O programa Diario Cultural da Radio Galega comeza a serie de emisións poéticas De Cantares hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI

Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“A iniciativa enmárcase na xenealoxía do literario e do seu carácter de palimpsesto no que tempos e voces conflúen, escriben e reescriben na consciencia do seu propio eco. De Cantares hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI subliña a vixencia da voz poética de Rosalía de Castro e a capacidade que a súa obra ten de seguir a xerar diálogos. O proxecto ademais pretende contribuír á conformación dun arquivo poético sonoro no que o poema, a súa dicción, adquira a relevancia que a grafía adquire no texto escrito.
De Cantares hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI procura os acentos da obra de Rosalía de Castro na dicción e na escrita contemporánea. O proxecto concrétase na reescrita dos poemas de Cantares Gallegos, unha interacción poética que nada ten de submisión a un texto dado nin de tradución dun noutro, senón de exercicio de libre creación a partir dun poema de Rosalía de Castro.
O rexistro sonoro dos textos contemporáneos lidos polos seus autores e autoras emitirase xunto co poema de Rosalía de Castro do que parte nunha serie de espazos poéticos que se alongarán nos meses vindeiros nos distintos programas da radio pública.
Cesáreo Sánchez, Luz Pozo Garza, Xulio Valcárcel, María Xosé Queizán, Arturo Casas, Manuel Forcadela, Oriana Méndez, Marilar Aleixandre, Miguel Anxo Murado, Luís González Tosar, Elvira Riveiro, Claudio Rodríguez Fer, Marica Campo, Helena Villar, Xosé María Álvarez Cáccamo, Claudio Pato, Gonzalo Hermo, Miro Villar, Anxo Angueira, Xavier Queipo, Eva Veiga, Marta Dacosta, María do Cebreiro, Manuel Darriba, Estíbaliz Espinosa, Yolanda Castaño, Marga Romero, Olalla Cociña e Susana Sánchez Arins son algúns dos autores e autoras que participan no proxecto que se desenvolverá nos meses vindeiros.
A Radio Galega quere contribuír así á divulgación da obra de Rosalía de Castro, sumarse á conmemoración do 150 aniversario da edición de Cantares Gallegos e propiciar ao tempo un diálogo interxeracional entre a obra da escritora e as poéticas que conforman o corpus contemporáneo da poesía. Con estes obxectivos presenta o proxecto De Cantares hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI promovido polo Diario Cultural. Unha serie de emisións radiofónicas nas que os poemas de Cantares Gallegos en diálogo coas poéticas do século XXI son recreados por autores e autoras contemporáneos.”

Chuzame! A Facebook A Twitter

Santiago: entrega da XVIII edición do Premio Arcebispo San Clemente

O xoves 14 de marzo terá lugar a entrega da XVIII edición do Premio Arcebispo San Clemente aos escritores Xavier Queipo, Marina Mayoral e Peter Stamm. O programa de actos é o seguinte:
- 18:30 horas. Roda de prensa cos escritores galardoados, no Salón de Claustros do Instituto San Clemente.
- 19:30 horas. Acto de entrega no Salón de Actos do Instituto.
- 21:30 horas. Cea no Hostal dos Reis Católicos.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Coñécense os finalistas do XIX Premio Arcebispo San Clemente

Desde Cultura Galega:
“Os organizadores do XIX Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente, que outorgan alumnos de institutos de toda Galicia, daban a coñecer os finalistas desta edición. Ademais, adiantaron que o vindeiro 14 de marzo se celebrará a entrega dos galardóns do pasado ano, un acto que levará a Compostela a Xavier Queipo, Marina Mayoral e Peter Stamm. Os finalistas en lingua galega son:
- Pedro Feijoo, por Os fillos do mar.
- Alberto Lema, por Da máquina.
- María Lorenzo e Manuel Lorenzo, por Tonas de laranxa.”

Chuzame! A Facebook A Twitter

Vídeos da presentación de Extramunde, de Xavier Queipo, no Ateneo de Ribeira

Desde Xerais:
“Reproducimos os vídeos da presentación de novela Extramunde, de Xavier Queipo, Premio Xerais de Novela 2011, no Ateneo de Ribeira, este pasado 5 de xaneiro de 2013.”



Chuzame! A Facebook A Twitter

A Estrada: inauguración das exposicións Tocar madeira e D.I.S.P.A.R.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Manuscritos: Xavier Queipo

Desde o blogue Caderno da crítica, de Ramón Nicolás:

