o achamento de certo Brasil.
11:00 h. – 11:30 h. Alfonso Álvarez Gándara: O noso Valentín.
11:30 h. – 12:00 h. Coloquio.
12:30 h. – 13:15 h. Conferencia de clausura. Darío Villanueva: O Valle-Inclán de Valentín Paz Andrade.
13:30 h. Clausura. Participación do Coro Tradicional Cantares do Brión (Vincios, Gondomar) que interpretará, entre outras pezas, Tríadas do vento no mar, de Valentín Paz Andrade.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Pontevedra: actos literarios no Culturgal para o sábado 1 de decembro

A Feira das Industrias Culturais, Culturgal 2012, continúa no Pazo da Cultura de Pontevedra, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 16:30 a 21:30 h., e con entrada libre até completar capacidade. Deixamos aquí o programa: Culturgal 2012, dentro dos que destacamos os seguintes actos literarios para o seu segundo día:

Sábado, 1 de decembro
- 12:30 h. Xaime Estévez: Son do Fol. Método infantil de iniciación á gaita galega. NO SALÓN.
- 12:30 h. A Hora da Ilustración. Os profesionais da ilustración amosan os seus proxectos. NO GARAXE.
- 13:00 h. Pedro Feijoo: Os fillos do mar, publicado en Xerais. Unha historia de misterio na cidade de Vigo. NO SALÓN.
- 13:30 h. Félix Caballero: Humor en cadriños. Coloquio con Pepe Carreiro, Xosé Lois e Siro, obra publicada por Morgante. NO SALÓN.
- 14:00 h. N-550. Da estrada á rúa. Un proxecto editorial que analiza as cidades contemporáneas. NO SALÓN.
- 16:30 h. Mesa redonda: O nacemento do teatro profesional en Galicia. Organizada por Escena Galega. NO ESTUDIO.
- 17:00 h. Instituto Camões e X Mostra Portuguesa presentan: João Tordo. NO SALÓN.
- 17:30 h. Café con Pedro Feijoo e lectores de Redelibros.
- 17:30 h. Presentación de O carballo, de Calros Silvar. NA TENDA.
- 17:30 h. Benigno Campos: Volve a cociña de Larpeiros. NO SALÓN.
- 18:00 h. María Lorenzo e Manuel Lorenzo Baleirón: Tonas de laranxa, Premio Xerais 2012, publicado nesta editora. No acto participa, xunto aos autores, Anxo Angueira. NO SALÓN.
- 18:30 h. Fantasía en galego: encontro con editores, autores e lectores. NO SALÓN.
- 18:30 h. Tucho Calvo e Xosé Cobas: Paxaro de mar e vento. Ilustrando o nacemento dunha praia.
- 19:00 h. Xurxo Ayán asinará exemplares de Herdeiros pola forza.
- 20:00 h. Conversas de Xosé Manuel Pereiro con Luís Tosar, Farruco Castromán e cos autores de ciencia-ficción e fantasía Xesús Constela, Manuel Lourenzo González e Fernando M. Cimadevila. NO SALÓN.
- 20:00 h. Uxía: Andando a Terra. Poñendo música e voz aos poemas de Manuel María. NO PATIO.

Chuzame! A Facebook A Twitter