Vídeo da intervención de Xabier P. DoCampo no IES de Silleda arredor da súa obra O país atormentado

Chuzame! A Facebook A Twitter

A literatura infantil e xuvenil móvese na rede

Reportaxe en Sermos Galiza:
“Desde o seu nacemento, a editorial Kalandraka revolucionou a edición do libro infantil e xuvenil, en especial coa súa dedicación ao álbum ilustrado do que o selo de Pontevedra se convertiu en abandeirado. Cunha páxina web e un blogue informativo na rede, Kalandraka anuncia neste Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil no que fai quince anos da súa creación unha nova plataforma de comercio electrónico polo que os 1300 títulos que leva publicados se poderán adquirir en calquera parte do mundo. Canda ela, todas as editoriais que teñen nos seus fondos e ofrecen nas súas novidades libros de LIX teñen unha presenza activa na rede, desde Oqo Edicións á máis nova Patas de Peixe entre as especializadas, alén das xeneralistas como Xerais, Galaxia ou Baía que contan cun amplo fondo de publicacións para a xente miúda.
A rede faise eco tamén da rica creación literaria para lectores de menores idades e, desta maneira, os grandes nomes da LIX atoparon en blogues e páxinas web unha nova maneira de difusión e encontro co público lector. Con especial coidado e moita dedicación, a recente incorporación ao espazo dixital de Agustín Fernández Paz, un dos nomes máis sólidos da nosa historia literaria, supuxo unha nova ventá para coñecer a un dos autores máis lidos e posibelmente o máis traducido que verque na rede non só as súas novidades editoriais senón tamén os seus gustos literarios e os seus pensamentos persoais. Entrevistas, ensaios, publicacións e mesmo o seu blogue persoal achéganos a Agustín Fernández Paz que difunde os novos materiais a través das redes sociais. “Sen dúbida, o acto máis sublime de amor que eu coñezo é contar unha historia” reza o encabezamento do blogue de Xabier P. Docampo, un espazo virtual no que o autor ofrece de cando en vez episodios vitais e reflexións persoais a través da rede. Á páxina web recurriu Fina Casalderrey na súa entrada na rede, cun espazo informativo no que a autora, ademais de dar a coñecer a súa obra e a súa traxectoria literaria ofrece un interesante texto autobiográfico.
Con motivo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, o escritor Miro Villar botou a andar a través do seu blogue As Crebas o sorteo de dous exemplares do seu libro O nariz de Fiz, obra que foi galardoada co Premio Pura e Dora Vázquez. “Fiz ten un can rabelo, que ven sendo isto?” preguntou o escritor na rede e coas respostas sorteará os dous exemplares para conmemorar a xornada na que faría anos o escritor Hans Christian Andersen. Fran Alonso, Marilar Aleixandre, Helena Villar ou Francisco Castro son autores da LIX que contan tamén con espazos propios na rede. E non só nomes persoais dan pé a páxinas e blogues, Elena Gallego Abad deulle protagonismo ao título da súa Dragal, Triloxía do Dragón para lle outorgar protagonismo coa creación da súa páxina oficial.
Con páxina web e blogue asoma a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) que vén de publicar o catálogo trilingüe Galician Books for Children and Young Adults 2013, coas novidades editoriais da escrita para as idades novas. O catálogo recolle 144 títulos publicados por 40 editoras ao longo do ano 2012.
Son só algúns dos exemplos onde atopar a literatura infantil e xuvenil na nosa lingua a través da rede que nos ofrece tamén sorpresas como o celebrado blogue de Anxo e Gracia, Trafegando ronseis, que dá conta da actualidade editorial e recolle neste día o poema de Pat Mora co que mundialmente se conmemora a xornada e que para a nosa lingua trouxo a escritora Concha Blanco. (…)”