Chuzame! A Facebook A Twitter

Parlamento das Letras: Xavier Queipo

Entrevista de Armando Requeixo a Xavier Queipo no seu blogue, Criticalia:
“(…) – Armando Requeixo (AR): ¿Que cres que lle falta aínda ás nosas letras e que lle sobra definitivamente?
- Xavier Queipo (XQ): Fáltalle proxección internacional, pois por desgraza moitas traducións teñen que pasar antes polo castelán e os editores en castelán non están polo labor de procurar talento nos escritores galegos cando teñen milleiros de escritores que escriben directamente en español, sexa con corda arxentina, mexicana ou colombiana, hoxe entre as mellores do panorama en castelán. Poderase falar das fabas contadas dos escritores galegos contemporáneos que acadaron unha certa sona nas letras hispánicas, mais non hai que esquecer que para iso tiveron que pasar polas “horcas caudinas” e traballar de mercenarios na lingua do Imperio. Cadaquén coas súas opcións, mais non se poñan como exemplo.
O que sobra é esa ollada umbilical que todos os sistemas literarios pequenos en lectores teñen. Hai que arriscar e tirar para adiante. Se os islandeses con tantos habitantes como Vigo tiveron un Premio Nobel, nós tamén podemos, mais para iso é necesario saír fóra, abrir as fronteiras e dicir en galego o que pasa no mundo, non soamente no noso país, aínda que tamén, por suposto, mais tamén no noso interior e nas nosas interaccións… (…)
- AR: ¿Cal é a túa valoración do noso presente literario?
- XQ: O máis importante é que temos futuro, que hai escritores novos que escriben marabillosamente, que os lectores irán chegando coa calidade e a eliminación progresiva desa escrita antropolóxico-cultural que tivo o seu momento, mais que agora xa comeza a facer dano, coa renovación nas institucións (tan necesaria) e coa fin da cultura dos escritores mortos. Hai que celebrar os escritores vivos, darlles a oportunidade de espallar as letras galegas por todos e cada un dos recunchos do país e polo mundo adiante, polas academias e os departamentos de literatura. Non hai que ter medo, patrimonio da dereita inmobilista. Hai que arriscar, que tirar para adiante, que facer agromar cen mil flores e milleiros de obras e pensamentos novos. Contamos, xa dixen, coa nosa capacidade de traballo, chámese resistencia e capacidade de persistir, de reproducirse, de perdurar no tempo e, de sempre, cunha forza interior invencíbel. (…)”

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xavier Queipo faise co Premio San Clemente

Extramunde, de Xavier Queipo, foi a novela gañadora en galego dos prestixiosos Premios San Clemente, que organiza o Instituto Rosalía de Castro en Compostela en colaboración con outros centros de Galicia e que concede o seu galardón a obras publicadas no ano anterior en galego, castelán e no ámbito internacional. Marina Mayoral fíxose co premio na categoría de castelán con Deseos e o suízo Peter Stamm, na de internacional, pola súa obra Sete anos. Os tres escritores acudirán a Santiago a recoller o premio. Vía Cultura Galega.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Bruxelas: Dias das nossas letras e das nossas culturas

A Asociación Couto Mixto de Bruxelas e a Livraria Orfeu de celebran os Dias das nossas letras e das nossas culturas, co seguinte programa:
- Sexta feira, 25 de maio, ás 18:30 horas, na Livraria Orfeu: presentación de Noente Paradise, de Ugia Pedreira, presentada por Ramón Neto.
- Sábado, 26 de Maio, ás 17:30 horas, na Livraria Orfeu. Encontro debate moderado por Xavier Queipo sobre as literaturas e as culturas da lusofonía (Galiza, Portugal, Brasil, …), con Ugia Pedreira e Ramón Neto (Galiza), Fred Martins (Brasil), J. Pinto da Silva (Portugal) e outras intervencións libres mediante inscrición. Ás 22:00 horas, concerto de Acrobata no LR6 (204, rue Haute, 1000, da mesma cidade, con Ugia Pedreira e Fred Martins. As reservas pódense conseguir aquí: coutomixtobruxelas@gmail.com. Venda antecipada de billetes na Livraria Orfeu (Rue du Taciturne 43, 1000).

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xavier Queipo: “Temos un goberno de ‘liquidadores’ disfrazados de xestores da débeda pública”

Entrevista a Xavier Queipo en Praza:
“(…) Praza (P): O da AGE foi un premio non esperado, -dixeches-. Están a tirar estes recoñecementos polos outros libros teus que estaban esquecidos, e que sempre reivindicas?
- Xavier Queipo (XQ): Unha cousa é desexar un premio e outra ben distinta “esperar” que nolo concedan, como unha dádiva. Había unha forte competencia, o que ten que ver coa calidade dos outros finalistas. Foi un recoñecemento a toda unha traxectoria, o que é de agradecer. Xa me gustaría que uns libros por levar premios tirasen dos outros, mais o mercado do libro en galego, escuálido de seu, non funciona así. Nin os libreiros, nin os distribuidores, nin os gurús que recomendan libros nin os propios lectores funcionan dese xeito, senón polo inmediatismo.
- P: Un dos criterios do xurado foi o feito de teres cultivado os distintos xéneros. Aínda que o que fixeches é máis ben cuestionar as convencións xenéricas. Por iso e por outras razóns a crítica sitúate na posmodernidade. Identifícaste con esa definición?
- XQ: Eu son escritor xeneralista, que tanto pode producir un poema río como un ensaio, un conto futurista ou unha novela de aventuras, un artigo de opinión ou unha peza de teatro. Certo que en Galiza teño un maior recoñecemento como narrador, mais en Bruxelas coñécenme como poeta membro do Brussels Poetry Collective dende 2007. Diría que non entendo de xéneros, como categorías ríxidas e inmutábeis. A verba postmodernidade adoita ten un significado distinto segundo o punto de vista. Eu considérome un escritor contemporáneo que procura renovarse en cada libro, entendido como un proxecto distinto. Niso vou contracorrente, pois o que se estila hoxe é repetirse a un mesmo ata a náusea, como eses escritores que se especializan en tramas policiais ou poemas líricos, en contos ocorrentes ou en literatura humorística. (…)”

Chuzame! A Facebook A Twitter