Chuzame! A Facebook A Twitter

X Curso de Formación Continua: Premios Literarios e de Ilustración

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega colabora, mediante o patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, coa Universidade de Santiago no X Curso de Formación Continua: Premios Literarios e de Ilustración.
O presente curso ten como finalidade formar e informar o alumnado participante dunha temática, as Literaturas Infantís e Xuvenís dos ámbitos lingüísticos ibéricos e iberoamericanos, xeralmente excluída, ou pouco ofertada, nos planos de estudo das licenciaturas, diplomaturas e graos e, con todo, dunha transcendencia fundamental en ámbitos básicos como a formación lectora e a expresión escrita na sociedade das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TICs). Analízanse estas literaturas desde un enfoque comparativo para dar a coñecer que axentes literarios se presentan máis débiles en cada ámbito lingüístico. Nesta edición, o tema específico a tratar é PREMIOS LITERARIOS E DE ILUSTRACIÓN.
Xa se pode solicitar matrícula (até o 30 de abril) enviando cuberto, asinado e escaneado este modelo, xunto co documento de identidade tamén escaneado, a
- marta.neirarodriguez@ceu.es, ou
- blanca.roig@usc.es.

Directora: Blanca-Ana Roig Rechou. Universidade de Santiago de Compostela.
Coordinación e Secretaría: Marta Neira Rodríguez. Escola Universitaria CEU de Maxisterio. UVigo, e Isabel Soto López. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Carga lectiva: 60 horas.
Datas de realización:
Parte virtual: do 3 de xuño ao 8 de xullo de 2013.
Parte presencial: do 9 ao 12 de xullo de 2013.
Lugar
Parte virtual: Presentación (3 de xuño de 2013 de 9:00 a 20:30 h.), Facultade de Filoloxía (Campus Norte). Salón de Graos.
Parte presencial: Biblioteca Novacaixagalicia (Frei Rosendo Salvado, 14-16/ 15701, Santiago de Compostela).
Requisitos de acceso: Profesionais do ensino, alumnado das facultades de Ciencias da Educación, da Comunicación (Xornalismo, Audiovisual, Publicidade), Maxisterio, Xeografía e Historia, Humanidades, Filoloxías, Tradución e Interpretación e profesionais de bibliotecas. Calquera interesado no tema.
Matrícula:
Preinscrición: ata o 30 de abril de 2013.
Formalización: do 2 ao 31 de maio de 2013.
Prezo e prazo de pagamento: 90 €. Un único prazo.
Número de prazas: 125.
Información:
Biblioteca Novacaixagalicia. Telf. 981 59 34 67. bibliofundacion@caixagalicia.es
Universidade de Vigo. Marta Neira Rodríguez. marta.neirarodriguez@ceu.es
Universidade de Santiago. blanca.roig@usc.es. Centro de Posgrao.
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). oficina@aelg.org
Organizan:
- Universidade de Santiago de Compostela. LITER21.
- Departamento de Filoloxía Galega.
- Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
- Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH).
Colaboran:
- Secretaría Xeral de Política Lingüística.
- Biblioteca Novacaixagalicia.
- Edicións Xerais de Galicia.
- Editorial Caminho.
- Editorial Edebé.
- Instituto Vasco Etxepare.
- Kalandraka Editora.
- Rede Temática As Literaturas Infantís e Xuvenís no Marco Ibérico e Iberoamericano (LIXMI).
- Asociacións: ANILIJ-ELOS; ELOS-GALICIA; Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC.
- Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes (CIPPCE) – USC.

PROGRAMA

Programa parte virtual
1. As Literaturas Infantís e Xuvenís no marco ibérico e iberoamericano. Bibliografía básica.
2. PREMIOS LITERARIOS E DE ILUSTRACIÓN.
2.1. Premios literarios.
2.2. Os premios no marco ibérico e iberoamericano.
2.3. Premios Andersen.
2.4. Premios Nacionais en España.
3. Ferramentas de comunicación: foros, conversas e correo electrónico con alumnado e profesorado.
4. AVALIACIÓN a partir dun comentario sobre o material proporcionado (entregarase ao recoller o material do curso presencial).

Programa parte presencial
Martes 9 de xullo
9:00-10:00 h. Recollida do material.
10:00-10:30 h. Inauguración: Director do Departamento de Filoloxía Galega, Directora do curso e Director da Biblioteca Novacaixagalicia.
10:30-11:30 h. Informes dos investigadores da Rede LIXMI.
Os premios no ámbito castelán. Jesús Díaz (ULL. España).
Os premios no ámbito catalán. Gemma Lluch (UV. España).
Os premios no ámbito vasco. Xabier Etxaniz (UPV. España).
12:00-14:00 h. Informes dos investigadores da Rede LIXMI.
Os premios no ámbito iberoamericano: Arxentina e México: Laura Guerrero (UIA.MX. México) // Brasil: João Luís Ceccantini (UNESP “Júlio de Mesquita Filho”. Brasil) // Uruguai: Liliana Dorado (Hope College. EUA).
Os premios no ámbito galego. Eulalia Agrelo (USC. España).
Os premios no ámbito portugués. José António Gomes (ESE. IPP. Portugal), Ana Margarida Ramos (UA. Portugal), Sara Reis da Silva (UMinho. Portugal).
16:00-17:30 h. Encontro con autores premiados de fóra de Galicia: Maite Carranza (Premio Nacional), Mariasun Landa (Premio Nacional), Rita Taborda Duarte (Prémio Branquinho da Fonseca). Conversa con Mar Fernández.
18:00-19:30 h. Encontro con autores Premios Nacionais de Galicia: Paco Martín, Xabier P. DoCampo, Fina Casalderrey (Premio Merlín), Agustín Fernández Paz (Premio Merlín). Conversa con Eulalia Agrelo.
19:30-20:30 h. Presentación do libro: Premios literarios e de ilustración na LIX. Interveñen: Darío Villanueva, Manuel Bragado, Blanca-Ana Roig.
20:30-21:00 h. Coloquio sobre as actividades do día. Modera Pilar Bendoiro.

Mércores 10 de xullo
25º Aniversario da colección Merlín. Premio Merlín.
9:00-11:30 h. Premios Merlín: Jacobo Fernández, Mar Guerra, Teresa González Costa. Conversa con Marta Neira.
12:00-14:00 h. Premios Merlín: Agustín Agra, Marcos Calveiro. Conversa con Carmen Ferreira.
16:30-18:30 h. Antonio García Teijeiro nas aulas. Premio Merlín. Conversa con Berta Dávila. Recital do autor.
19:00-20:00 h. Non hai mellor premio que un verso (poemas para que nos toque a lotería). Carlos Negro (CPI Eusebio Lorenzo Baleirón).
20:00-21:00 h. Coloquio sobre as actividades. Modera Mónica Álvarez.

Xoves 11 de xullo
9:00-11:30 h. A Editorial Kalandraka e os premios. Encontro cos ilustradores Federico Fernández, Pablo Otero, Ramón Trigo. Conversa con Isabel Mociño e Laura Blanco.
12:00-14:00 h. Obradoiro de ilustración. Pablo Otero.
16:00-18:30 h. A Literatura infantojuvenil no Plano Nacional de Leitura em Portugal. Fernando Fraga de Azevedo (UMinho. Portugal).
19:00-21:00 h. Obradoiro de creación literaria. Dores Tembrás (AELG).

Venres 12 de xullo
9:30-12:00 h. Sesión de contos e música. Equipo de animación á lectura de Kalandraka Editora.
12:30-13:30 h. Clausura: Reitor ou representante do Reitor. Secretario Xeral de Política Lingüística. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Presidente da AELG. Directora do curso.
13:30-14:30 h. Conclusións e entrega de certificacións.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Conversamos con… Ilustradores galegos

Desde Fervenzas Literarias:
“(…) – Fervenzas Literarias (FL): Tamén é de agradecer a internacionalización de editoras que dan unha especial importancia a libros onde o ilustrador ten o mesmo valor que o escritor, como OQO ou Kalandraka, por exemplo.
- Kiko da Silva: Kalandraka, e posteriormente OQO xunto a outras editoriais que se sumaron ao álbum ilustrado, cambiaron o mundo da literatura infantil e xuvenil e da ilustración en Galicia. Ata que Kalandraka asentou a súa proposta de facer álbums ilustrados fora do circuíto educativo, onde estaban os “libros recomendados”, cando principiou a facer libros para o seu consumo como lecer, a ilustración en Galicia estaba nun estado imberbe. Agás contadas excepcións só existían coleccións moi pechadas, coa imaxe supeditada ao texto e unha alarmante precariedade de técnicas e estilos.
- Xosé Tomás: Algo semellante aconteceu coa narrativa infantil algúns anos antes. Teño falado con autores como Paco Martín, Agustín Fernández Paz ou Xabier P. DoCampo, mestres de profesión todos eles, que dicían que no seu momento non atopaban materiais dignos en galego para os cativos. Eles cubriron a súa vocación de escritores por necesidade de mercado. Velaí a relación, por mor dese baleiro, entre escritores e escola e escola e escritores. Iso que sucedeu coa narrativa extrapolouse á ilustración. Por sorte nestes intres o noso traballo xa traspasou ese mundo da escola, tanto a nivel narrativo como a nivel ilustrador.
- Ana Santiso: Penso que todo isto axuda a normalizar a ilustración como profesión, iso é bo para nós. (…)”

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xabier P. DoCampo: “A democracia, neste momento, está nas rúas”

Entrevista a Xabier P. DoCampo en Praza:
“(…) – Praza (P): O país adormentado é unha reedición dun libro de primeiros dos 90. Pero parece que foi escrito agora: un pobo paralizado polo medo…
- Xabier P. DoCampo (XPD): É certo, cando me puxen a revisalo tiven esa sensación. O gran tema do libro é o medo, e en concreto a utilización do medo como instrumento de poder, de dominio e de manipulación da xente, que é o que está sucedendo agora. Como é posible que non reaccionemos ante o que está a pasar? Se cadra por medo a que todo sexa aínda peor. É o sentido desa frase terrible: “os vosos fillos serán a primeira xeración que viva peor que os seus pais”. O poder sempre vai querer que durmamos, que non reaccionemos, e eu quero chamar á reacción, a espertar. (…)
- P: Si, claro que falaremos de libros. A nova novela xuvenil que vas publicar é unha homenaxe aos relatos sobre illas, non si? Xa antes fixeras algo así, como en Un conto de tres noites
- XPD: É un tributo ás novelas sobre illas. Pola miña idade, pola miña formación literaria, a novela da miña vida foi A illa do tesouro. Robinson, as illas… representan o topos máis esencial da novela de aventuras. Este verán fun a un seminario no que se falou da morte e o amor como os grandes misterios da vida: o eros e o thanatos. E o abandono nunha illa é como a morte, o desamor. Nesta novela, uns nenos pérdense nunha illa, e van atopando unha serie de personaxes que son os heroes deste tipo de novelas. Situei a illa ao norte da costa de Lugo…
- P; Tamén traballas nunha novela para adultos. Ten xa título? Ten que ver, segundo lle explicaches a Alberto Ramos, con arranxar contas con todo o que fai de nós o que queren que sexamos. As estafas ás que nos someten.
- XPD: Aínda non ten título. Levo xa once anos traballando nesa novela. Ten que ver co camiño que escollemos na vida, polos motivos polos que somos como somos. Quixen reflexionar sobre iso. Sobre o medo, sobre o mal que se instala no corazón da xente no lugar que tería que ocupar a bondade… (…)
- P: Pero agora edítase menos. E hai menos teatro -ti tamén fixeches teatro-. É pola crise ou, como dixo alguén, por un intento de retirar da escena pública os artistas galeguistas para que non sexan referente social?
- XPD: Creo que é unha boa definición esa que dis. O teatro e as pancartas eran os únicos espazos que quedaban para a hexemonía do galego. Entón empezaron a tentar convencernos de que o teatro que non se escribía en galego tamén era galego. E pregúntome que beneficio pensan que van tirar con esa desgaleguización. Como dixen, quedarán no recanto máis cego da historia.”

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xabier P. DoCampo fala sobre O país adormentado

Xabier P. DoCampo fala na Feira do Libro da Coruña do 2012 sobre o seu libro O país adormentado, publicado en Xerais:

Chuzame! A Facebook A Twitter

Manuscritos: Xabier P. DoCampo

Desde o blogue Caderno da crítica, de Ramón Nicolás:

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Coruña: Medre o mar!, homenaxe a Bernardino Graña, o sábado 1 de setembro

Medre o mar! é o título dunha homenaxe nacional a Bernardino Graña que se celebrará na Coruña o sábado 1 de setembro, organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e o Colectivo ArTeu, coa colaboración da Universidade da Coruña e a Real Academia Galega. O programa está composto polas seguintes actividades:

MIRANDO O MAR. No Parque da Torre de Hércules, zona dos menhires.
- 11:00 h. Os artistas crean arredor da obra do poeta, sendo expostas pola tarde no patio da Reitoría (Maestranza) da Universidade. Con: Carlos Botana, Carmen Cierto, Alfonso Costa, Suso Cubeiro, Inma Doval, Rubén Mariño, Martazul, Miguel Melero, Augusto Metztli, Mercedes Molares, Begoña Pastoriza, Ánxela Pérez Meilán, Isabel Pintado, Soledad Pite, Tino Poza, Mely Secas, Nolo Suárez e Begoña Tojo.
- 12:00 h. Contacontos e lecturas dramatizadas, a cargo de Ana Hermida e Zezilia Meléndrez.
- 12:45 h. Outras voces, recital. Con Natalia Concheiro, Berta Dávila, François Davo, Alfredo Ferreiro, Nolim González, Denís Graña Fernández, Tati Mancebo, Mou de Lugh, Alexandre Nerium, Begoña Paz, Alexandre Ripoll, Dores Tembrás e Ramiro Torres.

PASAR A MAROLA. Na Dársena.
- 16:45 h. Travesía polo mar da Coruña. Con Anxo Angueira, Xabier P. DoCampo e Luís Dopico. É preciso reservar previamente no correo oficina@aelg.org ou no teléfono 981-133233, de 10:00 a 14:00 h. As prazas son limitadas, e o prezo é de 5 euros.
- 18:00 h. Marcha gaiteira en louvanza do poeta, con Maghúa, Peixe e amigos e Os Vicentes de Elviña.

MEDRE O MAR!. Paraninfo da Universidade da Coruña, na Maestranza.
- 18:30 h. Acto poético-musical, con proxeccións audiovisuais. Coa participación de: Xosé María Álvarez Cáccamo, Anxo Angueira, Marica Campo, Marta Dacosta, Lois Diéguez, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Manuel Millán Otero, Pilar Pallarés, Manuel Rivas, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xavier Seoane, Xulio L. Valcárcel, Diana Varela Puñal, A Quenlla, Pablo Coello e Xacobe Meléndrez Fassbender, TingaLaranga Audiovisual, Coro mar das Acentes, Xurxo Souto e María José Martínez López, Vicerreitora de Estudantes, Deporte e Cultura da Universidade da Coruña.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Coruña: actividades destacadas do xoves 9 na Feira do Libro

Continúa a XLI Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns da Méndez Núñez), aberta até o venres 10 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas. As actividades máis destacadas do xoves 9 de agosto son:

- 19:00 h.: Presentación da editorial Galebook e dos libros publicados As trovas de Midas, de Diana Varela Puñal e O pitiño revolucionario, de Xulio L. Valcárcel.
- 20:00 h.: Presentación de O país adormentado, de Xabier P. DoCampo, publicado en Xerais. Participan: Manuel Bragado e o autor.
- 20:45 h.: Presentación Atl, de Manuel Lourenzo González, publicado en Xerais. Participan: Manuel Bragado e o autor.
- 21:15 h.: Presentación de O meu primeiro Celso Emilio, de Xiana e Xosé Lastra, publicado en Xerais. Participan: Manuel Bragado, os autores e varios músicos participantes no libro.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Coruña: actividades destacadas do venres 3 na Feira do Libro

Continúa a XLI Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns da Méndez Núñez), aberta até o venres 10 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas. As actividades máis destacadas do venres 3 de agosto son:

- 18:45 h.: Presentación do album ilustrado Xiana, a nena pirata, da escritora María Canosa, publicado en Everest Galicia, ilustrado por Noemí López. Xunto a elas estará no acto Irene Penas.
- 20:00 h.: Xabier P. Do Campo presenta o seu libro Mans, publicado en Everest Galicia.

Chuzame! A Facebook A Twitter